CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE DE PISTA CUBERTA

Antequera, 18 e 19 de marzo de 2017

 

   A serranía malagueña foi testemuña do futuro do atletismo nacional. Varios records sucumbiron a esta nova xeración de cadetes. Gracias ós tres amarel@s que participaron no Campionato puidemos ser participes dese gran ambiente acorde coa grandeza da cita. Na xornada vespertina do sábado os tres competían no Centro de Tecnificación de Atletismopolo cal xa foron aflorando os nervios. Valeria Rodríguez comezou as 15.30 a final de lanzamento de peso, foi de menos a máis e acadou o pase a mellora cun prometedor 4º posto. Nos tres lanzamentos posteriores non mellorou os 11,52, que supoñen a súa mellor marca. Finalmente rematou en 6º posto.



     O seguinte en templar os nervios coa competición foi Lope QuinteiroParticipou na terceira rolda de clasificación para a final dos 1000 m.l. Engadir que a pista de Antequera, dunha corda de 200 mts, conta coa saída para os 1000 mts a escasos metros da curva, producindose autenticas estampidas para coller unha boa posición. Na súa serie rematou 8º cun tempo de 2:48.17. Entraban na final os dous primeiros de cada serie e os tres mellores tempos. Lope non progresou a final pero ainda lle quedaba a final de peso o domingo.

     Ariadna Gil tiña a difícil misión de acceder as semifinais dos 60 m.v., correu a sua serie en 9.80, producindose o corte para o pase en 9.40. Non puido estar coas 16 mellores, pero hai marxe de mellora.



     Lope Quinteiro concursou o domingo na final de lanzamento de peso. Cun mellor lanzamento de 12,71 non obtivo o pase a mellora. Moito nivel nunha final na que as medallas se foron para lanzamentos de 15 e 16 mts. Nada máis que engadir, ata a vindeira batalla.

PLAN DE VIAXE A CORUÑA

    Este vindeiro sábado 18 de marzo vai ter lugar no Pazo dos Deportes de Riazor o CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL DE PISTA CUBERTA.  Unha vez rematado o prazo de inscripción publicouse un primer listado de admitidos. Adiantamos esta información, sempre coa cautela que ata o xoves as 15:00 horas esta aberto o prazo de reclamacións.

     Sairá un autobús da estación de Cangas as 07:45 horas, en principio para @s atletas pero con prazas sobrantes para nais/pais. As probas repartiranse en xornada de mañá e tarde polo que se reservou nun Restaurante para @s atletas que o precisen. Achegamos os ADMITIDOS e HORARIO definitivos.


LISTADO DE ADMITIDOS




PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE

   Esta vindeira fin de semana, 18 e 19 de marzo, a localidade malagueña de Antequera vai acoller o CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE DE PISTA CUBERTA. Entre os 300 atletas que obtiveron marca para participar, vanse atopar TRES amarel@s. Lope Quinteirodisputará o lanzamento de peso e os 1000 m.l., Ariadna Gil, participará na proba dos 60 metros valados e Valeria Rodríguezque repite participación no concurso de peso. O Campionato terá repartidas as probas entre a xornada de tarde do sábado e o domingo pola mañá. Moita sorte e boa viaxe.


INSCRITOS

HORARIO



CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CROSS

Vilalba, 11 de marzo de 2017

 

    Pechabase o circulo do programa XOGADE de campo a través. A localidade lucense de Vilaba acolleu, de maneira notable, o CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CROSSA proposta foi un cirtuito rompe pernas,  no que foron correndo as categorías de maior a menor. Sara Mallo participou individualmente na proba INFANTIL, rematando o percorrido de 1800 mts en 9:01. Acadou o posto 24º. 

     O equipo ALEVIN masculino afrontaba un percorrido de 1800 mts. O remate da carreira sumaron 80 ptosRaúl Rial entrou no posto 15º, Carlos López 28º, Yago Juncal 38º,  Sergio Valladares 44º, Manuel Lemos 47º e Carlos Corredoira 49º. Coma equipo acadaron o posto 6º.



     O outro equipo clasificado era o ALEVIN feminino. As Campioas Provinciais acadaron o 3º posto, a só dous puntos da prata. A suma dos 51 ptos contribuiron Agata Rodríguez 8ª, Lucia Gil 22ª, Carmen Fraga 30ª, Uxia Sánchez 36ª, Cristina Taboada 39ª e Sara Nerga 46ª.



     Rematamos o cross por esta tempada, para o ano máis e mellor…


RESULTADOS


PREVIA DO CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CROSS

 

     O vindeiro sábado 11 de marzo, na contorna de A Madalena-Vilalba, vai ter lugar o CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CROSSCon esta proba culmina o programa XOGADE na actividade de campo a través. As categorías implicadas son  Alevín, Infantil e Cadete masculino e feminino.  Pola nosa parte, acadaron a clasificación para este Campionato os equipos alevín masculino e feminino, a infantil Sara Mallo máis o cadete Lope Quinteiro

     ATLETAS CONVOCADOS: ALEVIN FEMININO .- Agata Rodríguez – Lucia Gil – Carmen Fraga – Sara Nerga – Cristina Taboada – Uxia Sánchez.

      ALEVIN MASCULINO.- Raúl Rial – Sergio Valladares – Yago Juncal – Carlos López – Manuel Lemos -Carlos Corredoira.

     O autobús do transporte escolar, sairá da estación de Cangas as 08:00 horas. 



      No tocante a ubicación do CIRCUITO. Dende a A-6 (Lugo- A Coruña), coller a A-8 dirección Oviedo/Ribadeo, e aproximadamente a 17 km, saída 578 Vilalba/ A Madalena.



CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA EN RUTA POR AUTONOMIAS

El Hierro, 4 de marzo de 2017

     No arquipélago canario tiña lugar este pasado sábado 04 de marzo o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA EN RUTA DE FEDERACIONS AUTONÓMICAS A illa de El Hierro agasallou os marchadores con toda a sua hospitalidade en pleno entroido.  Por terra, mar e aire a loxística do Campionato tivo que acoller atletas, que foron chegando de todo o territorio nacional. No porto da illa desenvolvíase o percorrido para as diferentes categorías.



     Duas amarel@s foron coma compoñentes do equipo CADETE da selección galega, que contou cun total de 5 atletas. O percorrido de 5kms para esta categoría estivo acompañado dun constante vento que engadiu dureza a proba. Tamén contamos coa presenza do adestrador do Club Sebastian Piñeiro, que desenrolou a súa labor para a sección de marcha da FGA.

     Ana Piñeiro foi a primeira compoñente do combinado galego en cruzar a meta. Empleou un tempo de 26:53 en facer o percorrido da carreira CADETE, entrando en 4ª posición. A súa compañeira Valeria Fernández cun crono de 29:52 acadou o posto 36º. A recompensa deste traballo en equipo foi una medalla de BRONCE para Galicia, moi preto das segundas. Claro que tamén disfrutaron do entroido e calorciño  canario. BOA VIAXE.



RESULTADOS


 

CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE PISTA CUBERTA

Valencia a 04 de marzo de 2017

 

     Ata a capital levantina desprazouse Paula Martínez para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE PISTA CUBERTAParticipaba na proba dos 60 m.v. A recente campioa galega de pista cuberta rematou a semifinal nun tempo de 9.35, que supon a súa mellor marca. O tempo para entrar na final estivo en 9.23. Acadou o posto 11º da semifinal que supuso o peche na participación neste Campionato. Agardamos unha boa viaxe de volta e que disfrute dese ambiente fallero, xa que todo non vai ser correr.



CAMPIONATOS NACIONAIS NESTA FIN DE SEMANA

     A primeira fin de semana de marzo vainos deparar duas importantes citas no calendario atlético. En Valverde (El Hierro), o 4 de marzovaise disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARCHA EN RUTA DE FEDERACIONS AUTONOMICAS JUNIOR E CADETE. Formaran parte do combinado CADETE de Galicia, Ana Piñeiro e Valeria FernándezAmbas percorreran os 5kms da proba, sumando puntos para unha selección Galega que aspira a estar entre as mellores.


RESULTADOS EN DIRECTO



     Os días 4 e 5 de marzo, terá lugar en Valencia o CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR DE PISTA CUBERTAcompetición onde participará Paula Martínezna proba dos 60 metros valados. Disputará as semifinais o sábado no Palau Lluis Puig, e no caso de pasar a final, disputaríase o mesmo día.


RESULTADOS EN DIRECTO



CAMPIONATO GALEGO XUVENIL E JUNIOR DE PISTA CUBERTA

A Coruña, 25  de febreiro de 2017

 

     O Pazo dos deportes de Riazor acolleu,  durante toda a xornada do sábado de entroido, o CAMPIONATO GALEGO XUVENIL E JUNIOR DE PISTA CUBERTAEstreou a competición Paula Martínezpasando coma primeira da súa serie de 50 m.l. da categoría JUNIOR. O tempo que empleou foi 7.04. Na final desta proba acadou a medalla de PRATA nunha chegada moi reñida, xa que entraron tres atletas en 7.03. O representante na velocidade masculina foi Dani Armadaquen a pesar de liderar a súa serie con 6.47, non obtivo o pase a final dos 50 m.l. da categoría XUVENIL.



     O concurso de pértega supuso o SUBCAMPIONATO para Dani Calvar (3,32) e o BRONCE para David Lorenzo (3,17). Na proba dos 400 m.l. XUVENIL participou María Rodríguez, rematando 3ª na serie con  1:07.96, non pasando a final con este tempo. Raúl Barreiro acadou o 7º posto na final do concurso de peso, cun mellor lanzamento de 9,73.



     Dani Calvar acadou o pase a final dos 200 m.l. XUVENIL, rematou na mesma en 4º posto. David Lorenzo tamén pasou a final XUVENIL dos 400 m.l., obtendo o SUBCAMPIONATO ao remate da mesma cun tempo de 54.10. Pechou a participación d@s amarel@s Paula Martinez que rematou CAMPIONA GALEGA JUNIOR nos 50 m.v. cun tempo de 8.09.


RESULTADOS