CAMPIONATO PROVINCIAL SUB 12 E COMBINADAS SUB 14

Pontevedra, 02 de xuño de 2019

 

     Rematado o Campionato Galego do sábado non se precisaba un Campionato Provincial do Xogade. Pero de sobra coñecemos que a categoría SUB 12 pode con iso, e con máis. Non sabemos os pais/nais como  o levaran, pero o atletismo e sufrido ata nas bancadas. Neste sábado en Pontevedra culminou, a nivel provincial, a actividade das fases previas do XOGADE. Chuvia de medallas que recompensaban o bo facer d@s amarel@s.


  • UNAI FERRAL, 10º lonxitude, 13º 60 m.l. e 2º relevos.
  • HUGO COLLAZO, 1º 2000 m.l., 14º 60 m.l. e 2º relevos
  • DIEGO GARCIA,  3º marcha
  • RAFAEL VINICIUS,  11º 500 m.l. e 2º relevos
  • HUGO DOMINGUEZ, 2º 1000 m.l., 5º 60 m.l. e 2º relevos.


  • HELENA BELLO, 6ª 60 m.l., 9ª lonxitude e 1ª relevos
  • LEIRE FONSECA, 1ª 500 m.l. 2ª 60 m.l. e 1ª relevos
  • ESTELA RAÑA, 4ª lonxitude, 12ª 60 m.l. e 6ª relevos
  • GORETTI CARBALLAL, 1ª pelota, 2ª altura e 1ª relevos
  • ALBA DEL VALLE,  3ª altura, 3ª  pelota e 6ª relevos
  • SABELA DOMINGUEZ, 9ª altura
  • NOA QUINTEIRO, 4ª peso 
  • UXIA GIL, 3ª 1000 m.l., 8ª peso e 1ª relevos
  • SABELA CASTELO, 1ª marcha e 6ª relevos
  • LEIRE BRUN,  3ª 2000 m.l., 6ª pelota e 6ª relevos
  • CANDELA CASTRO, 5ª pelota


       No tocante ao Tetrathlon  de homes Diego Martínez rematou 3º, Carlos Corredoira 6º e Manuel Lemos 8º.  Estás foron as suas marcas nos 80 m.l., lonxitude, peso e 80 m.v.



Nas mesmas probas no Tetrathlon feminino, Gema Dacosta foi 6ª, Agata Rodríguez 12ª e Iris Malvido 24ª

XORNADA XOGADE SUB 14 EN CANGAS

     Este sábado 27 de abril de 2019 as pistas de Verín-Coiro acolleran unha Xornada de Pista ao Aire Libre do programa XOGADE. As probas serán en xornada de mañá para a categoría SUB 14. Para un optimo desenrolo do evento precisaremos a colaboración de VOLUNTARI@S, para elo concretaremos nos grupos de whatsapp os horarios e demáis cuestions.


INFORMACION CAMPIONATO



CAMPIONATO GALEGO DE CROSS XOGADE

Pereiro de Aguiar, 16 de febreiro de 2019

     Pechabase o circulo no programa XOGADE adicado ao Campo a Través. As categorias SUB 12, SUB 14 e SUB 16 tiñan unha cita co CAMPIONATO GALEGO DE CROSS ESCOLAR. Culminaba cunha clasificación que contou con duas fases previas, o Campionato Zonal máis o Provincial. Non había dubida,  o Complexo de Monterrei contaría cos atletas que mellor se desenvolven no campo a través.



     Cunha excelente maña,  no plano metereolóxico, comezaba a proba da categoría SUB 14 masculina, Por diante, un percorrido de 2500 metros que marcaría as clasificacións finais. Carlos López encabezou o equipo no posto 21º, seguido de Raul Rial 33º, Yago Juncal 35º, Carlos Corredoira 42º, Ruben Lemos 48º e Diego Martínez 49º. A suma dos puntos levou ao equipo ao 7º posto.

     O equipo feminino SUB 14 acadou a medalla de BRONCE, sobre un percorrido de 2000 metros remataron con Maialen Fernández 13ª, Uxia Sánchez 17ª, Lucia Gil 23ª, Iris Malvido 38ª e Sara Nerga 40ª. Agata Rodriguez non chegou a meta debido a molestias físicas.



     Alzouse co triunfo o equipo SUB 12 masculino, composto por Hugo Domínguez 4º, Hugo Collazo 5º, Brais Pintos 13º, Hugo Malvido 30º e Rafael Vinicius 49º.

     A sección feminina SUB 12 acadou o BRONCE por equipos co engadido do Campionato Galego conseguido por Sabela Castelo, quen estivo respaldada por Uxia Gil 19ª, Helena Bello 43ª, Estela Raña 46ª e Leire Brun 50ª



     Damos por pechado o ciclo do cross e pasamos de cheo a pista cuberta.



 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS XOGADE

Chenlo (Porriño), 09 de febreiro de 2019

     

     Sobre un percorrido de 4340 mts a categoría SUB 16 deu comezo ao CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS do programa XOGADE. Duas voltas medianas e duas grandes para compretar o Circuito máis longo da maña. O equipo masculino non chegou a compretarse, apareceron dous valentes. Joel Curro, que rematou 10º e Antón Molanes 36º. Na categoría feminina o circuito acadaba os 2580 mts. rematando Anais Santamarina no posto 28º, Carmen Castro 46ª, Blanca Piñeiro 47ª e Sofía Núñez 48ª. A suma do equipo aportoulles o 9º posto.

     A categoría SUB 14 foi a próxima en sair a escea. Na proba masculina o equipo amarelo rematou SUBCAMPION PROVINCIAL coa inestimable aportación de Carlos López 6º, Carlos Corredoira 19º, Raúl Rial 19º,  Yago Juncal 25º,  Manuel Lemos 40º e Diego Martínez 55º. As mulleres acadaron o CAMPIONATO PROVINCIAL coa suma dos postos de Maialen Fernández 6ª, Agata Rodríguez 8ª, Uxia Sánchez 10ª, Lucia Gil 15ª, Iris Malvido 19ª e Sara Nerga 27ª. 

     Coa categoría SUB 12 acadouse o pleno, ambos equipos foron CAMPIONS PROVINCIAIS. Ademáis corrían tres equipos, un masculino e dous femininos. Na mañan gris e chuviosa brillou o amarelo. Os homes estiveron liderados por Hugo Collazo 4º, Hugo Domínguez 5º, Brais Pintos 9º  e Diego Garcia 55º.  O equipo Vila A feminino estivo composto por Sabela Castelo 1ª, Goretti Carballal 9ª, Leire Fonseca 11ª, Uxia Gil 12ª , Leire Brun 22ª e Helena Bello 23ª. As compañeiras que integraron o Vila B foron Alba del Valle 28ª, Candela Castro 32ª, Leire Fernández 41ªe Sabela Domínguez 58ª. Este equipo rematou no 5º posto do campionato.

     Os máis novos, categoría SUB 10, remataron con Miguel Fernández 13º, Marcos Rial 17º, Gabriel Fazanes 20º, Iker Rial 24º, Pedro González 27º e Breo Fernández 28º.  BRONCE na suma por equipos. As féminas estiveron encabezadas por Erica Novas 8ª, Aitana Broullón 20ª, Zoe Fernández 23ª, Nahia Pintos 25ª e Leire Fuentes 28ª. Rematan SUBCAMPIOAS da Provincia. 

     Privouse aos equipos da ceremonia de premiacions, unicamente se agasallou as clasificacions individuais. Pode que a tardanza dos resultados finais afectase a este protocolo. De calquera xeito Sabela Castelo foi a única que subuiu ao podio como CAMPIOA PROVINCIAL da categoría SUB 12.



     Para o vindeiro 16 de febreiro estes CATRO equipos (SUB 14 homes e mulleres + SUB 12 homes e mulleres) disputaran o CAMPIONATO GALEGO DE CROSS en Ourense. Na categoría SUB 10 remata o seu periplo no Campionato Provincial. 


PLAN DE VIAXE AO CAMPIONATO GALEGO CROSS

     Tralo paso polo CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS, catro equipos viaxaran ao CAMPIONATO GALEGO DE CROSS do programa XOGADE. A data, este vindeiro sábado 16 de febreiro.  O lugar, o Complexo Deportivo de Monterrei no Concello ourensan de O Pereiro de Aguiar.

     Co gallo de realizar a inscrición para o Campionato pregamos se comunique a ASISTENCIA, ou non, d@s atletas convocad@s. O autobús esta confirmado para as 09:15 horas, con saída da Estación de Cangas. No caso de facer a viaxe por conta propia, deberase estar no Circuito (45 min.) antes da Camara de Chamadas. Tamén e preciso comunicarllo ao Adestrador.



EQUIPOS CONVOCADOS:

SUB 12 HOMES

  • HUGO DOMINGUEZ
  • HUGO COLLAZO
  • BRAIS PINTOS
  • DIEGO GARCIA
  • RAFAEL VINICIUS
  • HUGO MALVIDO

SUB 12 MULLERES  

  • SABELA CASTELO 
  • GORETTI CARBALLAL 
  • UXIA GIL 
  • LEIRE FONSECA 
  • LEIRE BRUN 
  • HELENA BELLO 

SUB 14 HOMES

  • CARLOS LOPEZ
  • RAUL RIAL
  • YAGO JUNCAL
  • CARLOS CORREDOIRA
  • MANUEL LEMOS
  • DIEGO MARTINEZ

SUB 14 MULLERES 

  • MAIALEN FERNANDEZ
  • UXIA SANCHEZ
  • LUCIA GIL
  • AGATA RODRIGUEZ
  • IRIS MALVIDO
  • SARA NERGA


 

PLAN DE VIAXE CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE

     O vindeiro sábado 09 de febreiro de 2019 vaise celebrar en Chenlo- O Porriño o CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS do programa XOGADE. Os equipos acadaron o pase a esta Fase no CAMPIONATO ZONAL que acolleu a localidade de Moaña o pasado día 23/12/2018. @s atletas teñen dereito ao transporte en autobús, está confirmado para as 09:15 horas, con saída da Estación de Autobús de Cangas . Coma toda competición por equipos, se alguen fai o viaxe pola sua conta, pregase que avisen e se atopen no lugar con antelación (45 minutos antes da proba).



EQUIPOS CONVOCADOS:

SUB 10 HOMES

  • MARCOS RIAL
  • GABRIEL FAZANES
  • MIGUEL FERNANDEZ
  • PEDRO GONZALEZ
  • IKER RIAL
  • BREO FERNANDEZ

SUB 10 MULLERES

  • NAHIA PINTOS
  • ERIKA NOVAS
  • AITANA BROULLON
  • LEIRE FUENTES
  • ZOE FERNANDEZ
  • MARINA CARRACELAS

SUB 12 HOMES

  • HUGO DOMINGUEZ
  • HUGO COLLAZO
  • BRAIS PINTOS
  • DIEGO GARCIA
  • RAFAEL VINICIUS
  • HUGO MALVIDO

SUB 12 MULLERES  (A+B)

  • SABELA CASTELO (A)
  • GORETTI CARBALLAL (A)
  • UXIA GIL (A)
  • LEIRE FONSECA (A)
  • LEIRE BRUN (A)
  • HELENA BELLO (A)
  • ALBA DEL VALLE (B)
  • LEIRE FERNANDEZ (B)
  • CANDELA CASTRO (B)
  • SABELA DOMINGUEZ (B)
  • ANA CORDEIRO (B)


SUB 14 HOMES

  • CARLOS LOPEZ
  • RAUL RIAL
  • YAGO JUNCAL
  • CARLOS CORREDOIRA
  • MANUEL LEMOS
  • DIEGO MARTINEZ

SUB 14 MULLERES 

  • MAIALEN FERNANDEZ
  • UXIA SANCHEZ
  • LUCIA GIL
  • AGATA RODRIGUEZ
  • IRIS MALVIDO
  • SARA NERGA

SUB 16 HOMES

  • JOEL CURRO
  • MIGUEL NUÑEZ
  • XIAN A. FERNANDEZ
  • IVAN IGLESIAS
  • AARON OTERO
  • ANTON NUÑEZ

SUB 14 MULLERES 

  • ANAIS SANTAMARINA
  • PAULA AMIGO
  • BLANCA PIÑEIRO
  • CARMEN CASTRO
  • SOFIA NUÑEZ
  • NEREA PIÑEIRO

      Achegamos a ubicación do CIRCUITO, para os que viaxen pola sua conta: