SAN MARTINÑO DE BUEU

Este domingo 11 de novembro vense de celebrar en Bueu a XVII Carreira Pedestre San Martiño, II Memorial Paco Cabanillas.
A crise e os recortes parece que van a ser a nota predominante en toda a tempada e os clubs organizadores de probas deportivas vense na obriga de reducir costos. Así nesta primeira carreira da tempada, as categorías agrupáronse máis. Este ano, a partir da categoría xuvenil pasaron a formar todos parte dunha única categoría absoluta, mentres que nos anos anteriores dividíanse nas categorías oficiais.
O noso clube acudiu con un número nutrido de atletas nas distintas categorías, a pesar de que algúns deles participaran no día anterior nunha competición na Coruña.
O día amenceu con moitísimo frío pero sen choiva, para sorte dos atletas.
As primeiras en estrear o circuíto foron as alevíns femininas ás dez da mañá. O horario das demais probas sucedeu segundo o previsto.
Os chupetes recibiron todos unha medalla pola súa participación e ó pódium subiron os 3 primeiros clasificados de cada categoría. Cabe destacar que na gran maioría deles sobresaía a cor amarela do noso clube e en especial na categoría benxamín masculina e cadete feminino onde houbo triplete amarelo.

RESULTADOS:
Alevín homes:
4º Antón Iglesias Vidal
5º Lope Quinteiro Pena
9º Gabriel Dacosta Vizoso Seguir leyendo

I Xornada da Liga Escolar Federada de Atletismo en Pista Cuberta

Coruña, 10-11-2012

Este ano inauguramos formato de competición, para tal evento nos desprazamos ao pavillón de pista cuberta de Riazor. As probas comenzaban as 16.30 horas polo seguinte orde;  500 metros lisos, 1000 metros lisos e salto de altura. As categorias convocadas foron benxamín, alevin e infantil. Para completar a Liga esta prevista unha segunda xornada na localidade de Ourense o vindeiro 1 de decembro. A puntuación total da liga será a suma das duas xornadas e definirá a clasificación por Equipos. Os resultados obtidos nesta primeira xornada fan pensar de maneira optimista para a clasificación final.

Resultados 1ª Xornada

PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Xixón, 22 de setembro de 2012
As atletas cadete feminino do Vila de Cangas viaxaron o pasado Sábado 22 de setembro a Xixón, para competir na Previa de España xunto ao outro equipo galego, Lucus Caixa Rural Galega. Este campionato de España por equipos constaba de 3 previas, unha en Xixón, outra en Motril e a terceira en Barcelona. Soamente pasaban a final os 7 mellores equipos de España entre todas as previas. As atletas canguesas acadaron 9.929 puntos e conseguiron o 5º posto. Varias atletas conseguiron mellorar marca da tempada. A vitoria do Vila de Cangas foi para Johana Villar en martelo (36,14 metros), o segundo posto para Alexia Vidal en altura (1,54 metros) e Esmeralda Corredoira en 3 kilómetros marcha, o tercer posto para Ana Antepazo en 300 metros (46,60), Noelia Graña en triplo salto (9,89) e Carla Bernardez en disco (23,04). Acadaron a cuarta posición Noa Rouco en 600 metros (1:45.59) e Patricia Torres no peso (9.98), o quinto lugar foi para Estela Costas en 100 metros (14,69), Lucía Piedras en 1.500 obstáculos (6:37.49) e para Sara Pastoriza en Xavelina (19.83), o sexto posto lográrono Sofía Rodríguez en 1.000 metros (3:40.68), Julia Alonso en 3.000 metros( 14:34.35), Sara Villar en 300 metros vallas (52.93) e Eva Piñel na lonxitude ( 4.18). Paula Martinez conseguiu a sétima posición en 100 metros vallas tras caer na metade da carreira cunha marca de 20.58. No relevo de 4×100 lograron a sexta posición e no 4×300 un cuarto posto. Ese día era aínda máis especial para Alexia Vidal, que ademais de facer unha gran actuación estaba de aniversario, pero o que ela non sabía era que as súas compañeiras e amigas lle tiñan un agasallo. Ao acabar todas as probas, aos seis primeiros equipos déronlle un trofeo, que o tiña que recoller o adestrador de cada club, e todas as atletas excepto tres foron correndo a xunto Fran para contemplar o trofeo que conseguiran entre todas. Estas tres atletas, Sara Villar, Noa Rouco e Johana Villar subiron para as gradas a coller o agasallo de Alexia. Mentres llo entregaban todas as gradas cantaban “Cumpleaños Feliz”. Estas rapazas de 14 e 15 anos son unhas das máis afortunadas de todo Galicia por participar nun evento de tal importancia co seu equipo. Unha sensación única chea de nervios e satisfación, e… aínda que non pasaran a final, para nos seguen sendo as mellores.

JOHANA VILLAR

FASE PREVIA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA

O equipo feminino cadete do Vila de Cangas viaxará o vindeiro fin de semana ata Gijón para disputar a fase previa do campionato de España.
A fase previa disputarase en tres lugares de España, sendo estes en Barcelona, Motril (Granada) e Gijón. A este último é onde competirán as nosas atletas o 22 de setembro. Xunto coas nosas atletas buscarán un posto para a final outros seis equipos: AD Gijón Atletismo, Txindoki A.T., Beidazábal Atlético, Tolosa C.F., CA Valladolid – U. Va e Lucus Caixa Rural.
Desta fase previa accederán á fase final, que se disputará o 6 de outubro, os sete equipos con mellor puntuación pola táboa IAAF 2008 na fase previa (descontada a peor puntuación). Igualmente estarán na final as vixentes campionas Playas de Castellón.

SUCESO: ADESTRADOR DO VILA DE CANGAS ACOSADO POLAS SÚAS ATLETAS

As atletas do Club Atletismo Vila de Cangas realizaron unha espectacular caza e captura do adestrador Fran Rodal Abal nas pistas de atletismo de O Barco de Valdeorras.
O operativo atlético foi levado a cabo a tardiña do oito de setembro polas atletas da categoría cadete e coa necesaria complicidade das atletas da categoría xuvenil-xunior.
Segundo as fontes ás que tivo acceso esta redacción, é posible que este despregue tivera lugar debido a que F.R.A. sometera durante semanas ás atletas do Vila de Cangas a duros adestramentos en plena tempada estival. Todo isto, xunto con que o campionato galego por equipos cadete e xuvenil-xunior cadrara coas festas de Darbo e que o adestrador mostrara a súa oposición a que as mozas se meteran na “ría” unha vez finalizada a proba para non retrasar o regreso a Cangas,provocou que se xerase este macabro plan.
As acusadas piden que se teña en conta o atenuante de perderse as devanditas festas e o madrugón que se tiveron que dar para chegar ata a outra punta de Galicia a tempo de competir. Igualmente, alegan que a tensión sufrida na competición foi máxima: nun momento ían primeiras; noutro últimas; cambios de última hora nas probas das atletas por non estar clara a circular do regulamento; a descalificación do relevo de 4×100 …
Aproximadamente ás oito da tarde anunciase por megafonía que o Vila de Cangas era campión galego na categoría cadete feminina e medalla de bronce na categoría xuvenil-xunior feminina. A “piña” amarela subiu eufórica ós seus respectivos caixóns e recolleron os trofeos sen que ninguén puidera presaxiar o que se estaba cocendo nesas mentes perversas.
Acto seguido, ante o estupor das atletas que competían por primeira vez có equipo: Laura Vidal, Eva Piñel e Sofía Rodríguez, as amarelas dirixíronse coa celeridade dos 100 m.l. a abordar ó seu adestrador, sen que as súas suplicas serviran para máis que para deixarlle sacar o calzado. Sabía que estaba perdido e sería mellor non resistirse. Foi levado en volandas ata a “ría” onde foi lanzado nunha auga moi mollada.
Estes actos rebeldes poden ter connotacións a nivel nacional, pois o vindeiro 22 de setembro as cadetes irán competir a Gijón no campionato de España.
¡Que Deus colla confesado a Fran e benvidas ás novas atletas!


RESULTADOS:
Xuvenil-xunior:
Noelia Cousiño Camaño: 3º en 100 m.l. e 3ª en pértega
Laura Vidal Paz: 3º en 200 m.l. e 3ª en lonxitude
Aida Amoedo Portabales: 2º nos 400 m.l.
Patricia Abal Herbello: 3º nos 800 m.l.
Iria Piedras Gómez: 3º en 1500 m.l.
Ainara Rodríguez Nogueira: 2º en 3000 m.l.
María Jesús Novo Pardavila: 1ª en 400 m.v. e 3ª en triplo
Ana Bermúdez Méndez: 3ª en obstáculos
Mar Chillón Camaño: 1ª en marcha
Raquel Villa Carracelas: 1ª en peso e 2ª en martelo
Talía García Prieto: 2ª en disco e 2ª en xavelina
Cadete:
Estela Costas Gadón: 2ª en 100 m.l.
Ana Antepazo Regueira: 3ª en 300 m.l.
Noa Rouco Baqueiro: 1ª en 600 m.l.
Julia Alonso Bacelar: 3ª en 3000 m.l.
Paula Martínez Fernández: 3ª en 100 m.v.
Sara Villar Millán: 3ª en 300 m.v.
Lucía Piedras Gómez: 1ª en obstáculos
Esmeralda Corredoira Herbello: 1ª en marcha
Alexia Vidal Martínez: 2ª en altura e 1ª en lonxitude
Eva Piñel Lorenzo: 2ª en triplo
Sofía Rodríguez de la Santísima Trinidad: (lesionouse antes de correr o 1000 m.l.)
Noelia Graña Casas: 2º en pértega
Patricia Torres Ferradás: 1ª en peso
Carla Bernárdez Miranda: 1ª en disco
Sara Pastoriza Vilas: 2ª en xavalina
Johana Villar Parada: 1ª en martelo
2ª en relevos de 4×300 ( Lucía Eva, Estela e Ana) e descalificadas no 4×100

OS MÁIS PEQUENOS VOLVEN A ADESTRAR. COTA DE SOCIOS.

O vindeiro luns 10 de setembro volverán ós adestramentos as categorías menores. Os maiores xa levan uns días adestrándose debido ós campionatos galegos por equipos sinalados para estes sábado día 8 de setembro.
Igualmente, poñemos en coñecemento de todos os socios que xa se pode pagar a cota para a tempada 2012/2013.
Como sabedes, na asemblea da tempada anterior, acordouse que cada ano se lle aplicaría a cota de 50 euros a subida do IPC. Pois ben, no día de hoxe, a subida do IPC interanual que está en vigor é a do mes de xullo, sendo esta dun 2’2%.
Con todo isto, a cota a pagar esta tempada 2012/2013 será de 51’10 €.

CAMPIONATO GALEGO POR EQUIPOS CEDETE E XUVENIL – XUNIOR

O Club Atletismo Vila de Cangas participará o 8 de setembro con un equipo cadete e outro xuvenil-xunior, ambos femininos, no campionato galego destas categorías que se disputará no Barco de Valdeorras.
Xunto có Vila de Cangas , loitarán por subir o podio na categoría cadete os clubs seguintes: Atletismo Morrazo, Riazor Comarca, Cuntis e Lucus.
Na categoría xuvenil-xunior competirán có Vila de Cangas o Celta, o ADAS e o Lucus.
O campionato transcorrerá en xornada de mañá e tarde. Empezará coas probas de marche e martelo pola mañá e rematará pasadas as sete e media da tarde coa proba dos relevos.
Circular 50-2012
Circular 51-2012

NOVA XUNTA DIRECTIVA

Como todos sabedes, no pasado mes de xullo celebráronse eleccións para a presidencia do noso Club. Presentouse unha única candidatura, quedando a directiva que nos representará no próximos catro anos como segue:
PRESIDENTA: MARIA CARMEN PARADA MARTÍNEZ
VICEPRESIDENTA: AMPARO AUGUSTO MAGARIÑOS
SECRETARIO: ÓSCAR GIL
VICESACRETARIO: JOSÉ OBENZA DE SAA
TESOUREIRO: CARLOS BERNÁRDEZ PIÑEIRO
VICETESOUREIRA: EMMA HERBELLO MENDUIÑA
DELEGADOS: ISAURA PARDAVILA ALONSO
ESTHER PRIETO VIDAL
MÓNICA CABIRTA GUTIÉRREZ
VOCAIS: PARTORA FERNANDEZ SOTELO
ELISA RIOS GONZÁLEZ
ANA MARIA MÉNDEZ
MARIA CARMEN SOLIÑO

PILAR RODAS TRONCOSO

JOSE CALVAR VILLAR.

REMATA A ESCOLA DE VERÁN DE ATLETISMO

No día de hoxe, deuse por finalizada a Escola de Atletismo de Verán do 2012. Nela participaron cerca de medio centenar de rapaces que se divertían xogando ó atletismo os martes de xoves de cada semana.
Hoxe a programación foi, si cabe, algo máis lúdica cós demais días e rematou despedindo a estes futuros atletas con agasallos por parte do Club Atletismo Vila de Cangas e un forte aplauso, tanto para eles como para os seus monitores Mónica e Dani.
Agora tomarán un merecido descanso e moitos deles volverán a adestrar o 10 de setembro, data na que volven ós adestramentos as categorías menores a fin de preparar a vindeira tempada 2012/2013.