CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CROSS

San Miguel de Oia, 12/02/2017

 

     A localidade viguesa de San Miguel de Oia acolleu  o domingo 12 o CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CROSS. Moita participación nun Campionato no que se amosaron os ingredientes do Cross, choiva, lama, frio…



     As cadetes mulleres comezaron o Campionato acadando un 6º posto (71 ptos.), con Sabela López 24ª, Sandra Souto 27ª, Valería Rodriguez 30ª e Alba Pardavila 39ª. Os homes tamén foron sextos por equipos, sumando 44 ptos., aportados por Lope Quinteiro 6º, Aaron Domínguez 27º, Anxo Camaño 31º, Gabriel Dacosta 44º e Manuel Otero 54º. Rematou a participación dos equipos cadetes nesta competición do programa XOGADE, de maneira individual obtivo o pase Lope Quinteiro para o Campionato Galego.

     Na categoría infantil participabamos con sendos equipos tanto en mulleres coma en homes. O equipo feminino VILA A composto por Sara Mallo 6ª, Nuria Argibay 34ª e Abril Entenza 48ª, non puido sumar o non computar catro atletas. No equipo VILA B, sumaron un 8º posto (152 ptos.) con Anais Santamarina 35ª, Blanca Piñeiro 50ª, Carmen Castro 52ª, Ana Cerqueira 72ª i Erea Bastón 75ª. Do mesmo xeito rematan os equipos a participación no XOGADE, coa salvedade do pase individual de Sara Mallo. Compre reseñar que a partir desta categoría deixaron de premiar aos equipos, alegando problemas cos dorsaís.

     O equipo masculino VILA A, rematou (72 ptos.) acadados por Joel Curro 13º, Jacobo Díaz 15º, Ivan Iglesias 21º, Aaron Otero 39º, Adan Dacosta 50º e Daniel Quinteiro 54º. Os seus compañeiros do VILA B, acadaron o posto 13º, con Miguel Núñez 63º, Anton Núñez 68º, Javier Santos 76º, Rubén Medraño 77º, Mario Santos 78º e Jairo Parcero 79º.

     Na categoría alevín, o equipo femenino composto por Agata Rodríguez 2ª, Lucia Gil 12ª, Carmen Fraga 13ª, Sara Nerga 20ª, Cristina Taboada 22ª e Uxia Sánchez 25ª, acadaron 22 ptos, proclamándose CAMPIOAS PROVINCIAIS.   Os homes tamén acadaron a clasificación para o Cto. Galego, obtendo o Subcampionato Provincial, con 58 ptos, nun apretado empate cos primeiros. Raul Rial foi 4º, Yago Juncal 17º, Sergio Valladares 23º, Manuel Lemos 48º, Rubén Lemos 60º e Carlos Corredoira 93º.

     Pechaban o Provincial as carreiras da categoría benxamín. O equipo feminino conseguiu a victoria, sumando 27 ptos. Leire Fonseca foi 6ª, Leire Brun 7ª, Candela Castro 9ª, Alba Del Valle 17ª e Sabela Domínguez 37ª. Na proba masculina Hugo Domínguez rematou no posto 51º.


RESULTADOS


CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR ALEVIN-COMBINADAS INFANTIL

Vigo, 14 de maio de 2016

     As pistas de Balaidos foron sede do CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR ALEVIN . A cita viña acompañada das Probas de Relevos por equipos ademáis do Tetrathlon Infantil. O único factor que desluciu o evento foi a choiva. Na categoría masculina os alevíns acadaron 6 metais,  2 ouros, 2 pratas e 2 bronces. A sección feminina obtivo tres podios, 2 ouros e 1 bronce.


IMG_4231


 No tocante as probas combinadas para a categoría infantil,  o tetrathlon incluía os 80 m.l e valados, peso e lonxitude. Nos homes Jacobo Díaz foi 7º, Gabriel Dacosta 8º, Anxo Camaño  9º e Pedro Verdeal 13º.1homes

2homes

 

      As mulleres participantes foron, Ainoa Santos 5ª, Maria Rial 6ª, Colomba Carballal 9ª,  Sabela López 11ª  e Alba Pardavila 17ª.

1mulleres2mulleres3mulleres

4mulleres


IMG_4249

  • ALEVIN HOMES:
  • DANIEL QUINTEIRO, 1º relevos  e 2º 60 m.l.
  • DIEGO MARTINEZ, 1º relevos e 9º 60 m.l.
  • CARLOS CORREDOIRA,  8º 500 m.l.
  • CARLOS LOPEZ,  1º relevos e 3º 1000 m.l.
  • YAGO JUNCAL,  8º 1000 m.l. e 13º lonxitude.
  • JOEL CURRO,  2º 2000 m.l.
  • ANTON NUÑEZ,  5º lonxitude
  • ELOY DOMINGUEZ,  3º xavelina e 4º peso
  • MANUEL ROCA, 4º xavelina e 8º peso
  • GUILLERMO ALONSO,  13º peso
  • DENIS FERNANDEZ, 1º marcha e 1º relevos

IMG_4217

ALEVIN MULLERES:

  • BLANCA PIÑEIRO,  8ª lonxitude e 12ª 60 m.l.
  • NURIA ARGIBAY, 4ª peso e 9ª 500 m.l.
  • CARMEN CASTRO,  8ª peso e 13ª 500 m.l.
  • ANDREA SOTELO, 1ª relevos e 7ª 1000 m.l.
  • SAIOA IGLESIAS,  9ª altura e 11ª xavelina
  • PAULA NERGA,  11ª altura e 13ª xavelina
  • CARMEN FRAGA, 1ª relevos e 3ª lonxitude
  • PAULA AMIGO,  1ª relevos e 4ª lonxitude
  • AGATA RODRIGUEZ, 1ª relevos e 11ª lonxitude
  • EREA BASTON, 1ª peso e 6ª xavelina
  • KATIA GONZALEZ,  7ª peso e 13ª marcha
  • ROCIO NOVAS, 9ª peso
  • CRISTINA TABOADA, 4ª xavelina

RANKING BENXAMIN XOGADE

    A categoría benxamín disputará o sábado 21 en Pontevedra o Campionato Provincial Escolar que tamén inclue o Campionato de Probas Combinadas Alevín.  No primeiro deles poderán participar os atletas coas 16 mellores marcas dos inscritos, sendo soamente válidas as marcas realizadas nas fases previas.  Cada atleta poderá participar nun máximo de 2 probas. No caso de ser carreiras, somentes unha poderá superar os 250m. O relevo COMPUTA como participación. Na categoría alevín a participación é aberta. O número máximo de participantes por entidade e categoría será de 6. 

INSCRITOS   


RANKING BENXAMIN MULLERES

RANKING BENXAMIN HOMES


HORARIO E REGULAMENTO


IMG_4104


 

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR INFANTIL

Pontevedra, 07 de maio de 2016

     Este pasado sábado as pistas do CGTD de Pontevedra albergaron o Campionato Provincial do programa XOGADE. Catro fases prevías foron a antesala da final de Pontevedra. Na categoría infantil participaron 11 homes e 8 mulleres. De seguro que remataron ben relaxados,  despois dunha xornada de maña na que moitos completaron 3 probas máis o relevo.


IMG_4131


     O computo global de podios acadados no Campionato sumou 27 medallas. Na sección feminina foron 5 de ouro, 3 de prata e 3 de bronce. Mentras que os homes conseguiron 6 ouros, 6 pratas e 4 de bronce. Tal coma esta a economía entrariamos de cheo no IBEX-35.


IMG_4191


     Os artifices foron:

INFANTIL MULLERES.-

  • Ainoa Santos                    2ª disco ,  1ª peso, martelo e 1ª relevos.
  • Ana Piñeiro                       1ª marcha  e  3ª xavelina
  • Anais Santamaría            8ª 500 m.l. e  12ª altura               
  • Sara Mallo                         2ª 1000 m.l. ,  5ª lonxitude  e 5ª triple salto.
  • Colomba Carballal           5ª 80 m.v. , 4ª altura, 150 m.l. e 1ª relevos.
  • Alba Pardavila                  7ª 80 m.v. , 6ª triple salto  e  7ª lonxitude
  • Sabela López                    3ª pértega  e  8ª lonxitude e 1ª relevos.
  • María Rial                          1ª 80 m.l., 1ª 150 m.l.,triplo e  1ª relevos.

IMG_4207


INFANTIL HOMES.-

  • Eduardo Parcero             1º marcha, 9º 150 m.l.,xavelina e  4º relevos
  • Pedro Verdeal                 3º 220 m.v.,80 m.v., 8º lonxitude e  3º relevos
  • Aarón Otero                     2º 500 m.l. , 2º martelo,  3º peso e  4º relevos
  • Iván Iglesias                      5º 500 m.l. , 11º 150 m.l.  e  4º relevos
  • Lope Quinteiro                1º 1000 m.l. ,  1º peso e  3º relevos
  • Gabriel Dacosta               1º lonxitude, 2º triple, 5º altura  e  3º relevos
  • Adrián Pastoriza              2º 80 m.v.,  2º altura, 2º lonxitude  e  4º relevos
  • Jacobo Díaz                      1º altura ,pértega, 6º xavelina e  3º relevos
  • Anxo Camaño                  4º xavelina, 5º 150 m.l.  e  4º relevos
  • Daniel Iglesias                  3º triplo, 7º altura   e  5º 1000 m.l.
  • Martiño Núñez                8º peso e 10º xavelina

IMG_4176


RESULTADOS


RANKING INFANTIL XOGADE

     O próximo sábado 7 de maio celebrarase no CGTD de Pontevedra o Campionato Provincial Infantil de atletismo en pista. Disputadas as correspondentes xornadas calificatorias, daránse cita esta vez os 16 mellores de cada proba. Asemade, celebrarase o Cto. Provincial Infantil de Relevos, no cal cada entidade poderá disputar o título con un único equipo, poidendo ademáis participar fora de concurso con máis equipos.


RANKING HOMES

RANKING MULLERES


     IMPORTANTE: Publicarase o listado de inscritos o xoves pola noite, sendo de vital importancia que aqueles atletas que teñan ou queiran renunciar a algunha proba o fagan á maior brevidade para que poida participar o seguinte atleta no seu lugar. Ditos avisos deberán efectuarse a fgatletismopontevedra@gmail.com e irase actualizando o listado de participantes na web durante o longo do venres, facendo constar a hora da última actualización.

LISTADO DE INSCRITOS


560bd40714-img_9331


XORNADA ESCOLAR BENXAMIN-ALEVIN EN PONTEVEDRA

     As pistas do CGTD de Pontevedra serán testemuña da derradeira xornada escolar en pista para as categorías benxamín e alevín.  A Delegación da FGA de Pontevedra informa  que  disputaranse os saltos horizontais suspendidos pola choiva en Pontevedra o pasado sabado 16 de abril. O horario será o seguinte:


10:00 h lonxitude femenino
11:30 h lonxitude masculina
13:00 h triplo conxunta


Os atletas que lle afecta esta última nova son:

Jairo Parcero (lonxitude)-  Adrian Pastoriza (lonxitude) – Pedro Verdeal (lonxitude) – Gabriel Dacosta (lonxitude- triple salto) –  Daniel Iglesias (lonxitude -triple salto)-  Ivan Iglesias (lonxitude)  

Maria Rial (triple salto) – Alba Pardavila (lonxitude- triple salto)-  Lucia Armesto (lonxitude)-   Sara Mallo (lonxitude)-  Ines Pardavila (lonxitude) –  Sabela Lopez (lonxitude)  


     No tocante a xornada escolar prevista estes son os datos de interese:


LISTADO DE INSCRITOS


Horario1-page-002


RESULTADOS


13118004_836024419843038_1506786346_n


IV XORNADA XOGADE EN PISTA INFANTIL.

     Esta fin de semana as pistas de Balaidos en Vigo acolleran dúas xornadas escolares de atletismo en pista ao aire libre. A primeira,  o sábado 23, corresponde a categoría infantil. Será a derradeira fase para esta categoría e tamén para clasificarse para o Campionato Provincial do vindeiro 07 de maio

     A xornada do sábado conta co seguinte:


LISTADO DE INSCRITOS


RESULTADOS


hv230416-page-001