RAQUEL VILLA ACUDE AO CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR

Nesta fin de semana disputarase en Valencia no Palau Velódrom LLuís Puig o CAMPIONATO DE ESPAÑA JUNIOR EN PISTA CUBERTA, entre a representación galega contaremos coa presenza da nosa especialista en lanzamento de peso, Raquel Villa. Esperemos disfrute do Campionato e tamén, de paso, do ambiente festivo das fallas. Moita sorte Raquel.

 Raquel_Villa,_junio_2008

CAMPIONATO DE GALICIA DE LANZAMENTOS LONGOS

Cangas 01 de marzo de 2015

 

Todo un privilexio para a localidade de Cangas poder contar cun CAMPIONATO DE GALICIA DE LANZAMENTOS LONGOS. Non acompañou o tempo, co cal non puidemos disfrutar de grandes marcas, pero si da épica do atletismo. Na sección masculina non tiñamos representación, sendo Patricia Torres 4ª en lanzamento de disco, cunha mellor marca de 26.62 mts. Laura Meira acadou o subcampionato galego en xavelina con 35.54 mts.

RESULTADOS

11041746_324228331099002_2546093176403315284_n

Foi unha xornada, dividida entre a maña e a tarde, na que deu tempo de rendir unha homenaxe a Solange Pereira, reciente Campiona de España de 1500 m.l. Parte da nosa canteira foi participe deste sentido acto. Sorte que teñen de ter a Solange como espello e referente.

 10995696_324227194432449_4275104010647681847_n

CAMPIONATO DE GALICIA DE PISTA CUBERTA DE VETERANS

A Coruña 1 de marzo de 2015

 

Primeiro de marzo, día chuvioso dos que aburren. Os veterans, son iso,  veterans e tocoulles a pista cuberta, neste caso por caprichos do calendario. O resto das citas Xogade Infantil e Lanzamentos Longos foron unha loita constante contra os elementos.

Deixando de lado a chuvia,  no Campionato contábamos coa presenza de Belén Lemat, que entre duatlons e triatlons fixo un oco na axenda. Participou na final de 50 m.l. e acadou o 6º posto da súa categoría. Nos 400 m.l. sumou unha medalla de bronce, rematando a xornada proclamándose Campiona Galega en 800 m.l.  Envidiamos a vitalidade desta ilustre veterana, noraboa Belén.

1505645_975368675825064_4966601909763403568_n

MAR CHILLON CAMPIONA DE ESPAÑA COA SELECCIÓN GALEGA

A localidade murciana de Jumilla acollía o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS JUNIOR E CADETE DE MARCHA EN RUTA. Na proba da categoría junior participaba Mar Chillón como compoñente da selección galega, quedando en 2º lugar cun tempo de 52:03 nos 10 kms. Este gran esforzo foi recompensado coa medalla de Ouro para o combinado galego. Gran labor de equipo que colocou a marcha galega nun merecido primeiro posto.

10410776_825092394194913_6181575898833667600_n (1)

CAMPIONATO DE GALICIA CADETE EN PISTA CUBERTA

A Coruña, 28 de febreiro de 2015

 

No Pazo de Deportes de Riazor disputouse o CAMPIONATO DE GALICIA CADETE EN PISTA CUBERTA, dividido en xornadas de maña e tarde. Na primeira parte contamos coa presencia de David Lorenzo nos 300 m.l, quen acadou o quinto mellor tempo das series, non pasou a final por centesimas xa que eran os catro mellores tempos. Adrián Outeiral realizou un concurso de salto de lonxitude moi regular, con todos os saltos por riba dos 5 metros, iso valeulle para obter a medalla de bronce, cun mellor salto de 5.27.  Dani Calvar e Raúl Prieto participaron no lanzamento de peso, acadando o 9º e 11º posto repectivamente. David Lorenzo reapareceu nos 50 metros valados, acadando o Subcampionato Galego nun final superaxustado co Campión. Voltaría o podio de pértega como Campión Galego acompañado de Dani Calvar, en 2º posto, Daniel Armada foi 5º neste concurso. Notase a hiperactividade nos atletas das combinadas, Dani Calvar facia un 4º posto en triplo.

1613914_10203908800267831_1216138303323268086_n

As mulleres estaban representadas por Saray Amoedo, no salto de lonxitude foise ata os 4.79 mts. conseguindo a medalla de bronce. En Triplo quedou Campiona Galega cun mellor salto de 10.65. Alba Guimerans foi 6ª en peso cun lanzamento de 7.84 mts. María Rodríguez non pasou da semifinal dos 50 m.v. quedando 5ª na súa serie. No computo global do Campionato foron 6 medallas, duas de cada color para os nos@s amarel@s. Moitos parabens para eles.

11046308_10203908800827845_358563459493601553_n

GALA ANUAL DO ATLETISMO GALEGO 2013/14.

Hoxe, a partir das 19:30 horas, vai ter lugar no Auditorio da Casa da Cultura do Concello de Sada a GALA ANUAL DO ATLETISMO GALEGO 2013/14. Alí estaremos presentes, neste caso sera o adestrador de fondo Alvaro Prieto Fervenza.  Ten que recoller un premio como MELLOR CLUB DE CATEGORIAS INFERIORES, outro para Mar Chillón e Noa García como compoñentes da SELECCION GALEGA DE MARCHA e por último MELLOR ATLETA JUNIOR DE PESO para Pablo Castro.  Noraboa por estes premios en nome do CLUB. E tamén dar as gracias pola parte que nos toca.

LISTA DE PREMIADOS

Agardemos que Alvaro teña sitio  no coche, xa que vai acompañar a Solange Pereira, que tamén esta premiada en varias categorías. Moitos parabens para ela e GRACIAS a todos os que formades parte do CLUB, este premio tamén e voso.

GALA ANUAL DO ATLETISMO GALEGO(2)

MAR CHILLÓN COMPOÑENTE SELECCIÓN GALEGA DE MARCHA

Este vindeiro domingo 01 de marzo disputase en Jumilla (Murcia) o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS JUNIOR E CADETE DE MARCHA EN RUTA. Para tal evento foi seleccionada a atleta Mar Chillón Camaño, quen acudirá cos colores do combinado galego. Tamén participará invitada Esmeralda Corredoira. Moita sorte e boa viaxe.

 1-de-marzo-jumilla