CAMPIONATO GALEGO DE CLUBES-BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL.

Santiago a 14 de xuño de 2014.

O pasado sábado disputouse no estadio Universitario de Santiago o Campionato Galego de Clubes para as categorías menores. Presentábamos equipo en todalas categorías, e dicir seis, e cinco acadaron podio.  Os Campionatos por equipos son una autentica festa para os nenos/as, neste caso este esforzo de grupo viuse recompensado coa medalla de bronce para os benxamins homes, os alevins homes campions galegos e as mulleres subcampionas. Os infantis foron campions galegos en homes e mulleres. Meritorio 6º posto para as benxamins mulleres. Pouco máis se pode dicir de estas xeracións, non se esgotan os ciclos. As infantis mulleres refrendaron coa victoria a sua participación no I Campionato de España, para o cal xa estaban clasificadas, pero antes quiseron gañar na capital galega. Moita sorte en Alcobendas o vindeiro 21 e 22 de xuño.

 

 

RESULTADOS:

BENXAMIN MULLERES   (6ª clasificado)

Katia Fervenza                  1ª marcha

Carmen Fraga                    7ª 50 m.l.

Agata Rodríguez                7ª 500 m.l.

Ines Bernárdez                  11ª 1000 m.l.

Daniela Pérez                    10ª lonxitude

Nerea Nogueira                 3ª peso

Relevos 4x 50                    6ª

BENXAMIN HOMES  (3º clasificado) Seguir leyendo

Final do Campionato de España Clubes 2ª Division.

Elche 8 de xuño de 2014

 

Segundo ano consecutivo que o equipo femenino logra a disputa da final do Campionato de España de Clubes de 2ª división.  Parece que a experiencia do ano pasado foi  asimilada polas atletas, aportando esta tempada un plus de confianza que se viu reflexado no estadillo final de equipos clasificados. O vila de Cangas partía en segunda posición, dos oito que participarían finalmente. Os deberes estaban feitos pero sempre existe algunha dificultade engadida, neste caso foron  xurdindo en tanto en canto se foron coñecendo as sedes da final.  Elche foi a cidade designada para a organización da final, porque máis lexos non había. Os dous primeiros clubes clasificados eran de Xixón e o Vila, os demaís pertencían o chamado arco mediterraneo, e dicir que Elche tiña seis clubes a favor.

As matemáticas non erran, a balanza decantouse pola cidade alicantina.  O viaxe xa se planificou con saida o sábado, competición o domingo e volta despois de rematar, creo que foron 13 horas de autobús de ida e outras tantas de volta.

Chegado o día da final alí nos atopamos cun equipo xovén, que pouco distaba do presentado o ano anterior,  salvo en confianza. O Obxetivo do ascenso non se consegui por medio punto, finalmente foron terceiras. Que os organizadores da final foran segundos foi froito do esforzo pero non da casualidade, xa se sabe que cando un xoga en casa…pasan cousas do cuarto milenio. Facendo extensiva esta reflexión o noso equipo, creo que non nos vai facer falla organizar a final en Cangas para ascender, sólo botar una ollada os resultados e para estar moi, moi optimistas. O mellor reflexo do que alí aconteceu foi a hora da entrega dos premios, as nosas atletas non subiron o podio, non eran terceiras moralmente eran segundas polo que decidiron facelo así, a súa maneira.

Deixando de lado a «competición indirecta», a xornada do domingo comenzou con resultados que facían que o equipo mantivese a esperanza intacta do ascenso ata a derradeira proba. En resumo fai un ano fomos a probar na final e este ano xa nos convertimos nun rival a ter en conta para o ascenso. Parabens e a terceira vai a vencida.

 

 

RESULTADOS:

Mar Chillón             1ª marcha

Noelia Graña           2ª 100 m.l.

Estela Crespo           5ª 200 m.l.

Aida Amoedo           4ª 400 m.l.

Noa Rouco                5ª 800 m.l

Marina Caballero    2ª 1500 m.l Seguir leyendo

CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN, ALEVIN E INFANTIL EN PISTA A.L.

Vigo 07 de xuño de 2014.

 

Xornada maratoniana nas pistas de Balaidos, pola maña competían os benxamins e alevins e xa de tarde eran os infantis. As dezaseis mellores marcas de Galicia estaban citadas en Vigo para disputar o Campionato Galego da sua categoría en pista ao aire libre. Non prometía ser una xornada de sol e moscas, pero tampouco chegou a chover todo o que estaba anunciado. Foi un dia desapacible, non moi acorde coa data que marca o calendario, pero como di o refrán «se chove pola Asunción, chove un dia sí e outro non».  Pois entre que agardamos polo verán os nosos atletas nos agasallaron cun «feixe» de medallas e para guinda un par de records galegos.  Na marcha caeron ambolos rexitros, a culpa para Denis Fernández que fixo novo record galego en 1 km marcha en pista, e tamén Ana Piñeiro acadou outro record na mesma disciplina pero na distancia de 2 km. En total sumaron 20 medallas, das que os protagonistas foron Gabriel Dacosta 1º lonxitude e 2º altura, Teo Iglesias 1º en marcha,  Carlos Pérez 1º xabalina e 2º disco,  Alba Guimerans 1ª martelo,  Lope Quinteiro 2º peso, Colomba Carballal 2ª altura, Ainoa Santos 2ª peso,  Raul Barreiro 2º en peso e martelo, Valeria Rodríguez 2ª peso e martelo, Adrián Pastoriza  3º lonxitude,  Mauro Maquieira 3º peso,  Ariadna Gil 3ª triple salto,  Nuria Villa 3ª peso e Valeria Fernández 3ª marcha.

Estaba claro que xa era un logro o poder acudir o Campionato,  froito tamen de entrenamento e constancia.  O vindeiro sábado 14 de xuño en Santiago están citadas as mesmas categorías por equipos, polo cal creo que me van a facer escribir bastante, ali nos vemos.

 

 

RESULTADOS:

BENXAMINS:

Denis Fernández                1º marcha e 9º altura          Katia González       5ª marcha e 6ª peso

Daniel Quinteiro                 11º 500 m.l.

Anton Núñez                        14º lonxitude

Brais Cortegoso                   17º lonxitude Seguir leyendo

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR BENXAMIN-PROBAS COMBINADAS ALEVIN.

Vilagarcia 31 de maio de 2014.

 

Para rematar o mes de maio tiñamos cita coa proba do programa Xogade para os benxamíns. Este Campionato Provincial poñia fin os disputados para estas categorías escolares. Como ven sendo costume esta tempada, viña acompañado de Probas Combinadas para os alevíns.  No tocante as probas foron en xornada de maña e o Club obtivo un total de 13 medallas repartidas da seguinte forma; Carlos Menduiña foi 1º en peso, Denis Fernández 1º en Marcha, Colomba Carballal 1ª en probas combinadas e o equipo benxamín homes sumou o 1º posto no relevo de 4X50 m.l. Acadaron medalla de plata Carlos Menduiña en pelota, Gabriel Dacosta en probas combinadas, Yoel Curro en lonxitude e Sabela López en probas combinadas. As medallas de bronce foron para Daniel Quinteiro en 500 m.l, Katia González en marcha e peso, Eloy Domínguez en pelota e o equipo benxamín femenino no relevo de 4X50 m.l.

Solo queda engadir que rematados os provinciais entramos de cheo no mes de xuño con Campionatos Galegos para as Categorías menores  e como novidade este ano o campionato de España infantil, casi nada, vemonos.

RESULTADOS:

BENXAMIN MULLERES (3ª RELEVOS 4×50)

Katia González           3º peso e 3ª marcha

Carmen Fraga             12ª 50 m.l.

Agata Rodríguez          8ª 500 m.l. e 7ª lonxitude Seguir leyendo

CAMPIONATO GALEGO PROBAS COMBINADAS

Pontevedra 24-25 de maio de 2014

 

Comenzaba en xornada de tarde o sábado 24 de maio nas pistas do CGTD de Pontevedra o Campionato Galego de Probas Combinadas, que abrangue dende a categoría cadete ata os veterans. Polo Vila de Cangas tivemos dous atletas,  habituais nas probas Combinadas, Dani Calvar que acadou o primeiro posto en Cadete  con 3064 ptos. e Angel Menduiña, quen finalizou con 5521 ptos, resultando segundo en Absoluta.  Parabens por este novos logros de estos dous xovenes atletas.

Resultados Octathlon Cadete:

Dani Calvar: 100 m.l.  13,00; Peso    8,83;  Altura   1,41;  Disco  30,18; 100 m.v.    20,33;  Pertiga   2,52; Xavalina   22,55;  1000 m.l.   3,04,34;   MARCA 3064 ptos.

Resultados Decathlon Absoluto:

Angel Menduiña: 100 m.l.  11,97; lonxitude  5,78; Peso   9,47;  altura   1,71;  400 m.l.   53,62;  110 m.v.   17,70; Disco 30,56;  Pertiga  3,73; Xavalina  40,01; 1500 m.l.  4,43,83; MARCA  5521 ptos.

 

Campionato Provincial Escolar Alevin- Combinadas Infantil

Pontevedra 24 de maio de 2014

 

Pontevedra era o epicentro esta fin de seman da actividade atlética nas categorías menores. De mañan nas pistas  do CGTD disputabase o Campionato Provincial do Programa Xogade para a categoría Alevín, paralelamente unhas probas combinadas para a categoría infantil. Xa en xornada de tarde no mismo esceario as combinadas de cadete ata absoluto. O groso da participación centrabase nos alevíns. Podían disputar ata duas probas o longo da mañan ademáis dos relevos 4X60 m.l. Nesta derradeira probas a verdade e que se luciron, acadando o primeiro posto en ambalas categorías, os homes cun tempo de 37′ 62» eas mulleres con 38′ 25». Pero iso foi a guinda do pastel, en total o campionato aportou 23 medallas maís outra acadada nas combinadas infantis . Os alevíns subiron en dez ocasións o primeiro peldaño, oito o segundo e catro o terceiro. Que ninguen se sorprenda estes nenos entrenan duro.

As probas combinadas para os infantis eran catro,  peso, lonxitude,  80 metros lisos e valados. Participaron 4 mulleres e un home, Ariadna Gil acadou o terceiro posto  cunha puntuación de 1332 ptos. moi preto da segunda. Xusto despois de cuarta quedou María Rodríguez con 1174 ptos.. Laura Campos foi 6ª con 1123 ptos e Ines Villamor 9ª con 1011 ptos. Juan Piñeiro foi 6º con 1153 ptos.

 

RESULTADOS:

ALEVIN MULLERES:  (1ª en relevo 4X60)

Ana Piñeiro                   1ª marcha e 6ª pelota

Alba Pardavila              1ª lonx.  e 11ª altura

Sabela López                 2ª lonx. e 8ª 60 m.l.

Sara Mallo                     2ª 1000 m.l. e 4ª lonx. Seguir leyendo

CAMPIONATO GALEGO CADETE 2014

Vilagarcia 17-05-2014

 

Así como en Cangas fixo calor o día das letras galegas en Vilagarcia non foi menos. Suliñar que o vento  tamen foi protagonista e chegou a invalidar algunas marcas de velocidade ou de concursos de salto. Non foron moitos os representantes do Vila neste autonómico pero si efectivos. Se conseguiron tres podios Juan Gregorio foi 2º en xavalina, David Lorenzo foi 3º en pértega e Saray Amoedo proclamouse Campiona Galega de triple salto. Este triunfo dalle opción a Saray de participar no Campionato de España por autonomías que se disputará o ultimo fin de semana de maio en Valladolid.

 

RESULTADOS:

HOMES:

Manel Iglesias       4º xavalina e 9º 3000 m.l.

David Lorenzo       3º pértiga

Daniel Armada      5º pértiga

Juan Gregorio        2º xavalina- 5º peso  e 4º disco

Martín Pérez          4º peso e 5º martelo Seguir leyendo

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR 2014-INFANTIL

Cangas 17 de maio de 2014

 

Este ano o Provincial de Atletismo en Pista do programa Xogade elexía Cangas para disputar a final provincial.Como novidade  tamén se engadian os relevos 4X80. O sábado coincidía coa celebración do día das letras galegas e fixo una temperatura que rondou os trinta grados. Cando se di que fai un sol de xustiza e verdade porque faí o mesmo sol para todos os que corren, non fai distincions.  Bromas aparte, tivo que ser duro tendo en conta que houbo nenos que fixeron tres probas e o relevo. Con ese sol convertiuse en algo épico. 23 nenos obitiveron marca para alguna proba neste Campionato. O saldo final de medallas acadadas foi de un total de 22 medallas, 5 de ouro, 9 de prata e 8 de bronce. En canto os relevos as mulleres foron subcampionas e os homes quedaron cuartos.

 

 

 

 

 

RESULTADOS:

INFANTIL HOMES ( 4×80 RELEVOS 4º)

Aaron Domínguez         4º triplo-5º 3000 m.l. – 9º lonxitude e 4º relevos

Jesús Guimerans          3º marcha e 9º altura

Carlos Pérez                   1º xavalina e 3º disco

Raúl Barreiro               2º peso- 2º martelo e 5º disco

Mauro Maquieira        3º xavalina- 3º peso e 6º disco Seguir leyendo

CAMPIONATO GALEGO CLUBES-XUNIOR E CADETE

O Barco de Valdeorras 10/05/2014

 

Según contan o madrugón foi bo, arredor das sete da maña, sábado temperatura fresca pero levadeira. En fin,  con madrugar non chegaba. Quedaba unha longa viaxe ata o extremo oriental de Galicia, e despois alí, unha dura xornada cos mellores Clubes Galegos.  Tiñamos algunha garantía de que o viaxe en balde non era. Por exemplo o núcleo do equipo absoluto femenino esta composto por xuvenís e xuniors e complementado por cadetes. Estamos falando de xente moi xoven que chega a un Campionato Galego absoluto e nos agasalla cun tercer posto.

Seguro que o viaxe de volta se fixo máis levadeiro cos bos resultados acadados. Xunior Mulleres Campionas Galegas, Cadetes Homes Subcampions Galegos e as Cadetes Mulleres en quinta posición, pero podería ser unha cuarta posición si prospera a reclamación conforme non foron sumados debidamente os puntos de Alba Vidal no 3000 m.l., que acabou en primeira posición.

Teñen varios análisis estes resultados, os do entrenador foron 12.807 puntos iaaff. 5 records de club e 2 novas minimas para cto de España.  Os do Club falan de cambiar o eslogan «Enerxia de Futuro» por «Enerxia de Presente». Claro que se lle preguntamos o tesoureiro nos dirá que non van chegar os cartos para tanto viaxe.

En resumo fantástica xeración de atletas que se criaron e formaron no Club. Estes si que sinten a camiseta.

 

 

RESULTADOS CADETES HOMES (2º CLASIFICADO CON 173 PTOS.)

Adrian Outeiral             4º 100 m.l. e 4º lonxitude

Manel Iglesias               2º 3000 m.l. e 5º 300 m.l.

Martín Souto                6º 1000 m.l.

Daniel Armada            2º pértiga e 6º 100 m.v.

David Lorenzo            3º 300 m.v. e 4º altura Seguir leyendo

X TROFEO VILA DE CANGAS DE ATLETISMO EN PISTA

Cangas 03 de maio de 2014.

A ponte de maio foi aproveitada para a disputa o sábado do X Trofeo Vila de Cangas. Por fín se pode decir que luciu o sol. Unha cousa leva a outra, o nivel de participación foi alto. Se pode achacar a alta participación os retrasos nas probas, pero máis ben foi cousa de loxistica. Levase tempo pedindo a Federación, a través dos xuices, o reparto dos dorsais por Clubes.  De ahí viu gran parte do retraso, que houbo que repartilos de manera individual, se a iso lle engadimos alguna modificación no horario. Con isto se trata de explicar a mañan caotica que se viviu nas Pistas de Atletismo de Cangas.

Xa no ámbito deportivo a maña foi todo un éxito, tanto a nivel participativo como tamén nas marcas acadadas. As sempre participativas probas de velocidade na categoría benxamín deron inicio a xornada con 50 m.l.  Para os alevíns a proba de velocidade é de 60 m.l. O resto das probas foron os 150 m.l. para os infantis,  1000 m.l. para as categorías de benxamín a cadete. En canto a categoría absoluta a proba raiña do medio fondo foi gañada polo atleta portugués Helio Gomes cun tempo de 3:54:04. Nos concurso para homes disputouse a pértiga, lonxitude, xabalina, peso e disco. As probas das mulleres sumaron as anteriores os relevos de 4X 80 e 4X100 m.l. a primeira para a categoría infantil. Tamen contamos nos 1500  m.l. con outra ilustre portuguesa, canguesa de adopción, Solange Pereira quen realizou a marca da tempada con 4:17:24. En resumo unha boa competición tanto para grandes coma pequenos, esperemos que perdure no tempo e poida ter continuidade.