MARIA JESUS GESTIDO GAÑA A VIG-BAY.

Vigo, 22 de marzo de 2015

 

María Jesús Gestido gañou este domingo a media maratón que sae dende a praia de Samil ata a localidade de Baiona. Cun tempo final de 1.18.14 foi a primeira muller en cruzar a meta. Co nivel mediático que acadou esta carreira,  con 5500 persoas na liña de saida, imaxinamos que supora unha boa inxección de moral para María Jesús. Moitos parabens e gracias por ser o mellor espello para a nosa canteira.

 EAD_0276

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE PISTA CUBERTA.

Sabadell, 22 de marzo de 2015

 

Moi boa actuación no concurso de triple salto para Saray Amoedo. No derradeiro salto consolidou unha participación notable. Estamos falando dun mellor salto de 11.42, a medalla de bronce estivo nos 11.43. Saray Amoedo foi cuarta no Campionato de España e quedou a 4 cms. do record galego que posue Ana Peleteiro con 11.46. Partía para a competición cunha marca de 10.97 e volta coa mellora de medio metro. Enorme Campionato e moitos parabens de todos os que te seguimos.

IMG-20150322-WA0001

CRITERIUM RFEA DE MARCHA ATLETICA.

Este vindeiro domingo 22 de marzo de 2015 celebrarase en Renteria o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE 20 KM. MARCHA ABSOLUTO E PROMESA. Paralelo o citado Campionato vaise disputar un Criterium de Marcha Atlética. Nesta proba imos ter representación de catro atletas do Vila de Cangas. Na categoría Alevín másculino Denis Fernández competira nos 2 kilómetros. En Infantil feminimo Ana Piñeiro e Valería Fernández faran o percorrido de 3 kilómetros. Esmeralda Corredoira completará o circuito de 10 kilómetros reservado para a categoría Junior. Moita sorte para todos eles e seguro que van amosar as suas dotes entre o mellorciño da Marcha Atlética nacional. 

 marcha20km_G

SARAY AMOEDO VIAXA A SABADELL.

A vixente Campiona Galega de triple salto en Pista Cuberta, Saray Amoedo,  participará esta fin de semana no CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE DE PISTA CUBERTA.  A final do triplo feminino esta prevista para o domingo 22 as 12:30 horas.  Confiamos na solvencia de Saray Amoedo, quen xa participou o ano pasado no Campionato Nacional. Sorte na viaxe e disfruta da competición.

IMG_20150317_174701

II FASE ZONAL INFANTIL XOGADE PISTA AIRE LIBRE.

Vigo 14 de marzo de 2015.

 

Boa mañan de sol, con vento do norte que facia moi recomendable evitar a sombra. » E menos mal que non chovia» foi unha frase moi recurrida polos asistentes a xornada atlética. No tocante a competición, suliñar que na categoría infantil poden realizar nas xornadas previas ata tres probas por atleta, máis neste caso, que tamen houbo relevo, pois algun/unha foi para casa con catro probas o longo da mañan.

Nos 80 m.l. Daniel Iglesias  foi 3º na súa serie cun tempo de 13.15. Lope Quinteiro  impusose nos 500 m.l. cunha importante marca de 1:26.80, Daniel Iglesias  acadou o posto 12º na mesma proba con  1:48.19. Martiño Nuñez  aumentaba a distancia da carreira ata os 1000 m.l. parando o crono en 4:02.52, posto 8º. Aaron Dominguez  competiu nos 100 mts. obstaculos (con ria), e mollouse, foi 2º con 3:54.15. Adrian Pastoriza  Gabriel Dacosta  participaron no concurso de salto de altura e acadaron a mesma marca 1.30, quedando os dous no 5º posto.

O salto de lonxitude contou con Adrian Pastoriza ,Gabriel Dacosta que tamén empataron cun mellor salto de 3.76, Aaron Dominguez  saltou 3.63 e Daniel Iglesias  2.67.

Aaron Domínguez foi o único representante no triplo, e foi 3º con 8.37. Na xavelina repetiu primeiro posto Lope Quinteiro, lanzando ata 22.59, Gabriel Dacosta foi 6º con 15.84, Adrian Pastoriza Martiño Nuñez, foron 10º e 11º con 13.90 e 13.01 respectivamente.

Lope Quinteiro acadou o triplete co lanzamento de peso, 8.88 foi a súa marca. Martiño Nuñez fixo 2º con 6.55.

Remataron a xornada os homes co relevo 4X80. O equipo composto por Adrían, Lope, Aaron e Gabriel conseguiu o 2º posto cun tempo de 49.12.

Retomamos a xornada coas mulleres. Equipo infantil feminino no que destaca o seu número. A calidade tamén, de feito deu para facer dous equipos de relevos 4X80, unhas do ano 2002 que acadaron o 1º posto con 44.91 e outras do ano 2003 que foron segundas con 47.15.

Estes foron os RESULTADOS das mulleres:

  • Ines Villamor                  1ª 80  m.l. (serie), 4ª 80 m.v.(serie), 3ª lonxitude  e 1ª relevos.
  • Colomba Carballal         5ª 80  m.l. (serie), 3ª altura, 11ª lonxitude e 2ª relevos.
  • María Rial                        5ª 500 m.l. (serie), 7ª triplo, 17ª lonxitude e 2ª relevos.
  • Sandra Souto                  2ª 80  m.l (serie), 5ª 80 m.v. (serie) e 8ª triplo.
  • Sabela López                  2ª 80  m.l (serie), 9º 500 m.l. (serie), 6ª lonxitude e 2ª relevos
  • Ana Piñeiro                     1ª marcha e 13ª lonxitude e 12ª xavelina.
  • Laura Campos                1ª 80 m.v.(serie), 5ª peso, 7ª xavelina  e 1ª relevos.
  • Alba Campos                  1ª 150 m.l. (serie), 1ª 80 m.v. (serie), 6ª xavelina e 1ª relevos.
  • Verónica Núñez              1ª 80  m.l (serie ), 1ª altura e 6ª 1000 m.l.
  • Lara Fernández               2ª 80 m.v. (serie), 6ª peso e 2ª pértega.
  • Irene Menéndez              2ª 80  m.l (serie), 2ª altura e 2ª lonxitude.
  • Ariadna Gil                      1ª 220 m.v., 1ª Triplo, 5ª 1000 m.l.  e 1ª relevos
  • Valeria Rodríguez           1ª peso, 1ª martelo e 7ª 1000 m.l.,
  • Naiara Villar                     2ª 220 m.v. (serie), 7ª altura e 9ª xavelina.
  • Valeria Fernández           4ª 500 m.l. (serie) e 5ª xavelina
  • Ainoa Santos                   3ª martelo, 4ª peso e 2ª relevos
  • Ines Pardavila                 11ª 1000m.l.
  • Laura Valladares              2ª xavelina.

11065933_934051266619709_4386954927268441359_n

NOA ROUCO ACUDE AO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE PISTA CUBERTA.

Este vindeiro fin de semana, 14 e 15 de marzo, vaise disputar en San Sebastian o CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL DE PISTA CUBERTA. Na proba de 400 m.l. femininos contaremos coa presenza de Noa Rouco Baqueiro, quen acadou a mínima para o Campionato o pasado 11 de xaneiro de 2015 en Vigo. Parte cunha marca de 59.96 s. Pode ser unha boa ocasión para mellorar esta marca. Esperemos que así sexa e moito animo neste longo desprazamento.

11034286_818917418156505_1694957467614067429_n

RAQUEL VILLA SUBCAMPIONA DE ESPAÑA DE PESO.

As esperanzas estaban postas na nosa especialista en lanzamento de peso, e non defraudou.  Raquel Villa disputou este sábado 07 de marzo o CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR EN PISTA CUBERTA, acadando o Subcampionato de España cun mellor lanzamento de 12.14. Dende o Club queremos mandarlle unha forte aperta e esperamos disfrute de este e vindeiros logros. Moitos Parabens Raquel.

11038156_817582531623327_9036084664613925563_o