CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA

Salamanca, 10 de febreiro de 2018

     Chegaba Paula Martinez ao CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA nun óptimo estado de forma. Só faltaba refrendalo nas probas que disputaba nesta importante cita. Nos 60 metros valados acadou un tempo de 9,34, que lle supon a súa mellor marca persoal e permitiulle rematar no posto 18º. Na carreira de 60 metros lisos rematou en 8,23, neste caso mellor marca da tempada e posto 22º. Todo un referente para as suas compañeiras, que de seguro estará moi contenta do seu rendemento.


FIN DE SEMANA DE ENTROIDO ATLETICO.

     As mellores atletas SUB 23 teñen unha cita en Salamanca no CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA. A pista Carlos Gil Pérez albergará o primeiro Campionato Nacional do inverno, entre @s máis de 500 atletas inscrit@s atopase Paula Martínez. Participará nas probas de 60 m.l. e 60 m.v. 



     No peirado de Aldán disputarase, este domingo 11, o XXIX CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA.  A partir das 11 da maña, competirán as diferentes categorías desde SUB 10 ata MASTER, con percorridos entre 1 e 10 km. No seguinte dossier non falta detalle do Campionato. 


GUIA DO CAMPIONATO



CAMPIONATO GALEGO SUB-23 DE PISTA CUBERTA

A Coruña, 21 de xaneiro de 2018

 

     Voltabamos o Pazo dos Deportes de Riazor para a disputa do CAMPIONATO GALEGO SUB-23 DE PISTA CUBERTA, unha categoría Promesa na que contamos con tres representantes, máis un SUB-20 invitado no concurso de pértega. Nas semifinais de 50 m.l. participaron Noelia Cousiño e Paula Martínez,  progresando a segunda a final onde rematou en 6º posto. Repetiu Noelia Cousiño, participando no concurso de pértega e proclamandose CAMPIOA GALEGA. Tamén alcanzou o primeiro escalón Paula Martínez na final dos 50 m.v.

     Tampouco fallou Raquel Villa que acadou o primeiro posto no lanzamento de peso, cunha marca de 11,60. David Lorenzo liderou o concurso de pértega (fora de concurso) rematando cun mellor salto de 3,93.


 RESULTADOS



PREVIA CAMPIONATO SUB-23 E SERIES VIGO.

     Este vindeiro domingo 21 de xaneiro de 2018,  vai ter lugar no Pazo dos Deportes de Riazor o CAMPIONATO DE GALICIA SUB-23 DE PISTA CUBERTA.  A cidade herculina volta un Campionato de Pista Cuberta no que estaremos representados por Raquel Villa, no lanzamento de Peso. Paula Martínez nos 50 m.l. e 50 m.v., Noelia Cousiño en 50 m.l. e pértega. David Lorenzo participará no concurso de pértega.


RESULTADOS EN DIRECTO



     Na mesma data en Vigo esta programada a II XORNADA do III CIRCUITO CONCELLO DE VIGO DE ATLETISMO EN PISTA – SERIES MUNICIPAISSerá en xornada de maña e co seguinte HORARIO de probas:



 INSCRITOS

RESULTADOS EN DIRECTO


CAMPIONATO GALEGO MASTER DE PISTA CUBERTA

Ourense, 14 de xaneiro de 2018

 

     O domingo 14 de xaneiro foi a data elexida para a disputa do CAMPIONATO DE GALICIA MASTER DE PISTA CUBERTA. Mª Belen Lemat acudiu a esta cita e voltou con tres premiacions tras o autonomico. Rematou CAMPIOA en 400 m.l. e 800 m.l. e SUBCAMPIOA en 1500 m.l.



     Ese mismo domingo disputouse en Lugo o II CROS PONTE ROMANA. Na categoría SUB-10 participou Sabela Castelo, sobre un percorrido de 800 mts,  rematou primeira cun tempo de  02:40. O sábado 13 tivo lugar o TROFEO DE MARCHA ATLETICA VILLA DE LOS MOLINOS en Campo de Criptana, participando Denis Fernández na categoría SUB-14 na proba de 3000 mts, quen rematou en 2º posto.



CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA

Ourense, 13 de xaneiro de 2018

 

     A pista cuberta de Expourense acolleu durante a xornada do sábado 13 o XXXIII CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA.  Unha xornada de maña e tarde que nos deparou varias novas interesantes de cara a ese presente atletico que emerxe da canteira amarela. Daniel Armada accedeu a semifinal dos 60 m.l. gracias os 7,24 que obtivo na serie preliminar. Non puido pasar da semifinal, pero si mellorou o tempo parando o crono en 7,22. Con esta marca obtivo o pasaporte para o CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE PISTA CUBERTA, tamén a celebrar en Ourense. Este atleta tamén participou na semifinal dos 200 m.l., que rematou en 23,53, non progresando a final.



     Quen si pasou a final dos 200 m.l. foi Daniel Calvar, acandando o 2º posto con 23,30 na semifinal e rematando 7º na final cun crono de 24,16. O último JUNIOR en competir foi David Lorenzo que participou nos 400 m.l. Rematou esta proba 3º na sua semifinal en 53,26, tempo que non foi suficiente para pasar a final. Na final do concurso de pértega acadou o 4º posto, cun mellor salto de 3,70.



     Coas mulleres continuaron as boas novas. As XUVENIS  María Rodriguez e Ariadna Gilparticiparon nos 400 m.l. e 60 m.v. respectivamente. Quedaron as dúas nas semifinais.  Saray Amoedo acadou con 11,13 no triple salto o CAMPIONATO GALEGOaportando a primeira medallla da xornada. A outra presea foi no lanzamento de peso, Raquel Villa proclamouse SUBCAMPIOA GALEGA.



     Coma broche ao Campionato Paula Martínez acadou marca mínima para o CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA DE PISTA CUBERTA, cos 9,50 da final dos 60 m.v., que lle suspuseron o 6º posto.Tamén temos que salientar o reencontro de Maria Novo cos valados, cos campionatos, en fín co atletismo. Benvida outra vez.


RESULTADOS 


CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL DE PISTA CUBERTA.

A Coruña, 18 de marzo de 2017

    Este sábado o Pazo dos Deportes de Riazor padeceu unha sobredose de atletismo, e ademáis do bo.  Durante toda a xornada a enerxia das categorías menores contaxiouse as gradas, onde orgullosos pais dabanse por satisfeitos polo agasallo no preámbulo do Día do Pai. 

     No tocante ao Campionato @s amarel@s  acadaron un total de 10 medallas ( 8 ouros, 1 prata e 1 bronce). Destacar os dobretes de Sara MalloCampioa Galega en lonxitude e triple salto, máis o de Jacobo Díaz, Campión en salto de altura e pértega.  Na categoría INFANTIL tamén subiron ao podio Aaron Otero, 1º en peso, Erea Bastón 1ª en peso e Abril Entenzabronce no salto de altura. As ALEVINS que recibiron premiación foron Agata Rodríguez, como Campioa en 500 m.l. e Gema Dacosta que rematou 1ª no peso. Eloy Domínguez proclamouse Subcampión Galego de peso. 

     Con isto decimolle un ata logo a pista cuberta, quen sabe si para a próxima tempada poderemos estrear a de Ourense, non estaría mal.



BENXAMIN:

  • HUGO DOMINGUEZ- 7º 1000 m.l. e 10 lonxitude
  • GORETTI CARBALLAL- 6ª altura e 4ª semifinal 50 m.l.
  • LEIRE FONSECA- 5ª 500 m.l.
  • CANDELA CASTRO- 10ª 1000 m.l.
  • LEIRE BRUN- 7ª 1000 m.l.

ALEVIN:

  • SERGIO VALLADARES- 9º lonxitude e 6º semifinal 50 m.l.
  • RAUL RIAL-  9º 1000 m.l.
  • DIEGO MARTINEZ- 5º altura e 9º peso
  • ELOY   DOMINGUEZ- 2º peso e 8º altura
  • CARMEN FRAGA- 5ª 50 m.l. e 5ª lonxitude
  • AGATA RODRIGUEZ- 1ª 500 m.l. e 4ª semifinal 50 m.l.
  • ANDREA PEREZ- 5ª 500 m.l.
  • IRIS MALVIDO- 15ª 500 m.l.
  • LARA IGLESIAS- 7ª peso e 11ª 1000 m.l.
  • NOA NERGA- 4ª peso 
  • GEMA DACOSTA- 1ª peso

INFANTIL:

  • DANIEL QUINTEIRO– 9º triple salto e DS 50m.l.
  • ADAN DACOSTA- 4º 50 m.l. e 16º 500 m.l.
  • IVAN IGLESIAS- 6º lonxitude e 7º 500 m.l.
  • AARON OTERO- 1º peso e 15º 500 m.l.
  • DENIS FERNANDEZ- 11º lonxitude e DS 1000 m.l.
  • PEDRO VERDEAL- 3º semifinal 50 m.v. e 7º lonxitude
  • MIGUEL NUÑEZ- 5º semifinal 50 m.v.
  • JACOBO DIAZ- 1º altura e 1º pértega
  • ANA CERQUEIRA- 5ª 50 m.l.
  • IRENE RUIZ- 7ª lonxitude e 3ª semifinal 50 m.l.
  • ABRIL ENTENZA- 3ª altura e 5ª 50 m.v.
  • SARA MALLO- 1ª lonxitude e 1ª triple salto
  • BLANCA PIÑEIRO- 11ª triple salto
  • EREA BASTON- 1ª peso
  • NURIA ARGIBAY- 8ª peso
  • ROCIO NOVAS- 9ª peso

 

 

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE DE PISTA CUBERTA

Antequera, 18 e 19 de marzo de 2017

 

   A serranía malagueña foi testemuña do futuro do atletismo nacional. Varios records sucumbiron a esta nova xeración de cadetes. Gracias ós tres amarel@s que participaron no Campionato puidemos ser participes dese gran ambiente acorde coa grandeza da cita. Na xornada vespertina do sábado os tres competían no Centro de Tecnificación de Atletismopolo cal xa foron aflorando os nervios. Valeria Rodríguez comezou as 15.30 a final de lanzamento de peso, foi de menos a máis e acadou o pase a mellora cun prometedor 4º posto. Nos tres lanzamentos posteriores non mellorou os 11,52, que supoñen a súa mellor marca. Finalmente rematou en 6º posto.



     O seguinte en templar os nervios coa competición foi Lope QuinteiroParticipou na terceira rolda de clasificación para a final dos 1000 m.l. Engadir que a pista de Antequera, dunha corda de 200 mts, conta coa saída para os 1000 mts a escasos metros da curva, producindose autenticas estampidas para coller unha boa posición. Na súa serie rematou 8º cun tempo de 2:48.17. Entraban na final os dous primeiros de cada serie e os tres mellores tempos. Lope non progresou a final pero ainda lle quedaba a final de peso o domingo.

     Ariadna Gil tiña a difícil misión de acceder as semifinais dos 60 m.v., correu a sua serie en 9.80, producindose o corte para o pase en 9.40. Non puido estar coas 16 mellores, pero hai marxe de mellora.



     Lope Quinteiro concursou o domingo na final de lanzamento de peso. Cun mellor lanzamento de 12,71 non obtivo o pase a mellora. Moito nivel nunha final na que as medallas se foron para lanzamentos de 15 e 16 mts. Nada máis que engadir, ata a vindeira batalla.

CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE PISTA CUBERTA

Valencia a 04 de marzo de 2017

 

     Ata a capital levantina desprazouse Paula Martínez para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE PISTA CUBERTAParticipaba na proba dos 60 m.v. A recente campioa galega de pista cuberta rematou a semifinal nun tempo de 9.35, que supon a súa mellor marca. O tempo para entrar na final estivo en 9.23. Acadou o posto 11º da semifinal que supuso o peche na participación neste Campionato. Agardamos unha boa viaxe de volta e que disfrute dese ambiente fallero, xa que todo non vai ser correr.



CAMPIONATOS NACIONAIS NESTA FIN DE SEMANA

     A primeira fin de semana de marzo vainos deparar duas importantes citas no calendario atlético. En Valverde (El Hierro), o 4 de marzovaise disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA EN RUTA DE FEDERACIONS AUTONOMICAS JUNIOR E CADETE. Formaran parte do combinado CADETE de Galicia, Ana Piñeiro e Valeria FernándezAmbas percorreran os 5kms da proba, sumando puntos para unha selección Galega que aspira a estar entre as mellores.


RESULTADOS EN DIRECTO



     Os días 4 e 5 de marzo, terá lugar en Valencia o CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE PISTA CUBERTAcompetición onde participará Paula Martínezna proba dos 60 metros valados. Disputará as semifinais o sábado no Palau Lluis Puig, e no caso de pasar a final, disputaríase o mesmo día.


RESULTADOS EN DIRECTO