Lugo, 2 e 3 de xullo de 2021
O Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo foi ocupado durante dous días para a disputa do CAMPIONATO GALEGO SUB 16-18 AO AIRE LIBRE, ademáis do CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS, para as mesmas categorías. Na xornada do venres participou a sección masculina ao completo e unha boa parte do equipo feminino, moito máis numeroso. Juan Gallego e Luca Piñeiro loitaron na seminfinal dos 100 m.l. sendo 4º e 6º nas suas repectivas semifinais, sen conseguir progresar a final. Manuel Lemos foi 4º na pértega, empatado co 3º cun salto de 2,81 m. o seu irmán Ruben Lemos non acadou marca no concurso. Na xornada do sábado Carlos López e Juan Gallego acadaron os postos 15º e 21º na proba de 600 m.l.
![](https://i0.wp.com/www.viladecangas.com/wp-content/uploads/2021/07/210808295_4221681971203374_5123889689591534651_n.jpg?resize=654%2C491&ssl=1)
Marta Rua comezou a participación feminina na tarde do venres cun 6º posto no lanzamento de martelo. Agata Rodríguez sumou a primeira medalla nesta xornada, foi BRONCE en 100 m.v., ao día seguinte rematou 4ª nos 300 m.v. Marta Camaño, Marieta Lourido e Carmen Fraga disputaron as semifinais de 100 m.l. rematando 4ª, 7ª e 6ª nas suas repectivas series. Ademáis Carmen Fraga foi 4ª na final do salto de lonxitude, disputado na xornada do sábado. Noa Piñeiro tamén tivo que participar nos dous días acadando o 4º posto na semifinal dos 100 m.v. e sendo 14ª nos 300 m.v. Iris Malvido rematou 5ª en pértega e 9ª na marcha. Ariadna Becerra foi 8ª na pértega. Sara Nerga pechou a participación do venres cun 7º posto nos 1500 obstáculos.
![](https://i0.wp.com/www.viladecangas.com/wp-content/uploads/2021/07/211291065_4152398534842366_7033926060194859499_n.jpg?resize=654%2C491&ssl=1)
Na xornada do sábado salientar unha notable participación, que se traduciu en 4 medallas e varias marcas persoais. Gema Dacosta copou as victorias nos concursos de peso e disco. No peso estivo acompañada de Claudia Carcer, que rematou Subcampioa Galega, engandindo un 7º posto no concurso de lonxitude. Uxia Sánchez estivo a piques de progresar a final de 300 m.l., quedalle como premio un magnifico tempo. Maialen Fernández, sen poder correr por unha lesión, adaptouse ao lanzamento de xavelina acadando o Subcampionato Galego. Lucia Gil foi 8ª no triple salto e 14ª nos 600 m.l. Cristina Taboada repetiu posto nos concursos de disco e xavelina, o agridulce 4º lugar, eso sí acompañado dunhas boas marcas. Nerea Malvido rematou 6ª na proba dos 3000 m.l.
![](https://i0.wp.com/www.viladecangas.com/wp-content/uploads/2021/07/210663566_3061177954170168_685183324936189397_n.jpg?resize=654%2C872&ssl=1)
Diego Martínez participou no octatlon Sub 16, acadando os 3748 puntos que lle deron o Subcampionato Galego. Parabens a tod@s polo esforzo.
![](https://i0.wp.com/www.viladecangas.com/wp-content/uploads/2021/07/rl02030721combinadas_page-0003.jpg?resize=654%2C90&ssl=1)
![](https://i0.wp.com/www.viladecangas.com/wp-content/uploads/2021/07/211640905_4152333671515519_7173062199847125687_n.jpg?resize=654%2C368&ssl=1)
Debe estar conectado para enviar un comentario.