CAMPIONATO ESPAÑA XUNIOR 2014

Castellon 5-6 de xullo de 2014

No Campionato de España Xunior tiñamos un valor seguro, moito máis co IBEX 35, e por suposto non defraudou. Pablo Castro acadou o Subcampionato de España en lanzamento de Peso, para elo non tuvo máis que batir  o record galego cun lanzamento de 15,89 m. Claro que isto non foi froito da casualidade, case que perdemos a conta dos records que foi acadando Pablo esta tempada. Gran recompensa para un gran traballo.

Na categoría femenina foi Raquel Villa a nosa representante en lanzamento de peso. Foi 5ª cun mellor lanzamento de 11,84. Ainda contamos con Mar Chillon quen participou en 10 km marcha, acadando o 5º posto cun tempo de 53:02,17 e Aida Amoedo que non puido pasar a final dos 400 m.l. quedando 7ª na  semifinal. Nada que engadir a estes sacrificados atletas que levan o nome do Club por toda España, sodes grandes.

CAMPIONATO ESPAÑA PROMESA 2014

Durango 5-6 de xullo de 2014

 

Mes de Xullo e dan comenzó os Campionatos nacionais. Gran ledicia o poder contar con representantes a este nivel. Neste caso imos relatar o paso do noso especialista en combinadas Angel Menduiña. As probas do decathlon disputabanse o longo das dúas xornadas, nelas Angel conseguiu un meritorio 7º posto no Campionato cun total de 5781 puntos. Acadou as seguintes marcas nas probas 11,83 s nos 100 m.l; 6,23 m. en lonxitude; 9,83 m. no peso; 1,74 no salto de altura; 53,20 s en 400 m.l.; 17,26 s  110 m.v.;  30,62 m no lanzamento de disco; 3,70 m no salto de pertega; 41,20 m na xabalina e para rematar 4:42, 37 nos 1500 m.l. Parabens para Angel polo nivel acadado nesta dura disciplina.

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

Convocase a tódolos socios/as a Asamblea xeral ordinaria que terá lugar no salón de plenos do Concello de Cangas o vindeiro día 12 de xullo de 2014 as 18:00 horas en primeira convocatoria e as 18:30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte ORDE DO DIA:

– Lectura e aprobación (si procede) da acta da Asamblea anterior.

– Resumo dos resultados da tempada 2013/14.

– Lectura e aprobación do estado de contas.

– Ampliación da xunta directiva.

– Rogos e preguntas.

 

VIAXE AQUAPARK CERCEDA

O viaxe o Aquapark de Cerceda será o vindeiro venres 18 de xullo. Para apuntarse teredes que falar con Mari ou Calvar para concretar o prezo, e xa máis preto da data o horario do autobús. Agora a esperar que faga bo tempo.

Con respeto a Cea de Fin de Tempada aclarar que o prezo para os atletas destacados será de 5 euros. Tamén os que foran acudir deberán avisar antes do día 9 de xullo (14h.).

CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE 2014

Huelva 28-29 de xuño de 2014.

 

Para o Campionato de España Cadete clasificouse Saray Amoedo, xa vai sendo normal que esta cadete de primeiro ano acuda en representación do Vila os eventos nacionais. Lembrar que en maio xa nos representou co equipo galego en Valladolid.  Na súa especialidade, o triplo, competiu este pasado día 28 de xuño en Huelva acadando un mellor salto de 10,79 m. que lle valeu para obter o 10º posto.

PECHE DE TEMPADA 2013/14

O vindeiro sábado dia 12 de xullo tera lugar no Salon de Plenos do Concello de Cangas a partir das 17:00 horas o acto de peche de tempada do Club de Atletismo Vila de Cangas.  Para tal evento están invitados todolos socios e simpatizantes. No mesmo premiarase os atletas destacados cun agasallo. Despois de esta homenaxe os atletas realizarase una Xunta Xeral na que están convocados todolos socios.

Gran parte da tarde estará ocupada co acto anterior, pero para a noite deixamos a Cea de fin de tempada. A mesma esta previsto se faga no Restaurante O Cañizo de Nerga, a partir das 22:00 horas. O menú da cea estará composto por uns entrantes de empanada, croquetas e tortilla.  Un plato de peixe, raia en caldeirada e outro de carne, xamón asado con patacas.  Postre, Bebida e Café. O precio por persoa serán 15 euros. Para confirmar  asistencia a través do correo at.viladecangas@gmail.com ou no teléfono 639558276 (Oscar). Para os que vós preguntedes a data do Aquapark, esta ainda por definir, será posterior o peche de tempada e posiblemente un venres.

I CAMPIONATO DE ESPAÑA INFANTIL

Alcobendas, 21 e 22 de xuño de 2014.

 

Xa facía uns meses que se viña xestando este Campionato, nos preguntaran sí o noso Club estaría interesado en participar para ir vendo a viabilidade deste proxecto. A resposta por parte do Vila de Cangas foi positiva, máis no derradeiro intre tivemos que prescindir do equipo infantil másculino, xa que o número de integrantes non garantizaba a participación. Estamos falando do primeiro Campionato a nivel nacional, e dicir que todo era novidoso, o regulamento para a clasificación detallaba que cada atleta disputaría una proba de carreira (80m.l., 80 m.v., 1000 m.l. ou 3000 m. marcha) e outra técnica (lonxitude, altura, xavalina ou peso).  De Galicia fomos seleccionados xunto co Franciscanos de Lugo, serían oito atletas as que formarían o equipo e cada proba sería disputaba por duas atletas de cada club.

As fechas para o Campionato non coincidían mal, recen rematado o curso escolar esta viaxe a Alcobendas se intuia como o agasallo perfecto para o peche da tempada. Claro esta que despoís chegadas alí afloraron os nervios, e as rivaís parecían xigantes. A primeira xornada estaba reservada para as carreiras, Ines Villamor foi quen se estreou nos 80 m.l. cun tempo de 11:65, mellorando a súa marca. Non ía ser doado, con esa marca non pasaba a final. Laura Campos foi a outra infantil que disputaba os 80m.l. cun tempo de 11.62, tampouco pasaba a final, pero si sumaban os primeiros puntos para o equipo. Era o tempo dos 1000 m.l. donde Isaura Framil rematou a súa quenda cun tempo de 3:37.39, na seguinte foi Ariadna Gil que remataba con 3:33.08.  Alabama Huertes rematou a serie de 80 m.v. con 17.47 e María Rodríguez en 14.77, os tempos para o pase a final estaban por debaixo dos 14 segundos. Puidera ser que os 3000 metros da marcha, con esa calor, fora a proba máis sufrida da tarde,  estivemos representados por Valería Fernández con 18:13.44 e Irene Menéndez 19:49.01.   Remataba a primeira xornada e o equipo estaba no posto 19º.

 De mañan comenzou a segunda xornada reservada para as probas técnicas. Valeria Fernández e Irene Menéndez participaban no salto de altura con 1,18 e 1,10 sumaron puntos para o equipo. Na Xavalina lanzaron Isaura Framil e labama Huertes, 22,30 a primeira e 14,78 a sua compañeira. O salto de lonxitude serviulle a Ariadana Gil con 4,68 para mellorar marca, na outra quenda Ines Villamor saltou 3,77.  O lanzamento de peso daba peche os concursos,  Laura Campos chegou os 7,11 e María Rodríguez rexistrou un mellor lanzamento de 5,32. Para rematar a xornada e tamén o Campionato estaba prevista a proba do relevo 5X80, una boa carreira por parte do nosos relevo que remataron primerias da súa serie cun tempo de 56:37. Este foi o empuxón que fixo acadar o posto 17 no computo final do Campionato. Esperemos voltar o ano que ven, boa organización e mellor experiencia para estas categorías.

 

CAMPIONATO GALEGO XUVENIL-XUNIOR E PROMESA PISTA AIRE LIBRE.

A Coruña, 21 de xuño de 2014

 

Recen estreado o verán, «case» sen agobios de exames, selectividades e demáis obstáculos propios destas edades, parece que fixeron mellorar o rendimento dos nosos atletas. Magnificos resultados no Galego cun total de 27 medallas entre as tres categorías, non esperábamos menos pero recoñecemos o esforzó e dedicación. Na sección masculina en categoría Xuvenil foi Oscar Broullon o único representante acadando o 1º posto en peso e 4º en disco. Na categoría de xunior Alvaro Lorenzo foi 12º en 200 m.l. e Pedro Acuña 5º en 400 m.l. Pablo Castro foi 1º en Peso e 2º en disco, bateu o record galego de peso cun lanzamento de 15,77, nada que engadir a traxectoria de Pablo, únicamente a conta atrás para o vindeiro record.

En Promesa foi Angel Menduiña quen en duas probas aportou dous metáis, ouro en altura e prata en lonxitude. Outro valor seguro.

Mención especial teñen as mulleres, xa que en categoría Xuvenil e Xunior acadaron o resto das medallas, un total de 22 medallas. Vaia xeración, non teño palabras.  A verdade e que nos teñen mal acostumados.

Pola categoría Xuvenil foron Noelia Graña 2ª 100 m.l. e 3ª altura; Estela Crespo 3ª 200 m.l.; Noa Rouco 2ª 400 m.l.; Noemi Crespo 2ª 3000 m.l.; Iria Piedras 1ª 3000 m.obst.; Paula Martínez 2ª 100 m.v.; Sara Villar 4ª 400 m.v.; Alexia Vidal 2ª altura e 2ª lonxitude; Patricia Torres 2ª peso e 2ª disco; Carla Bernárdez 4ª peso e 5ª disco; Laura Meira 1ª xavalina i Esmeralda Corredoira 3ª marcha.

En Xunior Aida Amoedo foi 1ª 100 m.l., 2ª 400 m.l. e 3ª 200m.l.; Mª Jesús Novo 2ª 400 m.v. e 3ª 100 m.v.; Raquel Villa 1ª en peso e 1ª en disco; Talia Garcia 3ª peso e 4ª disco, Mar Chillón foi Campiona Galega de Marcha.

Penso que o entrenador estará contento, non hai dubida. Parabens e disfrutade do verán.

 

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO AIRE LIBRE

Pontevedra 15 de xuño de 2014

 

O Campionato absoluto para homes e mulleres disputabase durante todala xornada do sábado nas pistas do CGTD de Pontevedra. Os nosos representantes en homes foron tres, Pablo Castro foi subcampeón galego de peso e 7º en lanzamento de disco, Maikel Portela 9º en 1500 m.l. e Pedro Acuña 7º en 400 m.l. Si ben a categoría de mulleres foi a máis numerosa, moi en forma tralo paso pola final de 2º división nacional.  Noelia Graña foi quen de  chegar a final dos 100 m.l. e acadou o 8º posto na mesma, salientar que se bateu o record galego da distancia na final. Ana antepazo non pudo pasar da semifinal en 200 m.l. pero si foi 8ª na final dos 400 m.l. A que si acadou praza para a final de 200 m.l. foi Estela Crespo que quedou 6ª.  Marina Caballero refrendou o seu estado de forma cun magnifico 5º posto na final dos 1500 m.l.

Paula Martínez foi 6ª nos 100 m.v. e Mª Jesús Novo repetiu posto en 400 m.v.. Alexía Vidal acadou o subcampionato galego en altura e foi 4ª en lonxitude. A cadete Saray Amoedo foi 5ª na final de triplo cun salto cercano os once metros.

Raquel Villa acadou o subcampionato galego en peso e Talia Garcia foi 5ª en disco, obtendo medalla de bronce Laura Meira en xavalina.

Nos relevos de 4X100 foron cuartas, o cal non desanimou o outro relevo o de 4X400 que fixo o mellor tempo de todalas participantes proclamándose Campionas Galegas. Esmeralda Corredoria pechou a xornada cun 12ª posto na marcha.

Para un club de canteira como o Vila De Cangas e unha satisfación chegar a un Campionato absoluto e obter estes resultados. Noraboa a todos eles polo seu esforzo e perseverancia.