CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN PISTA E CONTROL DE MARCAS

Ribeira, 1 Decembro 2013

Este ano, como o ano pasado, aproveitouse o campionato galego de marcha para facer un control de marcas, para que os atletas tiveran máis oportunidades de mellorar.

Este ano o campionato levounos ata a pista do complexo deportivo de a Fieiteira en Ribeira. A pesar de estar o ceo despexado e haber sol, unha parte das pista, e as gradas, estaban a sombra e notábase o cambio de temperatura, sobre todo porque había un vento un pouquiño desagradable.

As primeiras en competir foron as xuveniles nos 400 m.l. Noa Rouco foi a primeira en chegar e Ainhoa Fernández fíxoo na cuarta posición.

Como sempre a competición de marcha comezou coa distancia máis pequena, 1 km, onde ían dous atletas do noso club e os dous subiron o podio. Denís Fernández proclamouse campión galego nesta distancia e Katia  González a subcampiona.

Nos 2 km foi onde competían máis atletas do club, 6, dos cales a metade subiron o podio. Xa dende o primeiro momento, Ana Piñeiro demostrou que era a campiona, impoñendo un ritmo forte ó que ninguén se lle acercou. Detrás de Ana, e case dous minutos despois, chegou Teo Iglesias obtendo un merecido título de campión galego. Ainoa Santos, que fixo unha magnífica carreira, entrou na cuarta posición feminina. Tras ela, e competindo por primeira vez, entrou Miguel Gallego, quen empezou con bo pé, xa que gañou a medalla de bronce. Lucía Riobó e Mar Guimeráns foron as seguintes en finalizar a carreira.

Nos 3 km infantil-cadete, só tivemos unha participante por cada categoría, e as dúas eran mulleres. Dos 12 marchadores con que participaba o noso club, só 3 eran homes. A primeira en finalizar foi Noa García, é fíxoo na 4ª posición. Valeria Fernández terminou proclamándose subcampiona tras unha boa carreira.

Nos 5 km  hai dúas competicións a vez, a absoluta, onde compiten todas as categorías, de xuvenil para arriba, e a de cada categoría, por iso un atleta pode gañar dúas medallas, o que  fixo Mar Chillón, que novamente proclamouse a campiona da súa categoría e subcampiona absoluta. Esmeralda Corredoira competiu, e moi ben, nos 5km e finalizou 5ª.

II Liga Federada Escolar de Inverno

Lugo a 30 de novembro de 2013.

 

Chegaba a segunda xornada, e final da II Liga Federada Escolar de Inverno. Había que desprazarse a cidade de Lugo para completar os resultados obtidos en Vigo na primeira xornada que se disputou o 9 de novembro. Nesta derradeira xornada as categorías benxamín, alevín e infantil ian a estrear o módulo de pista cuberta anexo o Estadio Gregorio Pérez Rivera, todo un luxo nos tempos que corren. Tamén se usaron as pistas ao aire libre para completar o programa de probas. No aspecto global da clasificación o Vila de Cangas partía como primeiro clasificado cos 772.5 puntos acadados na primeira xornada desputada nas pistas de Balaidos. Presentaba as mellores credenciais pero había que rematar a faena, e para iso fomos a Lugo para rematala. Para poder concurrir a clasificación final era necesaria desputar as duas xornadas, sendo esta por equipos. Como na primeira xornada presentamos equipos en todalas categorías, un total de seis equipos que alternaron as probas no modulo cuberto e nas pistas ao aire libre.   Co comenzo das probas programado para as 11:00 horas era de prever que non comeriamos cedo, máis ben tarde, e así foi. Tras unha mañan fría a beira do miño, preto das 15.30 horas quedou conformada a clasificación final da Liga.

O equipo benxamín de mulleres acadou un meritorio 4º posto,  sendo os homes desta categoría os primeiros en subir o podio proclamandose Subcampions da Liga. Despois de esta primeira vez repetiron todolos demais equipos da seguinte forma: alevín mulleres Campionas,  alevín homes Campions, infantil mulleres Campionas e infantil homes Subcampions.  Parabens para todos eles e engadir que non estaría de máis que no módulo de Lugo se colgase unha praca dicindo  «este modulo foi estreado polos nen@s do Vila de Cangas»…xa por non falar do podio.

 

V Cross Ceip Nazaret

Cangas a 24 de novembro de 2013

 

Precioso día para a practica deportiva e cita tamen co primeiro Cross Escolar da tempada 2013/14.  Esta claro que o día axudou para que a afluencia fora moi importante, nestas categorías influe moito se chove ou non.  Comprendia as idades escolares dende 3 a 12 anos e ven sendo un magnifico trampolín para o inicio dos nenos/as na practica deportiva, como exemplo esta cita no colexio de Nazaret que en cinco edicións xa esta consolidado no calendario escolar da bisbarra do Morrazo. As carreiras tiñan previsto o seu comenzo as 10:00 horas polo barrio de Nazaret con saida dende o Colexio. Por mor de alguns vehículos mas estacionados retrasouse 15 minutos, pero unha vez comenzou foi axiña. As Alevíns mulleres, categoría que no calendario escolar comprende 5º e 6º de primaria, inauguraron a proba precorrendo 800 metros. Acadaron os tres primeiros postos Ariadna Gil, Valeria Fernández e Irene Menéndez, sendo as tres do colexio de Nazaret e tamén compañeiras no Vila de Cangas.  Os Alevíns homes continuaron, co mesmo circuito, obtendo a victoria Aaron Domínguez seguido de Lope Quinteiro ambos do colexio de San Roque, o seu outro compañeiro de adestramentos no Club Gabriel Dacosta obtivo o cuarto posto. en benxamin mulleres acodou o primeiro posto Sara Mallo do cole de Nazaret, tamén de este cole foron en homes o primeiro posto para Denis Fernández e o terceiro de Aaron Otero. En prebenxamins mulleres gañou Ines Bernardez de Nazaret seguida muy de preto polas suas compañeiras do Club Iris Malvido, Gemma Dacosta e Lucia Gil en 3º, 4º e 5º posto, Daniela Perez foi octava, engadir que esta foi a proba mís numerosa con 34 participantes. Na categoria de homes ganou Diego Martínez de San Roque, correndo un total de 31 nenos. Unha vez remataron as categorías maiores a competición deu paso os pitufos, nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos encheron o barrio de Nazaret correndo distancias de 80, 100 e 120 metros salvando o desnivel do acceso o CEIP de Nazaret. Salientar que nas carreiras de 3 e 4 anos venceron os nenos e nenas pertencentes o colexio organizador, se ve que hai canteira, ou a ventaxa de correr en casa. En resumo magnifica maña de atletismo escolar, quen goste de ollar os resultados no seguinte enlace: RESULTADOS

 

 

 

 

CROSS DE NAZARET E BELARMINO ALONSO

O vindeiro fin de semana, en concreto o domingo 24 de novembro, terán lugar dúas probas deportivas:
Por un lado, celebrarase o cross escolar do colexio de Nazaret, destinado ós rapaces de infantil e primaria. O percorrido será por as rúas próximas ó devandito colexio.
Por outro lado, en Vigo, o lado de campo de fútbol “A Xunqueira” – Molinos – S. Andrés de Comesaña, terá lugar o 35º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través. Esta proba empezará ás 10.15 horas cós maiores e continuará durante toda a mañá rematando cós benxamíns.

XL TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS

O Club Atletismo Vila de Cangas, co patrocinio do Ilmo. Concello de Cangas, a Fundación Cangas Deporte e a Deputación de Pontevedra, organizan o XL TROFEO DE PEDESTRISMO, que terá lugar o domingo, día 1 de decembro de 2013.2. As categorías e horarios das carreiras é o seguinte:
– Minibenxamín (2007-08)
– Benxamín (2005-06)
– Alevín (2003-04)
– Infantil (2001-02)
– Cadete (1999-2000)
– Xuvenil / Xunior (1995-96-97-98)
– Promesa / Senior (1994 ata veteráns)
– Veteráns (35 anos en diante)CIRCUITO URBAN DA ALAMEDA VELLA
– 10.00 h: BENXAMÍN 500 m.
– 10.15 h: ALEVÍN 1.000 m.
– 10.30 h: INFANTIL 1.500 m.
– 10.45 h: MINIBENXAMÍNS 250 m.
– 11.00 h: CADETE MULLERES 2.000 m.
– 11.15 h: CADETE HOMES 3.000 m.
– 11.45 h: ENTREGA TROFEOS

CIRCUITO PORTO ALDAN-CASCO URBAN DE CANGAS
– 11:45 h: XUVENIL – JUNIOR (homes e mulleres):
Saída: Porto de Aldán / Meta: Praza de Abastos 6.000 m.
– 11:45 h: PROMESA – SENIOR – VETERÁNS (homes e mulleres):
Saída: Porto de Aldán / 2 voltas circuito urbano / Meta: Praza de Abastos 10.000 m.
– 13.00 h: ENTREGA TROFEOS

3. INSCRIPCIÓNS:
– As inscricións deberán efectuarse antes das 23.30 h do martes 26 de novembro. O coste da
inscripción será de 5 € para os participantes das carreiras absolutas de 6.000 m e 10.000 m que ademáis levarán chip de control de tempos. No resto de categorías, a inscrición é gratuita.
– As inscricións formalizaranse na páxina www.championchipnorte.com
– Non se admitirán inscricións fora das datas previstas para elo.

– As categorías absolutas deberán pagar con tarxeta de crédito habilitada para PAGO SEGURO POR INTERNET, e as menores deben seleccionar a opción de desconto para que non lles sexa cobrada a inscrición. As persoas que seleccionen a casilla de desconto sin que lle corresponda por categoría
serán borradas da inscrición.
– Para Menores sen DNI (só este caso), deberán formalizar a inscrición enviando un mail a fundacion @ cangasdeporte.com nos plazos xerais indicando, nome, apelidos, data completa de nacemento, club (se ten), localidade, provincia, teléfono de contacto.

4. Para facilitar o traslado dos participantes a parroquia de Aldán, porase a disposición deles un servicio de autobuses que sairán da Estación de Autobuses de Cangas ás 10.00 h e 10.15 h, e que terá un importe de 1 € a ingresar coa inscrición.
5. A organización habilitará un vehículo especial no Porto de Aldán para os participantes nas carreiras de 6.000 e 10.000 m., para o traslado das mochilas/bolsas ata a zona de meta en Cangas.
6. Os atletas participaran cos dorsais asignados pola Organización, quedando ven visible a súa publicidade.
7. Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular éste e falsificar datos persoais.
8. Será gañador/a do XL Trofeo de Pedestrismo Ilmo. Concello de Cangas o primeiro/a clasificado/a da proba absoluta dos 10.000 m.
9. Otorgaranse trofeos ós tres primeiros clasificados en tódalas categorías e trofeo o 1º clasificado, masculino e feminino, da carreira absoluta (10.000 m). Asimesmo entregaranse medallas do 4º o 10º clasificado nas categorías minibenxamín / benxamín / alevín e infantil.
10. Na categoría de veteráns, haberá unha única categoría (de 35 anos en adiante).
11. As reclamacións sobre a Competición deberán facelas a organización do evento.
12. O Concello de Cangas, a Fundación Cangas Deporte, o Club Atletismo Vila de Cangas e os seus colaboradores non se fan responsables sobre os posibles danos que con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra modalidade.
13. A inscripción neste XL Trofeo de Pedestrismo Ilmo. Concello de Cangas implica a total aceptación do perceptuado no presente Regulamento.

LIGA ESCOLAR FEDERADA

Empeza a nova tempada. Este fin de semana teremos a primeira proba oficial deste curso. Serán os máis pequenos os que empecen a competir na “Liga Escolar Federada”, na súa primeira fase, nas pistas de Balaidos. A segunda fase terá lugar o trinta deste mesmo mes en Lugo. O programa de probas inclúe 50, 500, 1000, peso, lonxitude e altura para os benxamíns; 60, 500, 1000, peso, lonxitude e altura para os alevíns e 60, 500, 1000, 60mv, peso, lonxitude, altura, pértega e triplo para os infantís.Cada atleta poderá realizar nun máximo de 2 probas por xornada. En cada proba puntuaran dous atletas por entidade aínda que poden participar 1 atleta fora de concurso por parte de cada club.
O Vila de Cangas participa en todas as categorías. Sairá un autobús de Cangas ás 9.30 horas.
Moita sorte a todos.
Podedes consultar aquí o horario:Circular 64-2013

PRESENTACION TEMPADA 2013/14

A xunta directiva do Clube Atletismo Vila de Cangas ten a honra de invitarvos a presentación pública dos seus atletas para a tempada 2013/14.

Feito que terá lugar o vindeiro Sabado 16 de Novembro  ás 17:30 na Sala de Plenos do Concello de  Cangas

A continuación do acto celebrarase unha charla-coloquio.

Puntualizar duas cousas, os atletas estarán as 17:00 horas e este ano tamen celebraremos un pincho coas aportacións de todos os que poidan levar algo.

Saudos a tod@s e esperamos non faltedes.

CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS BENXAMIN-ALEVIN E INFANTIL.

O Barco de Valdeorras 12 de outubro de 2013.

 

Xa no remate da tempada chegaba este importante Campionato das categorias menores. Para o desprazamento houbo que madrugar, tocaba partir desde Cangas as 06’30 horas da mañan.  O Campionato desenrolouse en xornada de maña. Para tal evento o Club presentouse con seis equipos cubrindo todas as categorias. En benxamins mulleres foron tres as valentes que conseguiron un cuarto posto, xa que non puideron competir en relevos, con un total de 13 puntos. O equipo benxamin de homes proclamouse Campión Galego obtendo un total de 29 puntos, quedando primeiros en cinco das seis probas desputadas e conseguindo un tempo de 39’05 nos relevos 4X60.

As alevins mulleres tamen quedaron Campionas Galegas con un saldo de 44 puntos e realizando un relevo de 4X6o  cun magnifico tempo de 35’87. Os homes de esta categoria obtiveron o Subcampionato Galego con 32 puntos, a un só punto do Campión, nos relevos 4X60 quedaron segundos cun tempo de 38’21.

As mulleres da categoria infantil con un total de 4o puntos proclamaronse Subcampionas Galegas, a dous puntos das campionas, foi importe a proba dos relevos que puntuaba dobre e na que obtiveron o segundo posto cun tempo de 46’81 no 4X80. Os Infantís homes con 46 puntos foron Campións Galegos cunha ampla ventaxa sobre os outros equipos,  logrando un tempo de 43’59 no relevo 4X80 e así afianzando o primeiro lugar.

Postos a sumar, tamen se sumaron as puntuacións totales dos equipos. No glogal do Campionato o Vila de Cangas sumou 176 puntos entre todos os seus equipos, obtendo o primeiro posto dos equipos. O final o madrugon valeu a pena.

Resultados:

BENXAMIN MULLERES:

Katia González 2ª Marcha e 4ª 50 m.l.

Sara Mallo    2ª 500 m.l. e 2ª Lonx.

Mar Guimerans  3ª 1000 m.l. e 4ª Peso

 

BENXAMIN HOMES: Seguir leyendo

CAMPIONATO GALEGO DE CLUBS CADETE E XUVENIL-XUNIOR

Lugo, sábado, 14 setembro 2013

Ó non haber moitos equipos inscritos, a organización adaptou os horarios e as probas para que este campionato se fixera nunha única xornada e non todo o día.  Grazas a isto non tivemos que madrugar.  A saída do bus foi sobre as 11 da mañá, para ter tempo de comer e reposar a comida antes da competición.

O Vila de cangas acudiu a proba con dous equipos femininos, un de cada categoría. Tamén participou na proba Pablo Castro pero co Celta, xa que non temos os rapaces suficientes para facer un equipo ou para cubrir as probas que nos permita participar. Isto pasou coas rapazas, os dous equipos non ían completos, as cadetes eran 13 e quedaron 4 probas sen cubrir. As xuvenil-xunior eran 14 e quedaron 5 probas sen cubrir, unha por non chegar a tempo a cámara de chamadas.

O ambiente era moi cordial, mais que unha competición era un reencontro entre amizades. As probas transcorreron con normalidade. O tempo tamén foi bo, xa que non fixo demasiada calor e incluso chegou a poallar en algunhas probas. Unha das probas que teñen máis expectativa son os relevos e as nosas atletas fixérono moi ben. As cadetes  Inés – Paula – Noelia – Martina foron primeiras no 4×100 e   Noa R – Lucía – Ainoa – Eva foron segundas nos 4×300. As xuveniles-xunior Aida- Ainara – María – Iria foron primeiras nos 4×400 e Estela – Sara – Alexia – Carla terceiras nos 4×100.

Nas mulleres había tres equipos en cada categoría, na categoría cadete eliminaron a un por non cubrir o número suficiente de probas, pero non influía no resultado final xa que ía terceiro e había moita diferenza de puntos. O Vila foi segundo con 21 puntos.  Nas xuvenil-xunior fomos terceiras con 31 puntos, a 3 do subcampión. A 2 si se cubrira os 1500 m.l, e seríamos subcampións si se cubriran 4 de esas 5 probas que non se cubriron.

E nisto básanse as probas de equipo, en que todos aportan o seu gran de area. Todos contan, todos son importantes e reforzan o equipo, nunca o olvides.

 

RESULTADOS

EQUIPO CAEDETE: Subcampión galego (21 puntos)

Postos alcanzados na súa proba:

1ª: Noa Rouco -300 m.l. … Paula Martínez – 100 m.v… Noelia Graña – altura … Eva Piñel – triplo salto … Noa García – 3km marcha…relevo 4×100 (Ines – Paula – Noelia – Martina)

Seguir leyendo