CAMPIONATO GALEGO SUB 18/20 PISTA CUBERTA

Ourense, 24 de febreiro de 2018

 

     Comezabamos o sábado a nosa andaina pola cidade das Burgas co CAMPIONATO GALEGO SUB 18/20 PISTA CUBERTA. Practicamente sin sair da pista de Expourense, competir, comer e competir, só lle faltaba unha remuneración para ser perfecto. A todo isto tivemos unha colleita maravillosa, non haí nada que botar en cara. Houbo implicación, esforzo, mancados e como recompensa medallas. Na categoria SUB 20 participaron catro atletas, subindo ao podio en todas as probas. Habera valores seguros no IBEX-35, pero coma estes non. Daniel Armada acadou sendos BRONCES, en 60 m.l. e 200 m.l. As duas probas foron precedidas de semifinal. Na segunda proba (200 m.l.) estivo acompañado por Daniel Calvar que rematou SUBCAMPION GALEGO, cun tempo de 23.18. Literalmente a pista tremia ao paso da final.


 


     Saray Amoedo retomou con forza o triple salto, con 11.19 proclamouse CAMPIOA GALEGA. Outro concurso que supuxo a medalla de OURO foi o salto de pertega, onde David Lorenzo chegou os 4.05. Redondeou o Campionato cunha medalla de BRONCE nos 60 m.v.


 


     Na categoria SUB 18 competiron cinco atletas. María Rodríguez foi, sen dubida, a que máis correu. Dous catrocentos e un douscentos de pista cuberta galega, solventando a semifinal de 400 m.l. e acadando o 5º posto na final. No 200 m.l. non progresou a final. Ariadna Gil reencontrouse co salto de lonxitude acadando a medalla de BRONCE,  a mesma medalla que se lle escapou por decimas na final dos 60 m.v. onde foi 4ª.  A medalla de chocolate tamén foi o premio de Juan Piñeiro no triple salto, o podio quedou a dous centimetros. Ainda así marca de 12.17 que melloraba o existente.



     Raúl Barreiro  no último lanzamento aupouse ao podio de peso, os 10.67 foron premiados co BRONCE. Valeria Jalda pechou a xornada acadando o CAMPIONATO GALEGO  de lanzamento de peso, a marca 11.75. Na nosa vindeira saída a bolsa contaremos co respaldo destes 3 OUROS, 1 PRATA e 5 BRONCES.



 RESULTADOS


COMPETICIONS DA FIN DE SEMANA

     Esta fin de semana temos unha actividade atletica moi importante, non queremos deixar escapar a participación de dous amarelos en sendos Campionatos de España. Tamén imos facer un seguemento da Pista Cuberta, que entre o sábado e domingo vai acoller o Galego individual para as categorías SUB -10, 12, 14, 18 e 20. A Pista de Expourense será  epicentro do futuro do atletismo galego e trataremos de ser partícipes. 


NOVO HORARIO SUB18/20

RESULTADOS EN DIRECTO SUB18/20

RESULTADOS EN DIRECTO SUB10/12/14



      Na localidade valenciana de Burjassot diputarase o 25 de febreiro o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA EN RUTA. Dentro deste gran evento tendrá lugar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 20 e SUB 16 POR FEDERACIONS AUTONOMICAS.  Alí estará Ana Piñeiro coma compoñente da SELECCION GALEGA na categoría SUB-16, neste caso para participar na proba de 5 kms.

     En Castellón vai competir Manel Iglesias dentro do CAMPIONATO DE ESPAÑA DE LANZAMENTOS LONGOS PARA CATEGORIAS MENORES. Disputará a final do Lanzamento de Xavelina xunto aos mellores SUB-20 desta tempada.


 


CAMPIONATO GALEGO DE CROSS ESCOLAR

A Pobra, 17 de febreiro de 2018

 

     O circuito da Praia de Cabio, no Concello de A Pobra do Caramiñal, xuntou aos equipos e atletas clasificados nos Campionatos Provinciais. Estaban clasificados os dous mellores equipos e os 8 primeiros. Polo Club presentaronse os equipos SUB 12 feminino e SUB 14 masculino. O circuito deleitounos cun sinuoso percorrido por un piñeiral preto da Praia de Cabio. Tanto o equipo SUB 12 de mulleres coma o SUB 14 de homes remataron preto do podio, as feminas foron cuartas e os nenos quintos. Desta maneira decimolle un atalogo ao Campo a Través.


SUB 12 Mulleres

LUCIA GIL 25ª, MAIALEN FERNANDEZ 33ª, NEREA MALVIDO 36ª, GEMA DACOSTA 43ª, GORETTI CARBALLAL 47ª e SARA NERGA 53ª. ( 4º POSTO con 71 puntos)

SUB 14 Homes

JOEL CURRO 12º, MIGUEL NUÑEZ 25º, CARLOS LOPEZ 26º, CARLOS CORREDOIRA 46º, YAGO JUNCAL 48º e DENIS FERNANDEZ 49º.  (5º POSTO con 69 puntos)


 

PREVIA DO CTO. GALEGO MENORES P.C.

     Este vindeiro domingo 25 de febreiro vaise disputar na Pista Cuberta de Expourense o CAMPIONATO DE GALICIA SUB 10, 12 e 14 DE PISTA CUBERTA. O Regulamento cita expresamente: Art.4).- Limitación na inscrición: Cada atleta poderá realizar un máximo de 2 probas (no caso deser carreiras só unha poderá ser superior a 50). Dado que non haberá mínimas de participación escolleranse as millores marcas da tempada actual e da tempada anterior ó aire libre (dende o 1 de marzo de 2017) en cada proba (12 en concursos e 18 en carreiras).

  A día de hoxe publicouse na web da FGA  o primeiro adianto dos ADMITIDOS. Ata as 20:00 horas deste mercores 21 de febreiro vanse admitir baixas e reclamacións, polo cal o listado vai sufrir modificacions. De seguro que ao longo do xoves 22 xa será definitivo. O domingo as 20:00 horas partirá un autobus da Estación de Cangas, o cal voltará ao remate da competición.


REGULAMENTO

LISTADO DE ADMITIDOS


CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS DE INVERNO (SUB-16 /18)

Lugo, 17 febreiro 2018

 

     A capital lucense acolleu o I CAMPIONATO GALEGO DE LANZAMENTOS DE INVERNO para as categorias SUB-16 e SUB-18. Ainoa Santos participou no lanzamento de disco (800grs.) e cun lanzamento de 27.41 mts acadou a medalla de BRONCE. No concurso de martelo (4kgs),  Aaron Otero foi 3º con 30.47 e Manuel Otero rematou 8º con 18.31.



RESULTADOS


CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

Cangas, 11 de febreiro de 2018

 

     O circuito do porto de Aldán, acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA. E coñecida a dificultade tecnica que ten esta proba, se lle engadimos chuvia toda a maña máis os mellores marchadores galegos, temos o cóctel perfecto para o que alí sucedeu. @s amarel@s tamén acadaron o seu protagonismo e ben meritoria que foi a sua actuación. Na categoría SUB 10 tinguiron o podio de amarelo, Sabela Castelo e Candela Castro proclamaronse CAMPIOA e SUBCAMPIOA na proba de 1km. Engadir o RECORD GALEGO na distancia, ao rematar en 5:13 a carreira. Segundo record para Sabela nesta tempada, e polo que se adiviña non será o último.



     Catro atletas disputaron a proba de 2kms na categoria SUB 12, todas elas mulleres.  Lara Iglesias acadou o BRONCE,  Iris Malvido foi 4ª, Goretti Carballal 8ª e Nerea Malvido 9ª. Outro grupo con valores seguros, traballo igual a resultados.



     A categoría SUB 14 aumentaba o percorrido ata os 3 kms, rematando Denis Fernández en 5º posto e Carlos Corredoira no 12º. Ana Piñeiro impusose na proba de 5kms e acadou o titulo de CAMPIOA GALEGA DE MARCHA EN RUTA da categoria SUB 16. Esta regular traxectoria suponlle, un ano máis, formar parte da SELECCION GALEGA DE MARCHA.


RESULTADOS


PLAN DE VIAXE A POBRA DO CARAMIÑAL. (GALEGO CROSS ESCOLAR)

    O sábado 17 de febreiro vai ter lugar a Fase Final do XOGADE de Campo a Través. As categorías implicadas son SUB 12, 14 E 16. Polo noso Club estan calsificados para o CAMPIONATO GALEGO DE CROSS ESCOLAR os equipos SUB 12 feminino e SUB 14 masculino. De maneira individual acadou praza Lope Quinteiro na categoría SUB 16. Esta previsto a saída do autobús as 09:10 horas da Estación de Cangas

     @s atletas convocad@s para conformar os equipos son:

SUB-12 feminino.- (Lucia Gil -Sara Nerga- Maialen Fernández -Gema Dacosta- Nerea Malvido -Goretti Carballal)

SUB-14 masculino.- (Joel Curro – Miguel Núñez- Carlos López- Carlos Corredoira -Denis Fernández – Yago Juncal)



CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO E SUB 20 DE LANZAMENTOS LONGOS DE INVERNO

     O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, foi o esceario elexido para disputar o CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO E SUB 20 DE LANZAMENTOS LONGOS DE INVERNOEsta competición abrangue os concursos de martelo, disco e xavelina. Na categoría ABSOLUTA feminina participou Raquel Villaquen rematou 5ª cun mellor lanzamento de 31.28 mts.



     No tocante a sección masculina estivo representada por Manel IglesiasLanzou a xavelina ata os 48.77 mts. e acadou o SUBCAMPIONATO GALEGO da  categoría SUB 20, na ABSOLUTA rematou 6º. Salientar que se coloca no Ranking Nacional no posto 7º.



PREVIA DO TROFEO ATLETISMO MAZI

     Adiantamos información IMPORTANTE sobre o III TROFEO ATLETISMO MAZI, a celebrar o vindeiro domingo 18 de febreiro no Complexo deportivo de Fontecarmoa en Vilagarcia de Arousa. As inscricións rematan o mercores 14 as 24:00 horas, polo cal sería de interes achegarlle a Calvar @s atletas interesados en participar. De cara ao CAMPIONATO GALEGO DE PISTA CUBERTA DE CATEGORIAS MENORES, é a última proba no calendario para obter ou mellorar marca. 


REGULAMENTO



 RESULTADOS EN DIRECTO


CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA

Salamanca, 10 de febreiro de 2018

     Chegaba Paula Martinez ao CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE PISTA CUBERTA nun óptimo estado de forma. Só faltaba refrendalo nas probas que disputaba nesta importante cita. Nos 60 metros valados acadou un tempo de 9,34, que lle supon a súa mellor marca persoal e permitiulle rematar no posto 18º. Na carreira de 60 metros lisos rematou en 8,23, neste caso mellor marca da tempada e posto 22º. Todo un referente para as suas compañeiras, que de seguro estará moi contenta do seu rendemento.