CAMPIONATO GALEGO XUVENIL E JUNIOR DE PISTA CUBERTA

A Coruña, 25  de febreiro de 2017

 

     O Pazo dos deportes de Riazor acolleu,  durante toda a xornada do sábado de entroido, o CAMPIONATO GALEGO XUVENIL E JUNIOR DE PISTA CUBERTAEstreou a competición Paula Martínezpasando coma primeira da súa serie de 50 m.l. da categoría JUNIOR. O tempo que empleou foi 7.04. Na final desta proba acadou a medalla de PRATA nunha chegada moi reñida, xa que entraron tres atletas en 7.03. O representante na velocidade masculina foi Dani Armadaquen a pesar de liderar a súa serie con 6.47, non obtivo o pase a final dos 50 m.l. da categoría XUVENIL.



     O concurso de pértega supuso o SUBCAMPIONATO para Dani Calvar (3,32) e o BRONCE para David Lorenzo (3,17). Na proba dos 400 m.l. XUVENIL participou María Rodríguez, rematando 3ª na serie con  1:07.96, non pasando a final con este tempo. Raúl Barreiro acadou o 7º posto na final do concurso de peso, cun mellor lanzamento de 9,73.



     Dani Calvar acadou o pase a final dos 200 m.l. XUVENIL, rematou na mesma en 4º posto. David Lorenzo tamén pasou a final XUVENIL dos 400 m.l., obtendo o SUBCAMPIONATO ao remate da mesma cun tempo de 54.10. Pechou a participación d@s amarel@s Paula Martinez que rematou CAMPIONA GALEGA JUNIOR nos 50 m.v. cun tempo de 8.09.


RESULTADOS


INFORMACION CAMPIONATO DE GALICIA XUVENIL-JUNIOR PISTA CUBERTA

     O vindeiro sábado 25 de febreiro,  o Pazo dos Deportes de Riazor vai acoller o CAMPIONATO DE GALICIA XUVENIL-JUNIOR PISTA CUBERTA. Xa estan publicadas as LISTAS DE SAIDA e o HORARIO modificado da proba. Seguiremos atentamente a evolución d@s amarel@s na Pista Cuberta.


RESULTADOS EN DIRECTO



CAMPIONATO GALEGO PROMESA E ABSOLUTO PISTA CUBERTA

A Coruña, 04 de febreiro de 2017

     O Palacio dos Deportes de Riazor fixo frente ao temporal e acolleu o CAMPIONATO GALEGO PROMESA E ABSOLUTO PISTA CUBERTAOs primeiros en estrear a participación d@s amarel@s foron os atletas do 200 m.l., neste caso, o xuvenil Daniel Calvarquen obtivo o pase a final cun tempo de 24.14. Outro xuvenil participaba na semifinal de 400 m.l., David Lorenzo remataba en 53.52 sen acadar praza na final. A junior Paula Martínez liderou a súa serie con 8.06 na semifinal, pero o tempo de corte para a final foi inferior a este. O mesmo lle pasou a Daniel Armadaquen rematou en 6.40 os 50 m.l. , sendo o tempo de pase sensiblemente inferior. Daniel Calvar sería descalificado na final dos 200 m.l., o motivo pisar fora da sua calle.

     A que si obtivo recompensa foi Raquel Villa, que rematou Campioa Galega Promesa en Peso. Cun mellor lanzamento de 11.63 rematou 2ª no concurso absoluto.



 

 

FINAL V LIGA ESCOLAR FEDERADA

A Coruña, 29 de xaneiro de 2017

 

    Ano  MMXVII o asedio sobre a plaza de Brigantium por parte dos amarel@s chega ao seu segundo día. Todo o referido ao color amarelo é rexeitado polos autóctonos, evitando o trato con xente de tal competividade.

     Isto puidera ser o comezo dunha boa crónica da época, pero de seguro que o que aconteceu o domingo na  FINAL DA V LIGA ESCOLAR FEDERADA foi moito máis sinxelo. Algo así coma dous autobuses, cinco equipos, xornada mañá e tarde…



     A xornada de maña deparounos unha actividade frenetica, moito ambiente no Pavillón de Riazor e, por suposto, moita vitalidade na pista. As categorías implicadas eran BENXAMIN e ALEVÍN.  As máis xovenes en clasificarse para esta final foron o equipo Benxamín feminino que rematou en 7º posto, sumando 82.5 puntos. Na seguinte categoría, os alevins, repartíronse os caixons do podio. Os homes proclamaronse Campions con 139 puntos, e as mulleres Subcampioas con 133 puntos.



     Pola tarde foi o turno dos infantis, que disputaban un maior número de probas. Tamén había dous equipos, os homes con 179 puntos, acadaron o 3º posto. As mulleres con 159 puntos, quedaron preto do podio, no 4º posto.


RESULTADOS BENXAMIN

RESULTADOS ALEVIN

RESULTADOS INFANTIL



CAMPIONATO GALEGO CADETE PISTA CUBERTA

A Coruña, 28 de xaneiro de 2017

     Todo disposto para unha longa estadía en A Coruña. A pista cuberta de Riazor acolleu na xornada do sábado o CAMPIONATO GALEGO CADETE DE PISTA CUBERTA. Os duros adestramentos deste inverno íanse plasmar na competición. Falando de acadar fins, puidemos asistir ao logro de 5 medallas e dúas mínimas para o Campionato de España. Xa temos tres atletas clasificados para o Campionato Cadete que se vai celebrar en Antequera-Malaga. Desta vez foron Lope Quinteiro en peso e Ariadna Gil en 50 m.v., quenes conseguiron esas marcas que lle dan oportunidade de acompañar a Valeria Rodríguez.



     Na sección másculina participaron cinco cadetes que realizaron as seguintes probas:

  • Alex Iglesiascorreu os 600 m.l. e rematou 9º cun tempo de 1.41:79, tocoulle a serie rápida na que foi 8º.
  • Lope Quinteirofixo un dobrete, sendo Campión en Lanzamento de Peso (13,10) e 2º 1000 m.l. (2.51:60)
  • Adrián Pastorizarematou 5º na final de altura (1,48) e participou na semifinal de 50 m.v. (9.13) rematando 3º sen pasar a final.
  • Gabriel Dacosta4º en lonxitude (4,55) e 6º en triple salto (10,44)
  • Daniel Iglesiasconcursou en triple salto, acadando o posto 12º (9,20)


     No tocante as mulleres, participaron nove atletas:

  • Ines Villamorcorreu a semifinal de 50 m.l. (7.45), rematando 4ª na serie, sen pasar a final.
  • Sandra Soutoparticipou nos 3000 m.l., sendo descalificada polos xuices por pisar fora da pista.
  • Ariadna Gilfoi Subcampiona Galega de 50 m.v. (8.40), (8.23) na semifinal e 10ª en lonxitude. 
  • Sabela Lópezconcursou na pértega, acadando o 7º posto (1,82)
  • Irene Menéndezno salto de lonxitude foi 7ª (4,63)
  • Maria Rialconseguiu a medalla de bronce en triple salto (9,88)
  • Valeria Rodríguezproclamouse Campiona Galega de Peso (11,28)
  • Ainoa Santosrematou 4ª no lanzamento de peso (10,22)
  • Colomba Carballal, foi 4ª na sua semifinal de 50 m.v. (9.94), sen pasar a final


     Tamén se celebrou un control de velocidade e valados para outras categorías. Daniel Armada correu os 50 m.l. en 6.50 e Daniel Calvar en 6.48. Paula Martínez rematou en 7.01 os 50 m.l. e 8.93 en 50 m.v.



CAMPIONATO GALICIA 60 LISOS E 60 VALADOS

Lugo, 21 de xaneiro de 2017

 

     Que dicir do Módulo Cuberto de Lugo, pois que toda vila debería ter un nestas condicions. Pero como non é así, pois temos que ir nos a Lugo. Nesta segunda edición do Campionato de velocidade repetiu a participación Paula Martínez.  O Campionato, de ambito absoluto, misturou as novas promesas coas máis veterans. Na seminfinal Paula Martínez pasou de segunda cun crono de 9,47. Na final mellorou o tempo con 9,46 e acadou a 6ª plaza. Así é a velocidade, en pouco tempo moita intensidade.



PLAN DE VIAXE A CORUÑA

      Esta vindeira fin de semana, entre o sábado 28CAMPIONATO GALICIA CADETE DE PISTA CUBERTA, e o domingo 29FINAL LIGA FEDERADA ESCOLAR terán coma sede o Pavillón Multiusos de Riazor. A competición do domingo conta coa particularidade dunha xornada de mañá para BENXAMIN e ALEVIN, máis unha de tarde para os INFANTÍS.

     Para o desprazamento do domingo sairá un autobus da Estación de Cangas as 07:45 horas, o mesmo voltará o rematar a xornada de mañá. Para a xornada de tarde sairá do mesmo lugar outro autobús  as 13:45 horas. Aconsellase levar COMIDA para @s nen@s que compitan de mañá. Os PAIS que queiran viaxar no autobús deberán notificalo  ao adestrador ou a través das canles habituaís (whatsapp, correo, tlf…), co fin de organizar as plazas. 

     No tocante a categoría CADETE, contarán tamén con un autobus (saída estación Cangas as 08:00 ), precisaremos saber o número de atletas e pais que desexen comer no Restaurante para concretar a reserva.


     HORARIO CADETE PC     LISTA ADMITIDOS


     Os atletas convocados para a FINAL DA LIGA FEDERADA ESCOLAR son:


Benxamín Mulleres  – Sabela Dominguez-  Leire  Brun- Alba  del Valle  – Vega  Piñeiro  -Candela Castro –  Noa Quinteiro -Paula Fernández  –  Marina  Núñez-    Nerea Rial  – Goreti  Carballal –  Leire   Fonseca .

Alevín Mulleres  –  Carmen Fraga-  Lucia Gil  –  Ágata Rodríguez –  Iris Malvido -Lara  Iglesias –  Noa Nerga-  Sara Nerga-  Gema Dacosta-  Cristina Taboada-  Andrea Pérez

Alevin   Homes–  Sergio Valladares- Carlos López- Diego Martínez- Raúl Rial- Eloy Domínguez – Yago Juncal- Carlos Corredoira- Manuel Lemos- Javier Paredes

Infantil  Mulleres   Ana Cerqueira – Irene Ruiz- Nuria Argibay- Anais Santamarina- Nerea Piñeiro-Carmen Castro- Sara Mallo-Blanca Piñeiro- Abril Entenza-Erea Bastón- Rocio Novas-Angela Fraga

Infantil   Homes   Aaron Otero-  Denis Fernández- Ivan Iglesias –  Daniel Quinteiro – Antón Núñez- Adan Dacosta – Jacobo Díaz – Joel Curro – Carlos Porela – Jairo Parcero – Miguel Núñez – Pedro Verdeal.


REGULAMENTO LIGA

INSCRITOS BENXAMIN     INSCRITOS ALEVIN      INSCRITOS INFANTIL



   

                        

CAMPIONATO GALEGO DE VETERANS EN PISTA CUBERTA

A Coruña,  08 de xaneiro de 2017

 

      Ainda estabamos a dixerir os turrons e demáis manxares propios da época, máis o calendario oficial non perdoa. O domingo 08 de xaneiro era a cita prevista para o CAMPIONATO GALEGO DE VETERANS EN PISTA CUBERTAO pavillón multiusos de Riazor encheuse de ilustres atletas veteráns, e como non, tamén achegamos a nosa incombustible Belen Lemat quen rematou subcampioa en 800 m.l. e 1500m.l., maís un bronce na proba dos 400 m.l. Total tres medallas e a satisfación do deber cumprido.



CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE PISTA CUBERTA.

Sabadell, 19 de marzo de 2016

     Tras a recompensa obtida por Paula Martínez coa clasificación para o CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE PISTA CUBERTA, chegaba o hora da verdade na maña do sábado 19 de marzo. O nivel da proba dos 60 metros valados non deixaba dubida que sería dificil acceder as fases finais.  O corte para o pase as semifinais, nas mulleres, estivo en 9,38 s. No caso de Paula acadou 9,96 na súa serie, co cal no puido pasar a semifinal. Agardamos nos siga acostumando a sua presenza en citas de tanta magnitude.


12778964_1304685092891797_4395480005360044079_o