HORARIO PROVINCIAL E INSCRITOS.

Este sábado, día 30 de maio, terá lugar o CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO EN PISTA, evento organizado pola XUNTA DE GALICIA (Servizo Deportes Pontevedra) e a FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO (Comité Xuices Vigo), e que conta coa colaboración do Club Atletismo Vila de Cangas, a Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas.

O evento, que terá lugar no Estadio Municipal de Atletismo, trascorrerá en horario de 10.00/13.30 h, e nel prevese a participación de máis de 400 atletas, achegados dende diferentes puntos da Provincia de Pontevedra.

As categorías que competirán (masculina e feminina) serán: BENXAMÍN (individual + relevos) e ALEVÍN (combinadas).


LISTADO INSCRITOS DEFINITIVO


HORARIOS-page-001


CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL POR EQUIPOS.

Riveira a 23 de maio de 2015.

 

Fantastico día que vivimos na localidade coruñesa de Riveira. Pola mañan os benxamins e alevins. Pola tarde os infantis. Xa vos podedes imaxinar coa cantidade de equipos inscritos como estaban as gradas do Complexo Deportivo da Fieiteira. A verdade que o Campionato tanto de tarde como maña solventouse con celeridade por parte de xuices e organización. Facía tempo que non se «despachaban» as series con tanta velocidade.

En canto os resultados salientar que na suma global dos equipos (feminino e masculino) en BENXAMINS primeiros con 167 ptos, ALEVINS primeiros con 233 ptos e INFANTIS primeiros con 342 ptos.


relevo


O equipo benxamin feminino mellorou o rexistro galego nos relevos 4×50 m.l. parando o crono en 33.79 s. PARABENS por ese novo RECORD GALEGO.

Moitisima participación (entre 11 e 17 equipos por categoria) o cal lle confire un valor engadido o Campionato.

No tocante os podiums o Campionato rematou asi:  

  • Benxamin homes, CAMPIONS GALEGOS (80 puntos)- RESULTADOS
  • Benxamin mulleres, SUBCAMPIONAS GALEGAS (87 puntos)-RESULTADOS
  • Alevin homes, CAMPIONS GALEGOS (128.5 puntos)-RESULTADOS
  • Alevin mulleres, SEXTO POSTO (104.5 puntos)-RESULTADOS
  • Infantil homes, SEPTIMO POSTO (86 puntos)-RESULTADOS
  • Infantil mulleres, CAMPIONAS GALEGAS (256 puntos)-RESULTADOS

IMG_3930


EQUIPO FEMININO A FINAL DE 2ª DIVISION.

Foi publicado pola RFEA o listado provisional dos equipos que poden acudir a FINAL DE CLUBES DE 2ª DIVISION. O listado definitivo esta pendente das reclamacións e renuncias. Pero a boa nova e que por terceiro ano consecutivo a sección feminina do Vila de Cangas acadou posto para a FINAL.  Os puntos obtidos foron 12528partindo en cuarto lugar.

Lembrar que o ano pasado quedaron as portas do ascenso, suben os dous primeiros da FINAL. Moitos PARABENS e agardamos seguir dando  novas coma estas.


20155221864-page-001


PLAN DE VIAXE A RIBEIRA.

O sábado 23 en Ribeira, celebranse os CAMPIONATOS DE GALICIA BENXAMIN, ALEVIN E INFANTIL POR EQUIPOS. En xornada de maña serán os benxamín e alevins. Para esta categorías partirá da Estación de Cangas un autobus as 08.00 horas.  (o autobús voltará ao rematar a xornada de maña)


Mañan


Xa pola tarde serán @s infantís. Para esta categoría saldrá o autobus da  Estación de Cangas as 14.00 horas.


tarde


Para os que non vaian no autobús achegamos a localización do Complexo Deportivo A Fieiteira.



 

CAMPIONATO GALEGO CADETE POR EQUIPOS.

A Coruña 17 de maio de 2015

Celebrabase conxuntamente coa categoría Junior nas pistas da Universidade de A Coruña. Nos cadetes acudiron equipo masculino e feminino. Os homes remataron en cuarto posto sumando 126 ptos., a un só punto do escalón da medalla de bronce. E as mulleres foron quintas, cun total de 175 ptos.

Así sumaron as amarelas:

  • Mª Jesús Corredoira,  15ª 100 m.l.
  • Iria Rodríguez,  11ª 300 m.l. e 7ª lonxitude
  • María Rodríguez,  3ª 600 m.l. e 7ª 100 m.v.
  • Isaura Framil,  10ª 1000 m.l. e 12ª disco
  • Alba Vidal,   3ª 3000 m.l.
  • Ana Fandiño,  4ª pértega e 2ª marcha
  • Saray Amoedo,  2ª lonxitude e 1ª triplo
  • Alba Guimerans,  2ª peso e 3ª martelo
  • Paula Santos,   4ª xavelina

    10402752_348469228674912_7781011733932901364_n


    E así sumaron os amarelos:

  • Adrián Outeiral,   4º lonxitude e 8º 100 m.l.
  • Luis M. Pastoriza,  8º 600 m.l.
  • Martín Pardavila,   9º 1000 m.l.
  • Juan Piñeiro,   10º 1500 m.obs.
  • Manel Iglesias,  2º xavelina e 6º 3000 m.l.
  • Daniel Armada,  1º pértega e 7º 100 m.v.
  • David Lorenzo,  8º 300 m.v. e 9º altura
  • Daniel Calvar,  1º triplo e 3º disco
  • Mauro Maquieira,  4º peso
  • Raúl Barreiro,  1º martelo

    11267491_348469675341534_8949570472429869117_n


CAMPIONATO GALEGO JUNIOR POR EQUIPOS

A Coruña 17 de maio de 2015

As pistas de Elviña na Universidade de A Coruña acolleron o pasado domingo o CAMPIONATO GALEGO JUNIOR POR EQUIPOS, nesta categoría dispoñiamos de representación na sección feminina. A puntuación final do equipo con 124 ptos. serviulle para proclamarse Campionas Galegas, cun bo marxe ata as segundas, que acadaron 99 ptos. Funcionaron moi ben os relevos, cun primeiro posto en 4×100 m.l. e un terceiro en 4×400 m.l. 

A aportación persoal das atletas para o Campionato foi a seguinte:

  • Noelia Graña,  4ª 100 m.l.
  • Estela Crespo,  6ª 200 m.l. 
  • Ana Antepazo,  6ª 400 m.l.
  • Noa Rouco,  2ª 800 m.l.
  • Ines Piñel,  8ª 1500 m.l.
  • Esmeralda Corredoira,  5ª 3000 m.l.
  • Paula Martínez,  2ª 100 m.v.
  • Sara Villar,  6ª 400 m.v.
  • Alexia Vidal,  3ª  altura
  • Martina paramos,  2ª pértega e 3ª triplo
  • Alba Pazos,  3ª lonxitude
  • Raquel Villa,  1ª peso
  • Patricia Torres,  1ª disco
  • Johana Villar, 2ª martelo
  • Talia Prieto, 6ª xavelina
  • Mar Chillón,  2ª marcha


    junior


CAMPIONATO PROVINCIAL XOGADE ALEVIN E COMBINADAS INFANTIL.

Vilagarcia 16 de maio de 2015

Intensa xornada no Complexo deportivo de Fontecarmoa no que se desenvolveu o CAMPIONATO PROVINCIAL ALEVIN-XOGADE máis o CAMPIONATO PROVINCIAL DE PROBAS COMBINADAS INFANTIL. Salientar a ampla participación no Tetrathlon Infantil,  con 34 participantes no feminino e 16 no másculino. O programa discorreu segundo o previsto prolongándose  o peche ata as 14:30 horas. Foron en total 5 medallas de ouro, 3 de prata e 2 de bronceademáis do Campionato e Subcampionato Provincial de Tetrathlon feminino infantil.

No tocante o Campionato Provincial Alevín así remataron @s amarel@s.

  • Eduardo Parcero,  6º 60 m.l., 6º 500 m.l. e 1º relevos (4×60)
  • Daniel Quinteiro,  5º 60 m.l., 9º 500 m.l. e 1º relevos (4×60)
  • Teo Iglesias,  11º 500 m.l. e 6º pelota
  • Pedro Verdeal, 1º lonxitude, 9º altura e 1º relevos (4×60)
  • Denis Fernández,  1º marcha e 5º lonxitude
  • Antón Núñez,  10º lonxitude
  • Carlos Menduiña,  3º pelota e 3º peso
  • Aaron Otero,  1 ºpeso 4º pelota e 1º relevos (4×60)

    DSC00991


  • Iria Nieto,  4ª marcha
  • Sara Mallo,  2ª lonxitude, 4ª 1000 m.l. e 4ª relevos (4×60)
  • Anais Santamaria,  11ª 1000 m.l. e 4ª relevos (4×60)
  • Nerea Nogueira,  1ª marcha, 10ª peso e 4ª relevos (4×60)
  • Angela Fraga, 2ª marcha, 2ª pelota e 4ª relevos (4×60)

    CLASIFICACIONS TETRATHLON:

  • Gabriel Dacosta,  9º (1044 ptos.)
  • Ariadna Gil,  1ª (1874 ptos.)
  • Laura Campos,  2ª (1727 ptos.)
  • Alba Campos,  4ª (1688 ptos.)
  • Lara Fernández,  7ª (1469 ptos.)
  • Ines Villamor, 13 ª (1231 ptos.)
  • Colomba Carballal, 15ª (1210 ptos.)

    IMG_20150516_142311


NOVA WEB ATLETAS VILADECANGAS.

Gracias a colaboración de  Sports Idols, que de seguro coñecedes polo seu formato QueDeportista Esxa podemos presumir dunha nova web www.atletasviladecangas.com onde de maneira sinxela os atletas do Club poderán crear o seu propio dossier deportivo.  Unha vez creado, teran opcións para actualizar as competicións e marcas acadadas. Calquera dúbida sobre o uso da citada paxina web podedes achegala no correo at.viladecangas@gmail.com ou a través das redes sociais do Club. Tamén servira para aloxar, na pestana de EVENTOS, os resultados das  probas organizadas polo Club. Xa sabedes, divulgade a palabra.


IMG_20150514_184306