CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE ALEVIN E COMBINADAS INFANTIL.

Vilagarcia 16 de maio de 2015

Intensa xornada no Complexo deportivo de Fontecarmoa no que se desenvolveu o CAMPIONATO PROVINCIAL ALEVIN-XOGADE máis o CAMPIONATO PROVINCIAL DE PROBAS COMBINADAS INFANTIL. Salientar a ampla participación no Tetrathlon Infantil,  con 34 participantes no feminino e 16 no másculino. O programa discorreu segundo o previsto prolongándose  o peche ata as 14:30 horas. Foron en total 5 medallas de ouro, 3 de prata e 2 de bronceademáis do Campionato e Subcampionato Provincial de Tetrathlon feminino infantil.

No tocante o Campionato Provincial Alevín así remataron @s amarel@s.

  • Eduardo Parcero,  6º 60 m.l., 6º 500 m.l. e 1º relevos (4×60)
  • Daniel Quinteiro,  5º 60 m.l., 9º 500 m.l. e 1º relevos (4×60)
  • Teo Iglesias,  11º 500 m.l. e 6º pelota
  • Pedro Verdeal, 1º lonxitude, 9º altura e 1º relevos (4×60)
  • Denis Fernández,  1º marcha e 5º lonxitude
  • Antón Núñez,  10º lonxitude
  • Carlos Menduiña,  3º pelota e 3º peso
  • Aaron Otero,  1 ºpeso 4º pelota e 1º relevos (4×60)

    DSC00991


  • Iria Nieto,  4ª marcha
  • Sara Mallo,  2ª lonxitude, 4ª 1000 m.l. e 4ª relevos (4×60)
  • Anais Santamaria,  11ª 1000 m.l. e 4ª relevos (4×60)
  • Nerea Nogueira,  1ª marcha, 10ª peso e 4ª relevos (4×60)
  • Angela Fraga, 2ª marcha, 2ª pelota e 4ª relevos (4×60)

    CLASIFICACIONS TETRATHLON:

  • Gabriel Dacosta,  9º (1044 ptos.)
  • Ariadna Gil,  1ª (1874 ptos.)
  • Laura Campos,  2ª (1727 ptos.)
  • Alba Campos,  4ª (1688 ptos.)
  • Lara Fernández,  7ª (1469 ptos.)
  • Ines Villamor, 13 ª (1231 ptos.)
  • Colomba Carballal, 15ª (1210 ptos.)

    IMG_20150516_142311


CAMPIONATO DE GALICIA PROBAS COMBINADAS.

Vilagarcia 18-19 abril de 2015

Disputouse nas pistas de Fontecarmoa, en Vilagarcia de Arousa o CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBES DE PROBAS COMBINADAS e o CAMPIONATO DE GALICIA CADETE DE PROBAS COMBINADAS.  Dani Calvar acadou o primeiro posto no Octathlón masculino, cunha puntuación final de 3.481 ptos. Isto valeulle para revalidar o titulo de Campión Galego Cadete de Probas Combinadas. Angel Menduiña acadou no Decathlon 5.590 ptos, rematando 1º na categoría Promesa e 2º na Absoluta.


11140755_340873416101160_593479565743969395_n

PROBAS COMBINADAS EN VILAGARCIA.

O día 18 e 19 de abril terá lugar o CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBES DE PROBAS COMBINADAS e o CAMPIONATO DE GALICIA CADETE DE PROBAS COMBINADAS. Para participar por clubes según o REGULAMENTO puntúan 3 atletas (dente cadete ata absoluto). No listado de INSCRITOS están Dani Calvar e Angel Menduiña. O Campionato vaise disputar no Complexo Deportivo de Fontecarmoa en Vilagarcia no seguinte HORARIO.


10492027_757361804286686_2910208867217388546_n


CAMPIONATO DE GALICIA DE PROBAS COMBINADAS.

Lugo 7-8 de febreiro de 2015

Sin movernos de Lugo, outro Campionato Galego de Probas Combinadas, neste caso. Para iso son moi versatiles as instalacións da cidade da muralla.

Os cadetes de mañan corrían a primeira hora en Cesantes-Redondela o Provincial de Cross escolar, quedando Campions por equipos, e logo Dani Calvar e David Lorenzo emprenderon viaxe a Lugo para participar no Hexathlon. Debeu ser que viñan quentes que  fixeron doblete no podio con sendas medallas de prata e bronce. Dani sumou 2448 puntos e David 2280.

Angel Menduiña foi subcampion promesa e  bronce no heptathlon absoluto masculino cunha puntuación total de 4332. As marcas foron de 7,52 nos 60 m.l.; 6,01 na lonxitude; 10,58 no peso; 1,74 en altura; 9,40 en 60 m.v. e 2:58.26 en 1000 m.l.

Polo que se mira non foron facer turismo a Lugo.