Ourense, 15 de decembro de 2019
XLVI TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS
Cangas, 01 de decembro de 2019
Chegou o día no que Cangas disfrutaría do atletismo nas suas ruas. Comezaba o mes de decembro sen choiva, cousa de agradecer despois dun mes e pico de auga e nubes. Por fin brillaría o amarelo.
No tocante as carreiras de menores, foron discurrindo puntualmente polo centro urbano de Cangas. A partir das 10:00 horas da maña xa se ateigaron as ruas de pequen@s atletas que encheron de colorido e vitalidade o asfalto. A categoría SUB 10 foi a encargada de romper o xeo, sobre un percorrido de 500 m. saían da praza cara o Concello e voltaban a meta. Nos homes acadaron postos de podio Pablo Barreiro (Pinarium), Martín Otero (Pinarium) e Mario Costas (Samertolameu). As tres primeiras prazas de mulleres foron para Gabriela Bouzada, Nijal Benjerada (San Miguel) e Noah Pinto (Vila de Cangas). A seguinte categoria, SUB 12, aumentaba o percorrido ata os 1000 mts, os máis rápidos masculinos foron Hugo Domínguez (Vila de Cangas), Hugo Collazo (Vila de Cangas) e Brais Pintos (Vila de Cangas). Na carreira feminina as tres primeiras entraron por esta orde, Sabela Castelo (Vila de Cangas), Marta Pereira e Andrea Dapia (Patoblanco).
Na categoria SUB 14, tanto homes coma mulleres, competían sobre un circuito de 1500 m. Carlos López (Vila de Cangas), Yago Juncal (Vila de Cangas) e Lucas Pérez ocuparon o podio masculino. Na proba feminina as tres primeiras en cruzar a meta serían Maialem Fernández (Vila de Cangas), Marta Novo (San Miguel) e Lara Iglesias (Samertolameu).
Pechabanse as carreiras do circuito urbano coa categoría SUB 16, os homes sobre un percorrido de 3000 m. e as mulleres de 2000 m. Na distancia masculina acadaron podio Hector Rodríguez (Beade), Carlos Bautista (Porriño) e Ricardo Tobio (San Miguel). A clasificación feminina estivo liderada por Aldara Fonseca (Beade), Carmen Aguiño e Laura Alonso (Beade)
Condicions idoneas tamen dispuseron os participantes na carreira dos 10 kilometros. A saída desde o porto de Aldán deulle a oportunidade de disfrutar de varios kilometros co mar coma testemuña. Tanto na saida, coa Ria de Aldán, coma nos primeiros kilometros, coa Ria de Vigo, o percorrido discurriu paralelo ao Atlantico. No KM 5 comezouse a entrada no nucleo urbano de Cangas, tras un primeiro pase polo arco de meta (KM 6) faltaban un par de voltas ao circuito polo centro para completar os 10 KM. Os gañadores absolutos da carreira masculina foron Nuno Costa (Tambre B&R), Jorge Puig (Atl. Santiago) e Alvaro Prieto (Miller). A clasificación feminina estivo encabezada por Sandra Mosquera (Adas), Beatriz Fernández (Corredoiras) e Marina Caballero (Vila de Cangas).
PLAN DE VIAXE A FINAL DA LIGA ABANCA
O domingo 15 de decembro de 2019 vaise disputar a final da VII LIGA GALEGA DE INVERNO CATEGORIAS MENORES ABANCA. A sede que acollerá o Campionato será a Pista Cuberta de Expourense. Por parte do Club facilitarase un autobús con saída da Estación de Cangas as 08:00 horas. As plazas vacantes d@s atletas poderán ser ocupadas pol@s pais/nais (IMPORTANTE AVISAR polas canles habituais). Para conformar os TRES equipos clasificados vanse convocar aos seguintes atletas:
SUB 12 MULLERES; Leire Fonseca, Sabela Castelo, Helena Bello, Noa Quinteiro, Goretti Carballal, Estela Raña e Leire Brun
SUB 14 MULLERES; Claudia Carcer, Iris Malvido, Maialem Fernández, Lucia Gil, Carmen Fraga, Agata Rodríguez, Gema Dacosta, Ariadna Becerra e Noa Nerga
SUB 14 HOMES; Carlos López, Carlos Corredoira, Yago Juncal, Diego Martínez, Manuel Lemos, Ruben Lemos, Juan Gallego, Raúl Rial e Luca Piñeiro
INFORMACION DO CAMPIONATO
NOVO HORARIO SERIES MUNICIPAIS VIGO
RESULTADOS CATEGORIAS MENORES PEDESTRISMO 2019
Tras unha intensa mañan de carreiras polo centro urbano de Cangas, achegamos os resultados das categorias MINIBENXAMIN, SUB 10, SUB 12, SUB 14 e SUB 16 no XLVI TROFEO DE PEDESTRISMO – Memorial Pepe Cordeiro.
RESULTADOS
CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA DE INVERNO
A Pobra do Caramiñal, 23 de novembro de 2019
O Estadio de A Alta acolleu este pasado sábado o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA DE INVERNO. Como xa coñecedes, esta tempada alargase ata o final do ano. Será a derradeira co formato antigo. A partir do 2020, as tempadas, coincidirán cos anos naturais. Por esta particularidade, repetiamos Campionato nesta tempada, e non será o último.
Impresionante estivo Sabela Castelo, quen rematou o percorrido da categoria SUB 12 nun tempo de 10:04.19. Ademáis de proclamarse CAMPIOA GALEGA mellorou o rexistro da distancia en 30 segundos, acadando un novo RECORD GALEGO.
Na categoria SUB 14, as irmans Iris e Nerea Malvido seguen dando guerra na marcha atletica e remataron 5ª e 19ª respectivamente na súa proba.
CROSS INTERNACIONAL DE ATAPUERCA
Burgos, 9 de novembro de 2019
A localidade burgalesa de Atapuerca, saltou aos medios por un xacemento e traspasou as fronteiras co que alí se atopou. Agora mesmo ben mantendo o interese mediatico cun Cross Internacional que este ano celebraba a sua XVI edición. Para darlle un pouco de colorido a esta celebración, ata alí se desprazaron dous amarel@s. Ambos participaron na categoria SUB 12, na carreira feminina sobre un percorrido de 1000 mts. Sabela Castelo Acadou o 3º posto. Hugo Domínguez correu un circuito de 1600 mts rematando no posto 20º.
Imaxe cortesi@ www.fotocarlosgrafias.com
XORNADAS PREVIAS DA LIGA ABANCA
A Federación Galega de Atletismo organizará a VIII Liga Galega ABANCA DE CATEGORÍAS MENORES DE INVERNO para as categorías Sub10, Sub12 e Sub14 integrada por varias xornadas previas clasificatorias a celebrar en varias zoas e unha final por equipos. No caso de Pontevedra vanse celebrar tres probas. Adiantamos toda a información da Liga de cara a conformar os equipos e a premura na inscrición d@s atletas.
REGULAMENTO LIGA
O domingo 03 de novembro será en Vilagarcia, co seguinte programa de probas:
RESULTADOS EN DIRECTO
A seguinte xornada vai ter lugar o sábado 09 de novembro no CGTD de Pontevedra con este detalle de probas:
RESULTADOS EN DIRECTO
A derradeira xornada clasificatoria será o sábado 30 de novembro nas pistas de Balaidos:
HORARIO E REGULAMENTO CIRCUITO PRIMITIVO SIMON
O Sábado 26 de outubro de 2019 as Pistas de San Pedro en Marín acolleran a I XORNADA DO CIRCUITO PADRE SIMON. O programa de de probras abrangue varias categorias (SUB 10 ata SUB 18), no seguinte enlace detallanse todolos datos de interese.
INFORMACION DA COMPETICION
CAMPIONATO GALEGO DE KILOMETRO EN RUTA
Guntin, 25 de agosto de 2019
Debe estar conectado para enviar un comentario.