XX XORNADAS DE ATLETISMO BASE 2014

Venres 02 de maio de 2014

 

As pistas de atletismo de Cangas tiñan a axenda completa esta ponte festiva. A idea, non era saturar o calendario pero debido o aprazamento das Xornadas de Atletismo Base polo mal tempo que nos acompañou o pasado venres 25 de abril, non quedou outro remedio. Pero para ser xustos,  foi un acerto. Nos esperaba unha tarde primaveral cunhas instalacións para nos solos e moitos e moi bos colaboradores. Os protagonistas, non cabe duda, foron os nenos. Por diante tiñan catro probas, das que puntuaban as tres mellores. Ainda asi houbo empates e algún podio quedouse pequeno. As probas eran de velocidade 50 e 60m.l., salto de lonxitude, lanzamento de peso e carreira de fondo 300 e 500 m.l.

As xornadas cumprían este ano a sua vinte edición.  Botar a vista atrás e pensar cantos nenos e nenas pasaron por elas. Moitos dos nenos do Club que axudaron no desenrolo das probas competían o día seguinte no X Trofeo Vila de Cangas de atletismo en pista. Todo un luxo, en dúas xornadas, contar con todalas categorías do atletismo competindo nas Pistas de Verín.

 

 

 

CLASIFICACIONS: Seguir leyendo

CAMPIONATO DE CLUBS EN PISTA O AIRE LIBRE

Sábado 26 Abril, Lugo

E novamente o equipo feminino do Vila volve subir o podio, como xa fixera en pista cuberta, pois quedaron terceiras, demostrando unha vez máis que é un equipo que hai que ter en conta.

A este gran logro hai que sumarlle outro, ¡ POR FIN TEMOS EQUIPO MASCULINO! o que non ocorría dende hai un tempo e estamos moi contentos. Os rapaces do Vila quedaron 8º, detrás dos penúltimos, e xa están traballando en novas estratexias para mellorar, como recordar que a entrega de relevo faise na mesma rúa para que non os descalifiquen.

Dende logo foi un gran día. Comezaron o campionato con dúas probas de mulleres, marcha e martelo e unha de homes, triple. E comezamos cun susto, Mar Chillón lesionouse e inda así foi terceira, Johana foi 4ª.  Pero o equipo mantívose nos primeiros postos toda la mañá. Laura Meira, a nova incorporación do equipo, foi segunda en xavelina como tamén o foi Alexia Vidal en altura o lograr saltar 1.55 m.

María Novo e Aida Amoedo seguen entrenando a pesar de estudiar  moi lonxe de aquí e demostrárono nos 400 m. Os de María foron valados e foi 6ª e os de  Aida lisos e foi 4ª, pola tarde faría os 200 m.l.  e repetiría posto. Noelia Graña fixo uns magníficos 100 m.l. quedando 2ª. Saray Amoedo foi 5ª en triple, sendo a máis pequena de todas, cun salto de 10.82 m.

Nos 1500 m.l. participou a máis veterana do equipo,  Marina Caballero, quen está nunha magnífica forma física como o demostrou o ser 4ª. Iria Piedras foi a encargada de facer os 3000 m. obstáculos,  foi  5ª sen mollarse demasiado na ría.

O equipo dos homes, empezaba a competir co máis pequeno do equipo, Dani Calvar en triple e quedandoi 8º. Ángel Menduiña foi 6º nos 400 m.v. e pola tarde en lonxitude 4º. Juanma Novo participou en 2 probas e rematou en ambas no mesmo posto ,7º, pola mañá en xavelina e pola tarde en 110 m.v. Gerson Martinez foi 7º nos emocionantes  100 m.l.    En pértega Álvaro Lorenzo foi 6º .Pablo Castro en peso conseguiu o mellor posto para o equipo, 3º. Pola tarde lanzou o disco e foi 4º. Os 1500 correunos  Maikel Portela sendo 6º. Pedro Acuña foi 7º nos 400 m.l. Os 3000 obstáculos correunos e saltounos Rodrigo Bermúez sendo 8º e obtendo unha nova marca para el.

O peche da xornada da mañá foi o relevo  dos 4×100 m.l. o equipo femenino composto por Paula-Noelia G-Sara-Alexia foron 3ª e o masculino 4º, no que participaron Cesar-Vicente-Gerson-Yago

A xornada de tarde comezou cos homes, en martelo o máis veterán do equipo, Carlos Bernardez foi 7º como tamén o foi  Ángel Ferrari en 3000 m.l.Foron 8º Pablo Cortizo en 800 ml e David Lorenzo en altura. Era un dos cadetes e o máis baixiño dos saltadores, e non pudo practicar moito antes da proba pola esaxerada altura a que puxeron o listón.

Cesar A. González correu os 200 m.l. sendo 6º. Andrés Obenza, outro dos pequenos do equipo, aceptou facer a marcha a pesar de non competir en esa disciplina esta tempada. Tivo a mala sorte de ser descalificado.

O equipo femenino pola tarde comenzou con pértega  a cargo de Martina Paramos, 5ª, e peso  con Raquel Villa quen foi 2ª obtendo outro dos mellores postos do club. Sara Villar foi a encargada de facer os 100 m.v. sendo a 6ª en cruzar a liña de meta. Noa Rouco era a terceira na súa proba, os 800 m.l. Alba Vidal, unha das máis pequenas do equipo foi 6ª nos 3000 m.l.Mónica Cabirta foi a encargada de saltar a lonxitude  sendo a 7ª clasificada. O último concurso foi o disco no que Talía García quedou 4ª mellorando marca.

A última proba desta xornada foron os relevos 4×400. Algúns xa se relamían ó pensar que se podían meter co entrenador, xa que ía participar cos rapaces, sen darse conta que si se pasaban ían pagalo moi caro en futuros entrenos. E por si iso non fora suficiente, descalificaronnos por unha entrega antireglamentaria. Os relevos foron  Pablo-Carlos-Fran-Maikel. O equipo femenino composto por Marina-Ana-María- Mónica foron 4ª.

O broche final para esta xornada foi a subida o podio do equipo das rapazas do Vila no 3º posto. Noraboa campionas! Noraboa a todos, homes e mulleres!

III XORNADA ESCOLAR DE ATLETISMO EN PISTA-INFANTIL.

Pontevedra 26 de abril de 2014

 

Xa nos tocaba a terceira da Fase Xogade de atletismo en pista ao aire libre, antesala do Campionato Provincial para a categoría infantil. Mentres os equipos absolutos se desprazaban a Lugo a disputa do Campionato Galego por Equipos os infantís facían «canteira» en Pontevedra. Tendo en conta a presencia de varios cadetes nos equipos absolutos, non é moi aventurado engadir que algún destes atletas puideran representar o Vila na categoría absoluta para o ano que ven.  O densenrolo da xornada foi idéntico as anteriores, tres probas por atleta. Un total de 22 nen@s do Vila de Cangas o longo da maña buscaron acadar un bo rexistro e poder  clasificarse para o Campionato Provincial. Son moitas as probas na categoría infantil, e tamén  se trata de ir definindo as disciplínas que se lle dan mellor ou que lle gustan máis.  Por certo, non choveu. Iso si había auga por todos lados, os fosos de lonxitude eran autenticas lameiras e a punto estiveron de suspender a proba do salto.

 

 

 

 

RESULTADOS:

Aaron Domínguez          5º 3000 m.l.- 3º triple e  7º lonxitude

Jesús Guimerans            2º marcha-9º triple e  15º altura

Juan Piñeiro                    2º triple-2º 1000 m.l. e  13º altura

Martín Pardavila            4º triple e  9º 150 m.l.

Luis Pastoriza                 2º 80 m.l.-7º triple e  8º 150 m.l.

Carlos Pérez                    1º xabalina-4º disco e  11º 80 m.l. Seguir leyendo

NOVA DATA PARA AS XORNADAS DE ATLETISMO BASE.

Cangas a 25 de abril de 2014.

 

Temos que comunicar que debido o mal tempo que padecemos a tarde do Venres 25 de abril, decidimos entre todos os que nos personamos nas Pistas de Cangas APRAZAR para o vindeiro venres 02 de maio as XX Xornadas de Atletismo Base. Foi una pena pero a tarde non deu tregua. Pedir desculpas polas molestias ocasionadas e animarvos a participar este Venres. Gracias pola comprensión.

CRITERIUM GALEGO DE PROBAS COMBINADAS CADETE ATA SENIOR-CONTROL DE MARCAS

Pontevedra 12 e 13 de abril de 2014.

O Sábado daba comenzo en Pontevedra o Critérium de Probas Combinadas dende Cadetes ata Senior.  Angel Menduiña participou no Decathlon conseguindo un segundo posto cunha puntuación de 5441, parabens para o noso atleta que era o máis xoven dos participantes e tamen primeiro clasificado na súa categoría. Para coller o relevo de Angel xa se esta preparando Dani Calvar, quen na categoría cadete disputou o Octathlon acadando o primeiro posto,  salientar a novidade da pértiga para Dani que afrontou cun salto de 2.27 que o final foi decisivo para a victoria con 2941 puntos.

Engadir que si sábado e domingo foron para as probas combinadas, tamén quedou oco o primeiro día para un Control de Marcas. Nos 200 metros lisos Alvaro Lorenzo acadou un tempo de 25.91. Na proba de 3000 metros lisos participaron Maikel Portela con 9.20 e Angel Ferrari con 9.41. Na sección feminina a representación estaba nos 200 metros lisos con Noelia Graña, Estela Crespo e Ana Antepazo que pararon o crono por este orde en 26.82, 27.19 e 28.59. En resumo a fin de seman de Pontevedra estuvo cargada de probas atléticas, non todo vai ser correr.

FASE CLASIFICATORIA BENXAMIN-ALEVIN EN PISTA – XOGADE

Pontevedra, 05 de abril de 2014

 

Dabamos a benvida o mes de abril coa Fase clasificatoria para as categorias Benxamín e Alevín. Foi unha maña fría e chuviosa con moita afluencia de nenos, certo é que estas son as categorias raiñas cando de participación se fala. Suliñar que na proba de 500 m.l. alevín foron tres quendas. As probas de velocidade seguen sendo as máis participativas, boa elección tendo en conta que a chuvia foi unha constante no desenrolo da xornada.  Xa esta máis preto o Campionato Provincial e agardemos que o tempo nos de unha tregua. Saudos e parabens para os nosos grandes atletas.

 

RESULTADOS:

BENXAMINS:

Katia González              1ª marcha e 2ª peso

Nerea Nogueira           16ª 50 m.l. e 7ª lonx.

Carmen Fraga               13ª 50 m.l.

Agata Rodríguez           7ª 500 m.l. e 6ª lonx.

Carlos Corredoira        10º 1000 m.l e 15º 50 m.l.

Carlos López                   5º 1000 m.l. e 9º lonx.

Yago Juncal                    7º 1000 m.l. e 18º 50 m.l.

Carlos Menduiña           1º peso

Guillermo Alonso          9º peso e 10º 50 m.l. Seguir leyendo

CAMPIONATO DE ESPAÑA XUNIOR PISTA CUBERTA.

San Sebastián 22-23 de marzo de 2014.

 

Na localidade de Donostia disputabase o Campionato de España Xunior de pista Cuberta, os dous representantes de Peso pola nosa Comunidade eran Pablo Castro e Raquel Villa. Pablo acadou a 6ª posición e Raquel a 10ª. Outro logro máis destes dous Campions que se afianzan nas competicións a nivel nacional. Parabens e a seguir asi.

XXVII TROFEO DA RECONQUISTA

Vigo a 30 de marzo de 2014

 

Domingo, cambio de hora, choiva e frio. Todo animaba a quedar na cama. Pero xa o sabedes a vida do atleta e moi sacrificada. A 27ª edición do Trofeo da Reconquista era a cita e as pistas de Balaidos o lugar. A xornada comenzou coa proba dos 100 m.l..Cesar Antonio Gonzalez parou o crono en 12,23 quedando 6º na súa serie, tamén contamos cos cadetes Dani Calvar  13,42, David Lorenzo 14,43 e Daniel Armada 15,14 que se misturaron sen complexos coas outras categorías. Na seguinte proba dos 400 m.l. foi a final B a que contou coa presenza de Cesar Antonio González, Angel Menduiña e Daniel Dasilva, quenes acadaron por esta orde as primeiras posicións con tempos de  54,14, 54,33 e 54,42. Nas outras finais, con tempos máis discretos, participaron Kevin Alvarez e Alejandro Alvarez 4º e 5º na sua final, Diego Pérez e Jorge Castro acadaron o 5º posto nas respectivas finais.

Nos 3000 m.l. tamen se fixeron duás finais, na primeira participou Rodrigo Bermúdez que obtivo un tempo de 10:06 quedando no posto 11, o seu compañeiro Angel Ferrari con 09:48 foi 5º na súa serie. Para a categoría cadete estaba reservada a proba de 300 metros valados, sendo David Lorenzo 1º e Daniel Armada 5º. O cadete Dani Calvar quedou 5º con 5,04 no concurso de Lonxitude Absoluto.

As masiva participación de mulleres nos 100 m.l. obligou a organización a realizar seis finais, como temos poucas mulleres no Vila de Cangas creo que nos vai tocar repasar o abecedario, pois imos aló, na primeira final Noa Rouco e Noelia Graña quedaron 1ª e 2ª separadas por una centesima, Estela Crespo foi 4ª e Paula Martínez 7ª, boa serie en que todas baixaron dos 14 segundos. Alexia Vidal gañou a Final B e Ines Piñel foi 6ª. Na Final C as cadetes Paula Santos foi 6ª e na seguinte Ana Fandiño acadou a 8ª posición. Mª Jesús Corredoira obtivo o 4º lugar na final E.  Para rematar o repaso as finais Saray Amoedo foi 3ª e Martina Paramos 5ª na derradeira Final F.

Ana Antepazo foi 6ª na serie que abria os 400 m.l.  Chegou a proba dos 1500 m.l. e Lucia Piedras obtivo un 12ª posto na final. Nos 3000 m.l. había cinco representantes do Club, Alba Vidal 5ª, Isaura Framil 6ª, Eva Piñel 9ª, Iria Piedras 11ª e  Noemi Crespo 14ª. Maria Jesús Novo Obtivo a victoria nos 400 metros valados. Para rematar faremos mención das que máis se mollaron, claro esta foron os concursos, neste caso en Lonxitude a cadete Saray Amoedo acadou o 2º posto  con 4,66, acompañada de Ines Piñel 6ª, Paula Santos 7ª i Eva Piñel 8ª.  En Lanzamento de disco Nerea Garcia foi 3ª con 17,59.  O lanzamento de martelo foi dominado por Johana Villar quen gañou con 34,52, Abril Fernández 4ª, Andrea Conde 5ª, Sara Núñez 7ª e Ana Fandiño 8ª. En resumo boa mañan de atletismo con boas marcas e ambiente.

 

OFERTA AUTOESCUELA ALI

     Temos a ben informarvos que existe un convenio de colaboración coa Autoescola Ali de Cangas polo cal fan un desconto do 25% na tárifa da teórica dos permisos de coche, moto ou  ciclomotor. Esta oferta é para os socios e atletas do Club Vila de Cangas. Para calquera duda podedes poñervos en contacto cos teléfonos 986161565 ou 603427160.



 

XORNADA PISTA AIRE LIBRE ESCOLAR-INFANTIL

Pontevedra 29 de marzo de 2014

 

Vai avanzando o programa Xogade de Atletismo en Pista ao Aire Libre. Pese a ser Vigo a nosa sede no zonal de Pista tamen Pontevedra nos ofrece proximidade e Xornadas clasificatorias. Ali nos plantamos o sábado pola mañan, no que comenzou sendo una xornada primaveral tornouse co tempo en ceo nubrado e aire frio, bo día para coller un resfriado, dou fe. Como a xornada anterior cada atleta tiña ocasión de probar en tres modalidades, as máis cuantiosas foron a velocidade e o concurso de salto de lonxitude.  De xustiza é de engadir  que de non ser polos clubes do sur da provincia esta xornada estaría algo orfa de participación.  Gran volumen de participación no equipo femenino infantil, iso non é un equipo, é un equipón, un total de 16 mulleres por 6 homes.  O día seguinte aínda houbo algunha que foi a correr o trofeo da Reconquista en Vigo. Xa o dí o refrán «O palleiro non se fai sen palla». Deica a próxima.

 

 

 

 

 

 

RESULTADOS:

HOMES:

Jesús Guimerans           3º marcha-3º triplo-7º altura

Antón Iglesias                1º triplo-3º 220 m.v.-1º 1000 m.v.

Mauro Maquieira          3º disco-2º peso-3º xavalina

Carlos Pérez                   4º disco-11º altura-1º xavalina

Raul Barreiro                 1º martelo-9º 150 m.l.-1º peso Seguir leyendo