Ferrol, 07 de maio de 2016
As pistas de atletismo de A Malata, acolleron o sabado 7 de maio unha longa xornada de probas para puntuar coma equipo. As categorías implicadas eran cadete e junior. Pola nosa parte estiveron os equipos femininos de ambas categorías. Moita participación de equipos galegos que deixou o programa de probas demasiado ateigado.
Vendo o desenrolo do Campionato foi unha pena non poder completar todas as probas. Cambiaría sensiblemente o resultado final coa suma deses puntos. Pero tamén houbo tempo para alegrias. Valería Fernández acadou marca mínima nos 3000 metros marcha para o Campionato de España. No mes de xullo, en Granollers, poderá medirse coas mellores marchadoras do país.
![DSCN1016](https://i0.wp.com/www.viladecangas.com/wp-content/uploads/2016/05/DSCN1016.jpg?resize=654%2C491&ssl=1)
Tamén contamos coa presenza de un par de amarelos que exerceron de filiaís co Celta. Foi o caso de Daniel Calvar e Manel Iglesias. O primeiro completou o relevo máis os valados e o seu compañeiro participou no concurso de xavelina. O remate da xornada propiciou un 7º posto para o equipo cadete e a 4ª posición para o junior. Non se acadou o podio pero, polo visto en Ferrol, non vai tardar en chegar. Fixemos equipo e esperemos que non pare de medrar.
![DSCN1057](https://i0.wp.com/www.viladecangas.com/wp-content/uploads/2016/05/DSCN1057.jpg?resize=654%2C293&ssl=1)
CADETE: 7º posto.- 127 ptos.
- IRENE MENENDEZ.- 4ª 100 m.l. e 4ª relevos (4×100)
- MARIA RODRIGUEZ.- 4ª 300 m.l. e 10ª 300 m.v.
- VERONICA BRUN.- 8ª 600 m.l. e 7ª relevos (4X300)
- MARIA BRONCOS.- 5ª 100m.l.
- SANDA SOUTO.- 6ª 300 m.l. e 7ª relevos (4X300)
- ALBA CAMPOS.- 6ª 100 m.v. e 4ª relevos (4×100)
- NAIARA VILLAR.- 8ª altura e 4ª relevos (4×100)
- ARIADNA GIL.- 1ª triple salto e 8ª lonxitude
- VALERIA RODRIGUEZ.- 2ª martelo e 3ª peso
- LAURA VALLADARES.- 10 ª disco
- LAURA CAMPOS.- 7ª xavelina e 4ª relevos (4×100)
- INES VILLAMOR.- 4ª relevos (4×100) e 7ª relevos (4X300)
- VALERIA FERNANDEZ.- 1ª marcha
![toma](https://i0.wp.com/www.viladecangas.com/wp-content/uploads/2016/05/toma.jpg?resize=654%2C131&ssl=1)
JUNIOR: 4ºposto 140.5 ptos.
- PAULA MARTINEZ.- 1ª 100 m.v. e 5ª 100 m.l.
- PAULA SOTELO.- 8ª 200 m.l. e 2ª relevos (4X100)
- NOELIA GRAÑA.- 11ª 400 m.l. e 2ª relevos (4X100)
- IRIA RODRIGUEZ.- 7ª 800 m.l. e 7ª relevos (4X400)
- ALBA PAZOS.- 2ª altura e 2ª relevos (4X100)
- MARTINA PARAMOS.- 4ª pértega e 2ª relevos (4X100)
- SARAY AMOEDO.- 1ª triple e 4ª lonxitude
- PATRICIA TORRES.- 3ª peso e 3ª disco
- JOHANA VILLAR.- 3ª martelo e 7ª relevos (4X400)
- PAULA SANTOS.- 4ª xavelina e 7ª relevos (4X400)
- ESMERALDA CORREDOIRA.- 2 ª marcha e 7ª relevos (4X400)
![DSCN1068](https://i0.wp.com/www.viladecangas.com/wp-content/uploads/2016/05/DSCN1068-1.jpg?resize=654%2C303&ssl=1)
Debe estar conectado para enviar un comentario.