VOLTAMOS A ADESTRAR

    Este luns 12 de setembro VOLTAMOS OS ADESTRAMENTOS.  A partir das 18:00 horas vaise recuperar a secuencia de HORARIOS que levávamos antes do parón do mes de agosto. Para as CATEGORIAS MENORES (benxamin ata infantil) de luns a venres en duas sesions (18:00 e 20:00 hrs), excepto o martes, só as 20:00 horas. Os nen@s pre-benxamins (nados ata o 2010) teran adestramento os luns e xoves as 18:00 horas.  Tanto nas categorías superiores coma nos diferentes módulos de especialización seguirán os horarios establecidos polos seus adestradores. 

     Recalcar novamente que calquera rapaz/@ que desexe probar no atletismo, pode facelo sen compromiso. Se queredes consultar algunha dubida estaremos nese horario nas pistas de atletismo. Tamén a través do correo at.viladecangas@gmail.com ou as redes sociais. 


portada


 

CARREIRA SOLIDARIA CANINA MORRAZOCAN

    Este vindeiro domingo 11 de setembro vaise estrear na comarca do morrazo unha nova carreira solidaria. Neste caso,  a favor da Protectora de Animais do Morrazo.  O programa contará tamén con actividades o sábado 10.  Na xornada do domingo, a partir das 11.00 horas terá lugar unha ANDAINA. Para as 11.30 esta prevista a saída da CARREIRA canina, tamén se poderá participar sen can. Os prezos oscilaran entre os 5 € para adultos e 2€ para nenos.


     REGULAMENTO E INSCRICIONS


22Cartel-Morrazocan-g (1)


CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE

Granollers, 9 e 10 de xullo de 2016

     A localidade de Granollers acolleu o CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE.  Dúas atletas do Club, no seu primeiro ano nesta categoria, acadaron mínima para disputar as probas de lanzamento de peso e 3000 metros marcha. Ambas da categoría feminina. Valería Rodriguez rematou 7ª na final de peso, cun mellor lanzamento de 10.89. Pola súa parte Valeria Fernández, non puido rematar a proba dos 3000 mts marcha, debido a problemas fisicos.



CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA

Toledo, 25 e 26 de xuño de 2016

     Durante a primeira fin de semana do veran, os mellores atletas nados entre os anos 1994 e 1996 tiñan unha cita en Toledo para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA.  Entre os mellores sub-23 do ambito nacional estivo Raquel Villa.  Partía cunha mellor marca (A.L.) esta tempada de 12.09, acadada en Vigo no CAMPIONATO DE GALICIA XUVENIL,JUNIOR E PROMESA AIRE LIBRE.  En Toledo rematou no posto 10º, tras un mellor lanzamento de 11.28.


MILLA URBANA ORGULLO DE CANGAS

    Dentro das actividades do día ORGULLO DE CANGAS non se esqueceron da practica deportiva. Este vindeiro sábado 20 de agosto  nos Xardins da Palma terá lugar a saída dunha Milla Urbana. Para este percorrido (1609 m) están implicadas as categorías de cadete ata veterán. Nas categorías menores (mini-benxamin ata infantil) disporan  doutros percorridos no mesmo circuito urbano. No programa esta previsto o comezo as 10:30 horas, polo cal unha hora antes tomarase nota dos interesad@s en participar nas diferentes probas.

  • 10:30.-  MINIBENXAMIN (200 mts)
  • 10:40.-  BENXAMIN (500 mts)
  • 10:55.-  ALEVIN (800 mts)
  • 11:10.-  INFANTIL (1000 mts)
  • 11:25.-  3 ANOS (80 mts)
  • 11:35.-  4 ANOS (100 mts)
  • 11:45.-  5 ANOS (120 mts)
  • 12:00.-  CADETE-XUVENIL-JUNIOR-ABSOLUTO (milla)

 


13880345_1066383350083977_3406661554551124142_n


ACTOS DE FIN DE TEMPADA

     O vindeiro sábado dia 30  de xullo  tera lugar no Salon de Plenos do Concello de Cangas a partir das 17:00 horas o acto de peche de tempada do Club de Atletismo Vila de Cangas. Para tal evento están invitados todolos socios e simpatizantes. No mesmo premiarase os atletas destacados cun agasallo. Despois de esta homenaxe ós atletas convócase a tódolos socios/as a ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA  que terá lugar no mesmo lugar  as 18:00 horas , coa seguinte ORDE DO DIA:

  • – Lectura e aprobación (si procede) da acta da Asamblea anterior.
  • – Memoria  dos resultados da tempada 2015/16.
  • – Lectura e aprobación do estado de contas.
  • – Elección de nova Xunta Directiva.
  •  Rogos e preguntas.

     Gran parte da tarde estará ocupada co acto anterior, pero para a noite deixamos a Cea de fin de tempada. A mesma esta previsto se faga no Restaurante O Areeiro, a partir das 22:00 horas. O menú da cea estará composto por  entrantes de polvo, empanada e tortilla, para elexir entre churrasco ao forno ou merluza a cazola. Postre, bebida e café. O precio por persoa serán 20 euros. Para confirmar asistencia a través do correo at.viladecangas@gmail.com ou no teléfono 600821023 (Isaura).


Presentacion Vila de Cangas 2015_2016 (44)


RECORDATORIO

      Lembramos que o vindeiro 30 de xullo teremos o «Fin de Tempada» no salón de plenos do Concello.

      A continuación celebrarase a asemblea xeral onde, entre outras cousas, se elixirá a nova Xunta Directiva. AINDA SE ESTÁ EN PRAZO PARA PRESENTAR CANDIDATURAS.

        Logo terá lugar a cea. Pedímoslles que todos aqueles que estean interesados que acudir a mesma, se vaian apuntando ó teléfono 600821023. É importante que se faga o antes posible, pois debemos ter en conta os anotados para buscar un restaurante con aforo suficiente. O custo da cea será de 60€ por persoa. Ja, ja, ja, que non. Que é broma.  A cea custa 20 euros.  (Así me gusta, que esteades atentos o que se escribe).  Xa sabedes que os atletas maiores destacados só teñen que pagar 5€, pois o resto corre á conta do Club.

VIAXE AO AQUAPARK DE CERCEDA.

     O vindeiro luns 4 de xullo imos facer o tradicional viaxe o parque acuatico de Cerceda. O autobús sairá da estación de Cangas as 10:00 horas dese mesmo día. O coste da actividade será para os  ATLETAS DESTACADOS (podio galego, España…) de 5 euros.  Para o resto, entre 5 e 12 anos, 15 euros A partir de 13 anos son 18 euros.  Ide avisando para RESERVAR asentos no autobus. Xa contamos coa xente que se apuntou polos grupos de whatsapp. 


43856558


 

RAQUEL VILLA ACUDE AO NACIONAL PROMESA

     Os días 25 e 26 de xuño terá lugar en Toledo o CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA AO AIRE LIBRE. Esta clasificada para esa cita a lanzadora Raquel Villa, que esta previsto dispute a final do lanzamento de peso as 20:00 h. do sábado 25.  Raquel xa disputou en febreiro o Campionato Nacional de Pista Cuberta, onde rematou 7ª.  Nada máis que desexarlle MOITA SORTE e BOA VIAXE.


RESULTADOS EN DIRECTO


al_promesaG


ELECCION DE NOVA XUNTA DIRECTIVA

     Temos a ben informarvos que a actual Xunta Directiva cumpre este vindeiro mes de xullo 4 anos no cargo, por tal motivo e segundo os estatutos:

     O Club Atletismo Vila de Cangas abre o prazo para presentar as candidaturas a Xunta Directiva do Club.

    O prazo para presentación de candidaturas será dende o día 01 ata o 30 de xullo. Este último día, 30 de xullo, celebrarase unha Asamblea Xeral Extraordinaria coincidindo cos actos do PECHE DE TEMPADA. O prazo de reclamacións será do 01 ó 03 de agosto.

     É requisito imprescindible para presentar a candidatura ser socio e estar ao corrente nas cuotas.

      Na candidatura farase constar o nome completo e o seu respectivo D.N.I. e  enviaranse ao Apdo. de Correos 179 cp. 36940. Publicaranse na páxina web do club, no tablón da Fundación Cangas Deporte e enviarase á prensa.


Presentacion Vila de Cangas 2015_2016 (1)