HORARIO CAMPIONATO GALEGO DE CLUBES (JUNIOR E CADETE)

O CAMPIONATO DE GALICIA DE CLUBES para as categorías JUNIOR e CADETE  vaise a celebrar o vindeiro domingo 17 de maio nas Pistas da Universidade de A Coruña. Estes van ser os CLUBES participantes:

Junior masculino: Coruña Comarca, Marineda, C.A. Santiago, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Lucus Caixa Rural, Riazor, Maristas de Lugo, R.C. Celta, A Silva e Comesaña S.C.
Junior femenino: C.A. Santiago, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Ourense Atletismo, Lucus Caixa Rural, Riazor, Vila de Cangas, Lugo Running, Atletismo Femenino Celta e Comesaña S.C.
Cadete masculino: Coruña Comarca, Comesaña S.C, Marineda, Millaraio, Franciscanos de Lugo, C.A. Cuntis, Maristas de Lugo, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Vila de Cangas, Ría Ferrol, AVA e C.A.Narón.
Cadete femenino: Coruña Comarca, Marineda, Millaraio, C..A. Cuntis, Comesaña S.C., Franciscanos de Lugo, C.A. Narón, Ria Ferrol, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Ourense Atletismo, Lucus Caixa Rural, Universidad de Santiago, Riazor, AVA, A Silva e Vila de Cangas.

A competición dará comezo as 10’15 horas co seguinte HORARIO:


hc170515-page-001


 

CAMPIONATO PROVINCIAL INFANTIL XOGADE EN PISTA A.L.

Pontevedra a 9 de maio de 2015

 

Despois de catro intensas fases previas, chegaba o CAMPIONATO PROVINCIAL INFANTIL, as 16 mellores marcas por proba tiñan representación nas pistas do CGTD de Pontevedra. De Cangas partiu un autobus cargado de amarel@s, como máximo podían participar en tres probas máis os relevos (4×80). O tempo estivo estable e mesmo saíu o sol.  Acadaronse unhas marcas moi respetables e un total de 27 medallas, a falta de computar o 500 m.l. feminino nos  RESULTADOS oficiaís. Foron 11 de ouro, 9 de prata e 7 de bronce. Queda por confirmar o 2º posto no 500 m.l. feminino, acadado por Alba Campos.

Por atletas os RESULTADOS femininos foron os seguintes

  • Ariadna Gil,  1ª 220 m.v., 1ª lonxitude, 1ª triplo salto e 1ª en relevos (4×80)
  • Irene Menéndez,  3ª 150 m.l., 5ª altura e 5ª lonxitude
  • Valeria Rodríguez,  1ª peso, 1ª martelo e 4ª 1000 m.l.
  • Ana Piñeiro  1ª marcha e 7ª xavelina
  • Valeria Fernández  2ª marcha
  • Ines Villamor,  2ª 150 m.l., 6ª 80 m.v., 6ª lonxitude e 1ª en relevos (4×80)
  • Alba Campos,  1ª 80 m.v.,2ª 500 m.l., 4ª peso e 1ª en relevos (4×80)
  • Laura Campos,  3ª 80 m.l., 2ª 80 m.v., 1ª xavelina e 1ª en relevos (4×80)
  • María Rial,  7ª 80 m.l. e 8ª en triplo
  • Sandra Souto,  12ª 80 m.l., 8ª en 80 m.v. e 5ª en triplo.
  • Colomba Carballal,  7ª 150 m.l. e 7ª altura.
  • Lara Fernández,  1ª altura, 2ª pertega e 3ª 80 m.v.
  • Naiara Villar,   9ª 80 m.v., 12ª 220 m.v. e 11ª altura.
  • Sabela López,  6ª triplo, 9ª lonxitude e 10 80 m.v.
  • Veronica Núñez,  2ª altura e 3ª en pértega
  • Alba Pardavila,  11ª lonxitude
  • Ainoa Santos,  2ª disco, 3ª peso e 4ª en martelo.
  • Laura Valladares, 5ª xavelina

    DSC00902


 No tocante os homes, así remataron:

  • Gabriel Dacosta,  8º 150 m.l., 4º altura, 3º lonxitude e 4º relevos (4X80)
  • Lope Quinteiro,  1 ºpeso, 2º 500 m.l., 3º xavelina e 4º relevos (4×80)
  • Martiño Núñez,   6º xavelina, 7º peso e 10º 500 m.l.
  • Aaron Domínguez,  3º 1000 mts obs, 5º triplo, 12º lonxitude e 4º relevos (4×80)
  • Adrián Pastoriza,  5º 80 m.v., 5º altura, 14ª lonxitude e 4º relevos (4×80)
  • Jesús Guimerans,  1º marcha e 7º triplo.

    DSC00843


CONTROL DE MARCHA EN CANGAS.

O próximo venres dia 15 nas pistas de atletismo de Cangas, celebrarase un control de marcha en pista co seguinte horario e probas :


19:30   1000 m marcha BENXAMIN mixto
19:45    2000 m marcha ALEVIN  mixta
20:05   3000 m marcha INFANTIL mixto e CADETE  feminino
20:30   5000 m marcha C/Jv/Jr/PÁX./S mixto


DSC00842


 

XXI XORNADA DE ATLETISMO BASE

Cangas 8 de maio de 2015

 

Xa contamos a XXI Xornada de atletismo base, como bo día de maio fixo un pouco de todo,  sol, chuvia e vento. Agradecer a todos os participantes a súa presenza, o xogo limpo e agardamos poder contar con vos en vindeiras edicións. Este ano puxemos en marcha unha plataforma para poder ollar e seguir os resultados on line, debido a problemas coa conexión non chegou a funcionar pero si que esperamos aprender destes erros. No seguinte enlace podedes consultar os resultados por probashttp://atletasviladecangas.com/eventos.aspx.


DSC00652


No tocante a Clasificación FINAL, unha vez sumadas as tres mellores marcas, foron.


MINIBENXAMIN HOMES: 1º David Entenza- 2º Oscar Otero- 3º Alexandre Rial


MINIBENXAMIN MULLERES: 1ª Naira Pérez- 2ª Lua Piñeiro- 3ª Emma Rial


BENXAMIN HOMES: 1º Pablo Pereira- 2º Carlos López- 3ºDiego Martínez


BENXAMIN MULLERES: 1ª Adriana Rial-  2ª Gema Dacosta- 3ª Agata Rodríguez


ALEVIN HOMES: 1º Pedro Verdeal- 2º Eduardo Parcero- 3º Jacobo Díaz


ALEVIN MULLERES:  1ª Sara Mallo- 2ª Amira Pérez – 3ª Angela Fraga


DSC00813


REUNION TECNICA CON RAMON CID.

Trasladamos información da FGA, a través da súa delegación en Vigo.

Os adestradores e atletas que desexen acudir á reunión técnica sobre o tema Problemática das competicións de saltos atléticos nas categorías menores, con Ramón Cid, director técnico da RFEA, deben facer a inscrición comunicando o seu nome a esta delegación no correo:  vigofga@gmail.com.

Esta reunión terá lugar no Ximnasio Saúde & Deporte (Rúa Manuel de Castro 7, preto do Estadio de Atletismo de Balaídos) este sábado 9, ás 11:00.


www.thewangconnection.com_images_atletismo_ramon-cid-atletismo


XI TROFEO VILA DE CANGAS DE ATLETISMO.

Cangas, 03 de maio de 2015

Unha das primeiras competicións de Pista ao Aire Libre da tempada tivo lugar na nosa localidade. Foron probas para todas as categorias, cada un na súa distancia, e tamén xuntos nos diferentes concursos. A categoría benxamín podía competir nos 50 e 500 m.l. cos seguintes RESULTADOS para @s amarel@s.  O seguinte escalón, os alevíns, que disputaron o 60 m.l. máis os 500 m.l. tamén contaron con Sara Mallo na lonxitude. RESULTADOS.


11174904_960036367354532_2166455543880875028_n


Para a categoría infantil xa entraban en xogo máis probas ademáis dos 80 m.l. en velocidade e 1000 m.l. en fondo. Neste caso foron os concursos de pertega, xavelina, lonxitude etc. No caso dos lanzamentos os concursos foron separados polos pesos correspondentes a cada categoría. Na altura, lonxitude e pértega competiron os nen@s que tiñan a marca mínima, de feito na lonxitude feminina resultou vencedora unha infantil do noso Club Ariadna Gil. RESULTADOS

Os cadetes xa nos deleitaban con distancias olímpicas, coma os 100 m.l., tamén disputaron os 1000 m.l. e os distintos concursos. No relevo 4×100 participaron Saray Amoedo e María Rodríguez, acadando os seguintes RESULTADOS 


10394566_960036020687900_3887262557798198801_n


 Os derradeiros resultados son para as categorías  xuvenil, junior, promesa, senior e veteranosRESULTADOS.  

O   trofeo a mellor marca segundo táboas IAAF en categoría masculina foi para Miguel Carajaville e na feminina para Solange Pereira.