Debido as previsións de mal tempo para este domingo 10 de xaneiro decidiuse APRAZAR para o vindeiro 24 de xaneiro. Agardamos contar con máis sorte nesta nova data. Agradecemos a difusión desta nova polo trastorno que puidera supoñer.
"Enerxia de Futuro"
Este vindeiro domingo 10 de xaneiro tera lugar en Meira-Moaña o CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVES. O circuito estara situado no mesmo lugar co ano pasado. A competición dará comezo as 10:30 horas. Os atletas estarán no circuito cunha hora de antelación a súa carreira, é importante nestas probas por EQUIPOS.
Amosamos a UBICACION do circuito:
Este domingo 03 de enero disputarase nas pistas de Balaidos a primeira xornada do CIRCUITO CONCELLO DE VIGO DE ATLETISMO EN PISTA SERIES MUNICIPAIS.
Este é o listado de INSCRITOS e o REGULAMENTO da proba.
Temos o pracer de comunicarvos o nomeamento das persoas que se detallan máis abaixo como candidato/as os premios da GALA DO DEPORTE DE CANGAS – 2015, que vai ter lugar o vindeiro venres, día 15 de xaneiro de 2016, a partires das 20.00 h no Auditorio Municipal do Concello de Cangas.
Mar Chillon.- MELLOR PROMESA FEMENINA
Campiona Galega de Marcha en Ruta (Marín 15.02.2015)
Subcampiona Absoluta de Marcha en Ruta (Marín 15.02.2015)
Compoñente Selección Galega de Marcha (Jumilla 01.03.2015)
Campiona de España coa Selección Galega de Marcha (Jumilla 01.03.2015)
Subcampiona de España de Marcha en Ruta (Jumilla 01.03.2015)
Campiona Galega Marcha en Pista A.L. (Pontevedra 30.05.2015)
Bronce Cto. España Marcha Pista A.L. (Valladolid, 04.07.2015)
Record Galego 10.000Mts Marcha Pista A.L. (Valladolid, 04.07.2015)
Compoñente Selección Galega Absoluta (Gijón, 25.07.2015)
Francisco Rodal.– MELLOR ADESTRADOR
Equipo Feminino Infantil.- MELLOR PROMESA FEMENINO
Record Galego Relevo 4 X 1 Volta P.C. (A Coruña 17.01.2015)
Campionas Galegas III Liga Federada (A Coruña 17.01.2015)
Campionas Galegas Pista A.L. (Riveira, 23.05.2015)
Campionas de España Pista A.L. (Valladolid, 20-21.06.2015)
Record Galego Relevo 5X80 A.L. (Valladolid, 21.06.2015)
Raquel Villa.- MELLOR DEPORTISTA FEMENINA
Campiona Absoluta Peso en P.C. (A Coruña 31.01.2015)
Subcampiona de España de Peso (Valencia 08.03.2015)
Campiona Galega Peso A.L. (A Coruña 07.06.2015)
Campiona Galega Disco A.L. (A Coruña 07.06.2015)
Bronce Galego ABSOLUTO en Pista A.L. (P. de Aguiar 18.07.2015)
CLUB ATLETISMO VILA DE CANGAS.- MELLOR CLUB
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva acolle este domingo 27 de decembro do 2015 unha completa xornada atletica para as categorías Benxamin, Alevín e Infantil. Podedes consultar o REGULAMENTO da proba e tamen o HORARIO. Sorte e moderación co turrón.
Entramos de cheo no nadal. Con tal motivo, imos ter unha actividade a hora de adestrar adaptada as festividades que nos depara o calendario. Para as categorías menores informar que os días 24 e 31 de decembro non adestraremos. Para as categorias maiores, a partir de cadetes, vaise solicitar o adestramento de mañan nas pistas estes dous días (24 e 31). De cara o ano novo tampouco se adestrará o 5 de xaneiro. Aproveitamos tamén para desexarvos unhas moi FELICES FESTAS.
Esta mañan disputouse en Vigo o TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO. As pistas de Balaidos foron testemuña dunha alta participación que implicaba as categorias MINIBENXAMIN ata CADETE. Moi satisfactoria foi a participación dos @marel@s no torneo. Estes foron os RESULTADOS acadados na xornada.
Este vindeiro sábado 19 de decembro vaise celebrar en Vigo o TROFEO SOLIDARIO DE NADAL CELTA ATLETISMO. As pistas de atletismo de Balaidos acolleran esta competición de pista ao aire libre para categorías dende MINIBENXAMIN ata CADETE. De cara a vindeiras probas de Pista Cuberta será unha boa oportunidade para acadar marcas. Para o desprazamento NON se vai habilitar autobus, polo cal precisamos da implicación dos pais e nais.
No tocante a competición @s nen@s poderan apuntarse a unha carreira e un concurso como máximo. No REGULAMENTO podedes consultar outros detalles da proba, como por exemplo a APORTACION SOLIDARIA que se pide efectuen os participantes. Ata o sábado entón.
Vigo, 13 de decembro de 2015
Debe estar conectado para enviar un comentario.