ANULACION XORNADA XOGADE EN VIGO.

     A xornada prevista para este vindeiro sábado 9 de abril nas pistas de Balaidos queda ANULADA. Esta previsto que se celebre o domingo 24 de abril no mesmo lugar. As categorías implicadas eran Benxamín e Alevín.  As causas alegadas para o cambio son a conveniencia da data para varios Centros Escolares.


CALENDARIOxogade


II XORNADA EN PISTA BENXAMIN-ALEVIN EN VIGO.

     As pistas de atletismo de Balaidos volven albergar, o sábado 2 de abril, a II XORNADA EN PISTA BENXAMIN-ALEVIN do programa XOGADE.  A cita de Vigo inclue a novidade da proba dos relevos. En benxamín será 4X50 m. e alevín 4X60 m.  NON habera autobus, polo cal se aconsella viaxar con tempo. Pregase os compoñentes dos equipos de relevos informen se non puideran acudir.


LISTADO INSCRITOS


hv020416-page-001


I XORNADA EN PISTA BENXAMIN-ALEVIN XOGADE EN PONTEVEDRA.

     O sábado 19 de marzo as pistas do CGTD de Pontevedra albergaran a I XORNADA EN PISTA BENXAMIN-ALEVIN do programa Xogade. Cada atleta poderá participar nun máximo de 2 probas. No caso de ser carreiras, somentes unha poderá superar os 250m. Achegamos o LISTADO DE INSCRITOS que desenrolaran o programa de probas co seguinte HORARIO:


hp190316-page-002


CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CROSS.

A Estrada, 12 de marzo de 2016

 

     Pechabase a tempada de Cross do programa XOGADE. Para o Campionato Galego das categorías alevín, infantil e cadetes ultimouse o cirtuito no entorno da praia fluvial do rio Liñares. Alí tiñamos a participación dos equipos alevín e infantil masculinos. Polo primeiro, sobre un percorrido de 1800 metros, participou Joel Curro, que foi 9º, Denis Fernández,  13º, Carlos López, 35º, Yago Juncal, 37º, Daniel Quinteiro, 41º e Carlos Corredoira, 45º. A suma do equipo chegou os 66 puntos, co cal obtiveron o 5º posto


12823517_891191864312139_5325159030668766626_o


     O equipo infantil, cun circuito de 2300 metros,  estivo formado por Lope Quinteiro, que rematou 8º, Jacobo Díaz, 36º, Aaron Otero, 45º, Daniel Iglesias, 46º e Adrián Pastoriza,  49º. Por equipos acadaron o 7º posto con 87 puntos.


1075580_891197967644862_8382762139436232149_o


RESULTADOS


CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVES-XOGADE

     O sábado 12 de marzo a localidade de A Estrada vai acoller o CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVES-XOGADE. Achegamos a NORMATIVA do Campionato, onde estan clasificados os equipos alevin e infantil masculinos. Esta previsto que o autobús do deporte escolar salga de Cangas as 08:30 horas


circuito estrada-page-001


O circuito estará no entorno da praia fluvial do Rio LiñaresLISTADO CLASIFICADOS


 

CALENDARIO XOGADE EN PISTA AO AIRE LIBRE.

    Este sábado 27 comeza o XOGADE EN PISTA AO AIRE LIBRE, serán varias xornadas participativas en Vigo e Pontevedra. Despois disputaranse os Campionatos Provinciais por categorías de forma individual e por relevos. Aproveitando os Ctos. Provinciais tamén se faran Probas Combinadas nas categorías alevín e Infantil.


CALENDARIOxogade

 


 

HORARIO E CIRCUITO DO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS

     Este vindeiro sábado 13 temos o CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROSS do programa XOGADE. O autobús partirá de Cangas as 09:00 horas (só para os atletas) . As probas da xornada dispondrán do seguinte HORARIO:


 

HORARIOS CATEGORIAS DISTANCIAS VUELTAS
10.45 H CADETE FEMENINO

2002-2001

2.000 METROS 3 VUELTAS GRANDES
11.00 H CADETE MASCULINO

2002-2001

4.000 METROS 6 VUELTAS GRANDES
11.15 H INFANTIL FEMENINO

2004-2003

1.600 METROS 1 VUELTA PEQUEÑA +

 2 VUELTAS GRANDES

11.30 H INFANTIL MASCULINO

2004-2003

2.000 METROS 3 VUELTAS GRANDES
11.45 H ALEVIN FEMENINO

2006-2005

1.200 METROS 2 VUELTAS GRANDES
12.00 H ALEVIN MASCULINO

2006-2005

1.600 METROS 1 VUELTA PEQUEÑA +

 2 VUELTAS GRANDES

12.15 H BENXAMIN FEMENINO

2008-2007

700 METROS 1 VUELTA GRANDE
12.30 H BENXAMIN MASCULINO

2008-207

700 METROS 1 VUELTA GRANDE

PLANO DOS CIRCUITOS:


CIRCUITO BAIONA PLANING DE SITUACION 2016-page-001


     Este é o LISTADO dos @marel@s que participarán no Campionato Provincial. Moita sorte para tod@s e agardemos pare de chover un pouco.