CAMPIONATO GALEGO CROSS XOGADE

A Pobra do Caramiñal, 4 de marzo de 2023

    Pechábase o circulo do Campo a Través do programa XOGADE co CAMPIONATO GALEGO que tivo lugar na contorna da Praia de Cabio. Ata a localidade coruñesa achegáronse dous equipos de amarel@s da categoría ALEVIN e dous atletas que de maneira individual correrían na categoría INFANTIL e CADETE.



     O percorrido, con varias zonas de area, foi facenllo mella n@s participantes ata definir os postos de entrada en meta. A carreira feminina ALEVIN proclamou CAMPIOA GALEGA a Lena Curras, seguida por Emma Collazo 10ª, Alba Álvarez, 44ª, Nora Parcero , 49ª, Vera Boubeta, 56ª e Carla Salgado ,58ª. Os 104 puntos sumados polo equipo deronlle o SUBCAMPIONATO GALEGO.



     Os homes da mesma categoria non quiseron ser menos e tamén acadaron o SUBCAMPIONATO por equipos coa suma dos puntos aportados por Ángel Refojos, 4º, Daniel Cordeiro, 9º, Brais Garcia, 45º, Anxo Currás, 58º, e Alejandro Fernández,74º. Nas participacions individuais Miguel Fernández rematou 23º na carreira de INFANTIL e Hugo Collazo entrou no posto 20º na proba CADETE. Parabens pola fabulosa actuación que poñen en valor o traballo de atletas e adestradores.



 

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE MARCHA POR AUTONOMIAS

Cieza, 26 de febreiro de 2023

 

    Ata a localidade murciana de Cieza tivo que desprazarse Diego Garcia para disputar o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 16 DE MARCHA POR FEDERACIONS AUTONOMICAS. Despois da longa  viaxe competiría nun percorrido de 5km no que fixo a su mellor marca persoal, 28 minutos 41 segundos.  Con este tempo entrou na meta no posto 22º. Parabens polo tempo, entrega e determinación.



PLAN DE VIAXE GALEGO XODADE CROSS

        Este vindeiro sábado 4 de marzo vaise disputar no Circuito Praia de Cabio- A Pobra do Caramiñal o CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVES do programa XOGADE. Para esta proba están clasificados os equipos alevín masculino e feminino. Individualmente tamén acudiran Miguel Fernandez e Marcos Rial, ambos infantis e coma cadete Hugo Collazo. Vai sair un autobús da Estación de Cangas as 09:00 horas, este transporte realizará paradas para recoller a atletas doutros clubes.  Achegamos HORARIOS  e planos dos CIRCUITOS.




CAMPIONATO GALEGO SUB 18 DE PISTA CUBERTA

Ourense, 26 de febreiro de 2023

     Para darlle remate ao mes de febreiro chegaba o CAMPIONATO GALEGO SUB 18 DE PISTA CUBERTA. A Pista Cuberta de Expourense permaneceu ocupada pola maña para o adestramento do equipo de relevos 4 X 400 do equipo nacional. Xa de tarde nos quedou un horario moi complicado para facer cadrar as comidas antes ou despois das probas a disputar. O primeiro en sufrir estas impertinencias foi Ibrahim Aga que correu os 60 m.l. cun 7º posto na sua semifinal e  nun par de horas disputaria outra semifinal de 200 m.l. rematando 5º sen progreso a final. Lucia Gil disputou tamén dous concursos, nutrindose algo entremedias, rematando preto do podio cun 4º posto na lonxitude e un 5º posto no triplo, Carmen Fraga calcou estas probas cun 7º posto na lonxitude e un 9º no triplo.



     Diego Martínez obtivo a primeira premiación da tarde cun BRONCE na lonxitude, completando a competición cunha victoria no salto de altura.    Raúl Rial tras 15 voltas a pista rematou 10º nos 3000 m.l..



     Os valados achegaron para Agata Rodríguez unha MMP e tamén o SUBCAMPIONATO GALEGO, cun tempo de 9,22 nos 60 m.v. Na mesma clasificatoria quedouse Noa Piñeiro, sendo 4ª na sua semifinal.  Marta Camaño completou unha xornada de catro carreiras, duas de 60 m.l. e outras duas de 200 m.l., na proba corta mellorou marca e foi 6ª na final. Nos 200 m.l. proclamouse SUBCAMPIOA GALEGA.



     Iris Malvido participou na final do concurso de pértega, acadando o 7º posto e tamén correu os 800 m.l. finalizando 8ª. Nesta distancia tamén participaron, en mulleres, Nerea Malvido, 11º e Sara Nerga, 14ª. En homes Carlos López foi 10º seguido de Sergio Valladares 11º.

     No concurso de lanzamento de peso Gemma Dacosta foi CAMPIOA GALEGA achegando a bola aos 12,71 m.

     Na proba de 400 m.l. masculino participou Carlos Corredoira, 8º e Uxia Sánchez 9ª, Naia Casas 19ª no feminino. En xeral unha notable participación do grupo xuvenil que vai ter continuidade coa participación de Agata e Gemma no Campionato de España de Pista Cuberta.



CAMPIONATO PROVINCIAL CROSS XOGADE

Vigo, 12 de febreiro de 2023

     O parque de Castrelos foi o esceario do CAMPIONATO PROVINCIAL CROSS do programa XOGADE. Para Vigo marchamos, topando un día seco e fresco que estaba acorde ao circuito, para correr e amosar o adestrado neste incomparable marco. As categorías benxamins finalizaban o seu periplo con este Campionato ao non ter posibilidade de disputar o Galego. Ambos equipos acadaron a medalla de BRONCE, destacando Lucia Cancelas coma Campioa Provincial e Adrian Calvar coma Subcampión, excelente maneira de pechar a tempada de Cross.



BENXAMIN MULLERES  (BRONCE 129 puntos)

  • LUCIA CANCELAS, 1ª
  • SOFIA CORRALES, 18ª 
  • MAR FAZANES, 54ª
  • EMMA SALGADO, 56ª

 

BENXAMIN HOMES  (BRONCE 136 puntos)

  • ADRIAN CALVAR, 2º
  • ALEX CARBALLO, 30º
  • HUGO LORENZO, 36 º
  • BREIXO GONZALEZ, 68º
  • XOSE GONZALEZ, 88º


     A categoria alevin acadou un obxetivo, nada sinxelo, clasificou aos dous equipos para o Campionato Galego. As mulleres foron Campioas Provinciais e os homes Subcampions, da mesma forma Lena Curras acadou a victoria e Angel Refojos entrou segundo na meta. Ainda van dar moito que escribir.

ALEVIN MULLERES (CAMPIOAS 42 puntos)

  • LENA CURRAS, 1ª
  • EMMA COLLAZO, 2ª
  • ALBA ALVAREZ, 19ª
  • NORA PARCERO,20ª
  • CARLA SALGADO, 36ª
  • VERA BOUBETA, 43ª
  • ELODIE GRAÑA, 52ª
  • VIOLETA BASCONCELLO, 66ª
  • ISIS MARTINEZ, 84ª
  • VALERIA SUEIRO, 85ª

ALEVIN HOMES (SUBCAMPIONS 83 puntos)

  • ANGEL REFOJOS, 2º
  • DANIEL CORDEIRO, 5º
  • BRAIS GARCIA, 29º
  • SAMUEL CORRALES, 47º
  • ANXO CURRAS, 57º
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, 76º
  • ERIC SANTOS, 77º


     Na categoría infantil as mulleres competiron individualmente ao non acadar o número mínimo para formar equipo, na sección masculina conseguiron a medalla de BRONCE por equipos e progresan ao Galego de forma individual Miguel Fernández e Marcos Rial

INFANTIL  MULLERES

  • NOA LORENZO, 72ª
  • NAHIA PINTOS, 84ª
  • LEIRE FUENTES,91ª

INFANTIL HOMES (BRONCE 58 puntos)

  • MIGUEL FERNANDEZ, 6º
  • MARCOS RIAL, 9º
  • SAUL SANTOS, 21º
  • GABRIEL FAZANES, 22º
  • ROI RIVAS, 57º

    Os cadetes sumaron 59 puntos que os auparon ao 5º posto por equipo, sendo Hugo Collazo o representante no Galego.

CADETE HOMES  ( 59 puntos)

  • HUGO COLLAZO, 6º  
  • BRAIS PINTOS, 25º
  • DIEGO GARCIA, 28º


 

PRESENTACION TEMPADA 2023

Cangas, 11 de febreiro de 2023

     Foi todo un reto topar unha data para facer a PRESENTACION DA TEMPADA 2023.  Voltabamos, por sorte, as vellas costumes de invitar e facer as presentacións no Salon de Plenos do Concello de Cangas. O segundo sábado do mes de febreiro era o día previsto, finalmente foi así. A partir das 17 horas o amarelo foi predominando polos arredores do Concello, había gañas de retomar os protocolos pre-pandemia, ademáis de facer un día fabuloso para xuntarse.



    Sobre as 17:30 deu comezo un acto que contou coa presenza do Deputado Provincial de Deportes, Delegado de Deportes da Xunta, Concelleiro de Deportes do Concello e representantes políticos dos diferentes partidos no Concello de Cangas. Pola parte atlética contamos coa compañía de Raquel Villa, atleta amarela polos catro costados. Non podiamos ter elexido mellor a unha deportista que narrase en primeira persoa o que representa a familia do Vila de Cangas.



     Chegado o momento sacamos as tradicionais fotos, primeiro de toda a famlia no exterior do Concello e seguidamente as instantáneas dos equipos por categorias, xa no Salón de Plenos e cos aplausos arroupando. Todas e cada unha das presentacions teñen algo que as fai especiais, esta será recordada pola volta a socializar, polos bos momentos que se poden ter ao redor dunha comida.

      Os pinchos deron remate ao acto, había que coller forzas para o domingo, o parque de Castrelos agardaba aos atletas no Campionato Provincial Xogade de Cross.



CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

Ames, 5 de febreiro de 2023

     O primeiro domingo de febreiro a localidade coruñesa de Ames acolleu o CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA. Foron participes desta cita Sofia Corrales que disputou na categoria SUB 10, sobre un percorrido de un kilometro, acadando finalmente o 5º posto cun tempo de 6 minutos 54 seguntos. Diego Garcia voltou a Cangas co titulo de CAMPION GALEGO da categoria SUB 16, tras rematar os cinco kilometros nun tempo de 32 minutos e 01 segundos.



CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 PISTA CUBERTA

Antequera, 4 de febreiro de 2023

 

     Por terras malagueñas disputouse o CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 PISTA CUBERTA. Competiu Ariadna Gil no concurso de triple salto, disputou unha final na que foi de menos a máis coa magoa dun último salto nulo. Finalmente foi 9ª cun segundo salto de 11,74, quedou as portas da mellora pero nos quedamos coas boas sensacións na competición que fan previsible unha tempada exitosa.



CAMPIONATO GALEGO SUB 10-SUB12 E SUB 14 DE PISTA CUBERTA

Ourense, 04 de febreiro de 2023

     Chegaba o punto máis álxido da pista cuberta para as categorias menores co CAMPIONATO GALEGO SUB 10-SUB12 E SUB 14 DE PISTA CUBERTA. O esceario non podia ser outro ca pista cuberta de Expourense, na xornada de maña contaría coa presenza das categorias SUB 10 e SUB 12. Probas moi competidas por parte dos benxamins que tiveron premio na medalla de BRONCE acadada por Luca Cao. Na categoría alevin destacar os dobletes conseguidos por Angel Refojos, vencedor na velocidade e subcampión nos 1000 m.l. ademáis de Lena Currás que rematou primeira nos 1000 m.l. e subcampioa na lonxitude. Sabela Miranda venceu no lanzamento de peso i Emma Collazo rematou segunda nos 500 m.l.



SUB 10

  • HUGO LORENZO, 10º 500 m.l.
  • ALEX CARBALLO,  8º 50 m.l. e 4º 500 m.l.
  • LUCA CAO, 3º peso
  • EMMA SALGADO, 8ª lonxitude
  • SOFIA CORRALES, 13ª 1000 m.l.
  • LUCIA CANCELAS, 10ª 50 m.l. e 5ª 500 m.l.
  • DANIELA NOGUEIRA, 8ª peso
  • MAR FAZANES, 10ª peso


SUB 12

  • ANGEL REFOJOS, 1º 60 m.l. e 2º 1000 m.l.
  • BRAIS GARCIA, 17º 1000 m.l.
  • DANIEL CORDEIRO, 6º 500 m.l. e 7º lonxitude
  • ALEJANDRO FERNANDEZ, 4º peso
  • CARLA SALGADO, 13ª 60 m.l.
  • NORA PARCERO, 21ª 1000 m.l. 
  • EMMA COLLAZO, 2ª 500 m.l. e 5ª  lonxitude
  • LENA CURRAS, 1ª 1000 m.l. e 2ª lonxitude
  • ALBA ALVAREZ, 16ª1000 m.l.
  • SABELA MIRANDA, 1ª peso 


     Pola tarde foi o turno da categoría infantil coa presenza de catro atletas que acadaron os seguintes resultados:

SUB 14

  • SAUL SANTOS, 9º  500 m.l.
  • MARCOS RIAL, 7º 1000 m.l. 
  • MIGUEL FERNANDEZ, 10º 2000 m.l. e 10º lonxitude
  • ANTIA SOTO, 5ª 60 m.l. e  5ª triple salto


 

PLAN DE VIAXE PROVINCIAL XOGADE

     O domingo 12 de febreiro está previsto o CAMPIONATO PROVINCIAL do programa XOGADE que vai ter lugar no Parque de Castrelos de Vigo. Os equipos participantes no CAMPIONATO ZONAL celebrado en Moaña acadaron tod@s o pase a competición deste domingo. Están convocad@s tod@s @s atletas das categoria BENXAMIN (2014-1015), ALEVIN (2012-2013), INFANTIL (2010-2011) e CADETE (2008-2009). As 08:30 horas sairá un autobús da estación de Cangas con volta ao remate das probas, Quen faga a viaxe por conta propia terá en conta estar cun MINIMO  dunha hora antes do comezo da sua proba. Achegamos o HORARIO e CIRCUITOS da xornada.