CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA

 

A Coruña, 24 de xaneiro de 2016

     Disputouse no Pazo dos Deportes de Riazor o CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO E PROMESA DE PISTA CUBERTA e 1500-3000 m. XUVENIL-JUNIOR. A xornada dividiuse en maña e tarde para dar cabida as probas do Campionato.


12540611_1012868178751452_550422690592595158_n


     Noelia Graña correu a 4ª serie dos 50 m.l. rematando en 5º posto cun tempo de 7.18. Foi unha serie rápida pero non entrou na semifinal. Saray Amoedo rematou o concurso de triple salto en 4º posto cun mellor salto de 10.69. No concurso de salto de altura Alba Pazos rematou en 6º lugar cun salto de 1.44.  En salto de pértega Martina Paramos acadou o posto 8º saltando ata 2.62.

Raquel


     Da man de Raquel Villa chegou a medalla de prata no lanzamento de peso. A bola foi ata os 12,13 mts., superando a mínima esixida para o Campionato de España Promesa a celebrar o 20 e 21 de febreiro en San Sebastián. Na semifinal dos 50 m.v. Paula Martínez acadou praza para a final cun tempo de 8.32 , co cal pode participar no Campionato de España Junior a celebrar o 19 e 20 de marzo en Sabadell.  Na final rematou 5ª cun tempo de 8.35.


CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO E PROMESA DE PISTA CUBERTA.

     Este vindeiro domingo 24 de xaneiro voltamos o Pazo dos Deportes de Riazor, coidado que xoga o Depor e non se podera estacionar no emprazamento habilitado. Os atletas deberán confirmar a súa participación ata 45 minutos antes do comezo da proba, segundo o horario indicado. Participarán Alba Pazos en salto de altura, Paula Martínez en 50 m.v.,  Noelia Graña en 50 m.l.,  Raquel Villa en lanzamento de peso, Martina Paramos en salto de pértega e Saray Amoedo no triple salto.


Mañana

Tarde (2)


LISTA DE SAIDA 


TROFEO DE MARCHA CAMPO DE CRIPTANA

Campo de Criptana 16 de xaneiro de 2016

     A viaxe a localidade de  Campo de Criptana  foi productiva para Valeria Fernández. O obxetivo de baixar dos 30 minutos nos 5 kms cumpliuse. A cadete finalizou en 3º posto cun tempo de 28:54.0. Con esta marca cumpre a esixencia mínima da RFEA para o Campionato de España de Marcha de Ruta por Categorías a celebrar en Motril (Granada) o vindeiro 28 de febreiro de 2016.


CampoCriptana


 

COPA DE GALICIA DE CLUBES EN PISTA CUBERTA.

A Coruña 17 de xaneiro de 2016

     Coa resaca das categorias escolares continou a nosa andaina pola pista cuberta coa COPA DE GALICIA DE CLUBES EN PISTA CUBERTA.  Temos moi bos recordos desta competición nas súas anteriores edicions. Este ano a labor do equipo foi máis discreta. Engadir que o mesmo esta renovandose de cara o futuro e non se descarta estar novamente nas posicions de podio.  Na clasificación final a suma dos puntos deunos a 7ª posición. 

Contamos coa presenza das cadetes, algunha das cales se estreaba en Campionatos a nivel absoluto. Foi o caso de Irene Menéndez que rematou 7ª nos 50 m.l. cun tempo de 7.37 e Ariadna Gil que realizou o salto de lonxitude, rematando 6ª cun mellor salto de 4.54. A outra cadete, de segundo ano, Maria Rodriguez  tocoulle cubrir a proba de 3000 m.l. acadando o 7º lugar cun tempo de 12:30.18.  A lesión de Mª Jesús Corredoira deixounos sen puntuar nos 1500 m.l.  Noelia Graña rematou 7ª nos 200 m.l. con 28.32. Nos 400 m.l.  Aida Amoedo repetiu posición con 1:06.24. Na proba dos 800 m.l.  Noa Rouco sumou un punto o finalizar 8ª e parar o crono en 2:49.46. Paula Martinez sumou 6 puntos na proba de 50 m.v. cun tempo de 08.41.

Foron as participantes nos concursos as que subiron a media, e tamen a moral, do equipo. En salto de altura Alba Pazos rematou 3ª cun mellor salto de 1.50. Martina Paramos foi 6ª con 2.20 na pértega. Saray Amoedo encabezou a proba de triple salto con 10.81. Tamén gañou Raquel Villa  o lanzamento de peso con 11.58.  

O remate da Copa foi a proba dos relevos 4X1 volta, as catro integrantes foron Aida Amoedo, Noa Rouco, Iria Rodriguez Paula Sotelo. Acadouse o 7º posto cun tempo de 4:50.18.  O taboleiro final da proba sumaba 45 puntos para o equipo. Dixemolle ata pronto o Pazo dos Deportes de Riazor  e de seguro voltaremos con máis pulo a Coruña.


 IMG_20160117_121119


FINAL IV LIGA FEDERADA ESCOLAR.

A Coruña 16 de xaneiro de 2016

     Ainda non estamos acostumados a escribir 2016, levamos apenas medio mes de ano e chegaba a FINAL da  IV LIGA FEDERADA ESCOLAR.  Foi todo un reto meter a cinco equipos na final que tivo lugar no Pazo dos Deportes de Riazor. Case tanto como a loxística que tivemos que empregar para salvar a xornada de maña e tarde.

A xornada de maña prometía ser longa, as dúas categorías en competición nos saturaron de atletismo. O equipo benxamín feminino pechou a Liga proclamandose Campión Galego. Remataron sumando 168 puntosRESULTADOS BENXAMIN MULLERES 


bENXAMÍN)


Non estabamos repostos aún da primeira victoria cando os alevin másculinos, cheos de envexa, non quiseron ser menos.  Con suma autoridade remataron no primeiro posto, acadando 168.5 puntos. O equipo feminino rematou en 7º posto con 82.5 puntosRESULTADOS ALEVINS


ALEVIN


 

A xornada de maña tamen nos deixaba un novo RECORD GALEGO  da man de Gema Dacosta, a atleta benxamín mellorou o rexistro de lanzamento de peso en pista cuberta (6,10 m). Pois ainda quedaba a xornada de tarde, adicada a categoría infantil. Os homes pecharon o circulo resultando gañadores da Liga, sumando 248.5 puntos. No caso das mulleres acadaron o 6º posto con 170 puntosRESULTADOS INFANTIS

Moi boa participación e tamén  alto nivel para unha Liga que xa esta máis que consolidada na súa cuarta edición, pola nosa parte foi todo un pracer.


GRUPO


COPA DE GALICIA DE CLUBES PISTA CUBERTA

     Este domingo 17 de xaneiro o equipo feminino disputará a COPA DE GALICIA DE CLUBES EN PISTA CUBERTA. A proba desenrolasase en xornada matutina no Pazo dos Deportes de Riazor. Os clubes participantes en categoria feminina son: Adas, Vila de Cangas, Lucus Caixa Rural Galega, Ría Ferrol, Riazor Coruña, Ourense Atletismo, Atletismo Celta e Sociedad Gimnástica de Pontevedra.

O equipo estará composto por Alba Pazos-salto de altura, Ariadna Gil-salto de lonxitude, Paula Martínez-50 m.v., Raquel Villa-Lanzamento de peso,  Noa Rouco-800 m., Noelia Graña-200 m., Ana Fandiño-1500 m., Saray Amoedo-Triple salto, Irene Menéndez-50 m., Martina Paramos-salto de pértega, Aida Amoedo-400 m. María Rodríguez-3000 m.


Lista de Saída


12552635_1005895479448722_346909882499498788_n


TROFEO DE MARCHA CAMPO DE CRIPTANA

     A cadete Valeria Fernández  disputará  o sábado dia 16 na localidade manchega de Campo Criptana  o TROFEO NACIONAL DE MARCHA DE CAMPO CRIPTANA,  sobre un percorrido de 5 kms.

Desprázanse un nutrido grupo de marchadores integrados na Escola de Marcha da Diputación de Pontevedra, Atletismo Cuntis, Escola de Caldas, Vila de Cangas, Comesaña, Friol, Beade, Sekulebedarra Kirol Club, Celta, Lucus, Altletismo Santiago,Millaraio.Compañia de Maria de Santiago,Fontes do Sar e Ria Ferrol.


5225_502650879916895_2516292351140504376_n


PLAN DE VIAXE A CORUÑA.

Esta fin de semán disputarase no Pazo dos Deportes de Riazor a Final da IV Liga Galega Escolar Federada. Na xornada matutina o protagonismo correrá a cargo dos atletas de categoría Benxamín e Alevin, e na vespertina dos atletas Infantis. 

Os Clubes clasificados son:

Benxamin Homes: Club Atletismo Sada, Millaraio, Ourense Atletismo, San Narciso, Asociación Viguesa Atletismo, Sociedad Gimnástica Pontevedra, Coruña Comarca, Fontes do Sar

Benxamin Mulleres: Millaraio, Maderas Barcia Lourenzá, Vila de Cangas, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Ría Ferrol, Marineda, Fontes do Sar, Club Atletismo Sada

Alevin Homes: Ría Ferrol, Franciscanos, Ourense Atletismo, Atletismo A Estrada, Vila de Cangas, Marineda, Riazor, Millaraio

Alevin Mulleres: Fontes do Sar, Ría Ferrol, Atletismo A Estrada, Sociedad Gimnástica Pontevedra, Vila de Cangas, Ourense Atletismo, Franciscanos, Lucus Caixa Rural

Infantil Homes: Millaraio, Marineda, Vila de Cangas, Ourense Atletismo, Coruña Comarca, Club Atletismo Sada, Lucus Caixa Rural, Asociación Viguesa de Atletismo

Infantil Mulleres: Ría Ferrol, Franciscanos, Vila de Cangas, Asociación Viguesa de Atletismo, Maderas Barcía Lourenza, Millaraio, Riazor, Marineda


Vaise dispor do servizo de dous autobuses. Un saíra as 07.30 horas da estación de Cangas e voltará tras competir (IMPORTANTE LEVAR ALGO DE COMER). Achegamos os HORARIOS da maña :

Lista de Saída: Benxamín     Alevín


BenxamínAlevin


 

O segundo autobus partirá de Cangas as 13:30 horas. A categoría Infantil terá o seguinte HORARIO:

Lista de Saída:  Infantil


Infantil


Lembrarlle os que viaxen por conta propia que os atletas deberán confirmar a participación na proba con 45 minutos de antelación. Asimesmo unha vez finalizada a Final dá IV Liga Galega Escolar Federada, procederase a realizar un control de marcas de 50 metros valados, e 50 metros lisos comprendido entre as categorías cadete e veteráns, co seguinte horario

50 valas homes 19,30 horas —           50 valas mulleres 19,40 horas
50 metros lisos 19,50 horas—             50 metros lisos 20.00 horas

CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS POR CLUBES.

Lugo 10 de xaneiro de 2015

     Moi boa participación na categoria Cadete na que estivemos implicados no modulo cuberto de Lugo. E foi todo un acerto estar a cuberto porque o domingo apenas deu tregua, con bastante choiva. As probas do pentatlon comezaron polo 60 metros valados. Ariadna Gil acadou o 2º mellor tempo con 10.28. Irene Menendez rematou en 10.94 e Naiara Villar 12.75. Bo comezo para un pentathlon cadete que sumaba 22 participantes. O concurso do salto de altura ralentizou a xornada, sendo o punto débil das nosas representantes. A lectura positiva é que ainda queda moito por mellorar, e querendo mellorase. 

O concurso de peso realizouse no exterior xunto coa proba dos 600 m.l.  Nesta proba, baixo un diluvio, Ariadna Gil voltou repetir o segundo posto con 1:52,49,  Irene Menendez rematou en 2:12,49 e Naiara Villar en 2:11,15. Previamente realizaron o salto de lonxitude con marcas discretas e sempre con marxe de mellora. Finalmente como equipo non lograron o podio, quedaron preto de cuartas.  De maneira individual acadou a medalla de bronce  Ariadna Gil cun total de 2.388 ptos. Irene Menendez foi 10ª con 2.000 ptos e Naiara Villar rematou no posto 20 con 1471 ptos.  

Vai camiño Lugo de converterse no referente das combinadas na tempada invernal. Xa ten novo lema a cidade…E Pra Combinadas Lugo.


 combi


CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS

     Este domingo 10 de xaneiro vaise disputar no modulo cuberto de Lugo o CAMPIONATO DE GALICIA CLUBES PROBAS COMBINADAS.  Van participar no pentathlon feminino as cadetes Naiara Villar, Irene Menéndez e Ariadna Gil.  A xornada comeza de maña coa proba de 60 metros valados, continuando cos concursos de altura, peso lonxitude. Para rematar na pista exterior competiran nos 600 m.l.


hcombinadaslugo-page-001