CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE

Os días 30 de Xuño e 1 de Xullo celebrouse en Castellón o Campionato de España Individual categoría Cadete de Aire libre, no que participaban tres das nosas atletas: Alexia Vidal en salto de altura, Noa Rouco nos 300 metros lisos e Sara Villar nos 100 metros valados.
A primeira en participar foi Noa, que o sábado pola mañá correu a súa semifinal dos 300 metros lisos en 43:24 s. quedando sexta da súa serie e achegándose así a súa mellor marca da tempada.
Pola tarde tocáballe o turno a Sara e Alexia.
Sara abría a actuación do noso equipo pola tarde, correndo a súa eliminatoria dos 100 metros valados, na que quedou octava da súa serie e obtivo unha marca de 17:03 s.
Pouco despois, Alexia iniciaba o salto de altura pasando con facilidade o 1.49, altura na que se quedaba finalmente e que lle levaba a obter unha boa decimosegunda posición na clasificación xeral.
En resumo, unha boa actuación das nosas atletas, noraboa!

CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESA AO AIRE LIBRE

TOLEDO, 21 DE XULLO DE 2012

As altas temperaturas da víspera 40º, tiñanos preocupados pola falta de aclimatación, pero por sorte o sábado non pasaron dos 37º e a noitiña refrescou un pouco o que permitiu unha boa actuación de Rebeca Obenza Otero, no Campionato de España,na proba de 10km marcha, acadou o 5º posto, igualando o posto do ano pasado, a pesar da noite a iluminción da pista era moi boa,
Parece que a Rebeca lle gustan as carreiras nocturnas, ao lograr nesta carreira a súa mellor marca no 10km en pista,56:15:07
A pouco de inciada a proba apagaronse tres das catro torres de iluminacións, o apagon durou apenas uns segundos, o publico quedou na pista hasta o remate da proba. Durante a proba disfrutamos da marca de 8,31m. de Eusebio Caceres en salto de lonxitude, acadada no seu derradeiro intento
Nas primeiras voltas comenzamos a preocuparnos ao ver como as paletas amarelas, avisos de faltas, inundaban a pista, duas atletas descalificadas, e todas as participantes con unha ou duas faltas. No segundo km unhas molesitas no tobillo, fixeron que RBK baixase de ritmo e que o grupo no que estaba acadase metros de ventaxa, a partir do km 5, desapareceron as molestias e pouco a pouco foi recuperando o terreo perdido logrando remontar postos hasta acadar o 5 posto a falta de tres voltas. Os xuices despistaronse un pouco ao contar as voltas.
As compañeiras de expedición do Celta deronlle a RBK o titulo de «Marehadora nocturna»

CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL

Aranjuez, 7-8 xullo 2012

Destacada actuación dos atletas do C. Vila de Cangas na participación do noso clube no Campeonato de España Categoría Xuvenil celebrado este pasado fin de semana en Aranjuez, Madrid.
Na xornada do sábado tarde, con temperaturas entre 30 e 35 graos, magnífico resultado de Aida Amoedo clasificándose para a final do domingo na proba de 400 metros lisos co cuarto mellor tempo das participantes, 58»79 e mellor marca persoal. Tinín Maquieira non puido competir nas semifinais desta mesma proba por unhas molestias nos isquios, que esperamos que non sexan demasiado graves. Nuns intres despois, comezaría a proba de peso masculino, onte o noso atleta Pablo Castro acudía en gran estado de forma, tras igualar fai pouco en Vigo o récord galego da categoría con 16.29m. Finalmente, Pablo conseguiu un meritorio cuarto posto cun mellor lanzamento de 15.88 metros.
Na xornada do domingo pola mañá, ben cedo nos desprazamos á pista. Ás 10.20 daríase á saída aos 5km marcha femininos, onde competiría Mar Chillón, que posuía unha das mellores marcas na proba do ano. O calor xa apretaba ben forte a esas horas. Ao remate da proba, Mar non puido conseguir máis que o bronce cun tempo de 24 minutos e 59 segundos, quedando a uns segundos da súa mellor marca conseguida a semana anterior.
Na tarde do domingo, terían lugar o resto de participacións do noso equipo, a final do 400ml feminino, o peso feminino e o disco masculino. Primeiro, correu Aida, sendo consciente das súas posibilidades na proba. Acadou un merecido cuarto posto mellorando ainda máis a súa nova marca, cuns brillantes 58»56. Posteriormente, no peso feminino de 3kg Raquel Villa rematou no noveno posto cunha marca de 11.98m, mostrando unha evolución positiva na súa fase de recuperación. Concluíndo a participación dos nosos atletas neste campionato, Pablo competiu por segunda vez neste fin de semana, esta vez no lanzamento de disco de 1,5kg conseguindo un grato décimo posto cunha marca de 40.10m.
Mar.

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO

Vigo, 1 de xullo de 2012
A Delegación de Atletismo de Vigo foi este ano a encargada de organizar “ o Campionato por excelencia da autonomía”.
A xornada estivo marcada por un vento excesivo que invalidou moitas das marcas logradas.
Reuniu os atletas galegos máis destacados, entre os que se atopaba a galega máis de moda nesta tempada, Ana Peleteiro, aínda que sorprendentemente non participaba na súa proba de triplo. Competiu na proba dos 100 m.l., onde demostrou que tampouco se lle daba nada mal.
Para participar neste campionato requiríanse unhas mínimas e algúns dos nosos atletas desprazáronse a Vigo, sendo a actuación máis relevante a da xuvenil Mar Chillón, que acadou o terceiro posto na súa proba de marcha.
Resultados:
Adrián Bouza Díaz: 11º nos 1500 m.l.
Angel Menduiña Gutiérrez: 6º nos 10 km marcha
Juanma Novo Pardavila: 6º nos 110 m. valados
Noelia Graña Casas:12ª nos 100 m.l. ( 8ª na súa serie)
Aida Amoedo Portabales: 4ª nos 400 m.l.
Mar Chillón Camaño: medalla de bronce nos 5km marcha
Rebeca Obenza Otero: 4ª nos 5 km marcha
María Jesús Novo Pardavila: 4ª nos 400 m. valados

RECOÑECEMENTO ÓS ATLETAS DESTACADOS

Este sábado, 14 de xullo, no Salón de Plenos do Concello, faráselle un recoñecemento público ós atletas destacados da presente tempada. Será as 17 horas. Non cheguedes tarde ou non sairedes na foto. Durante este acto faráselle entrega duns pequenos agasallos.
Logo teremos, como todos os anos a asemblea xeral, onde daremos conta, entre outras cousas, dos méritos da tempada.
A xornada rematará cunha cea para todos os socios e simpatizantes do Club. Os atletas maiores poderán asistir aportando unha módica cantidade, o resto será abonado polo Club. Nos tamén temos que facer “recortes”.
En canto os atletas destacados das categorías inferiores, irán a “Aquapark” o venres 20 de xullo, e non o sábado como se dixera nun principio. Sentíndoo moito, estes tamén teñen que pagar unha pequena parte.
Vémonos sábado! Non faltedes!

21º GRANDE PRÉMIO INTERNACIONAL DE RIO MAIOR EM MARCHA ATLÉTICA

Portugal, 14 de abril de 2012
Este ano a presenza do noso Club nesta competición foi testimonial ao coincidir nese mesmo día a celebración do Campionato Galego de Clubs en pista ao aire libre.

Rebeca Obenza participou no 20km, marcha feminino co obxectivo de acadala mínima para os 10km do Campionato Promesa de España, acadando no paso polo 10km un resultado satisfactorio de 00:55:39. A ganadora da proba foi a nosas compatriota Beatriz Pascual.

APERTURA DO PRAZO PARA PRESENTAR CANDIDATURAS A XUNTA DO CLUB

O Club Atletismo Vila de Cangas abre o prazo para presentar as candidaturas a xunta directiva do club.

Tódolos interesados en relevar á actual xunta teñen dende o 22  hasta o 30 de Xuño de 2012 para a presentación das candidaturas. A publicación das mesmas farase o 5 de Xullo do 2012. O prazo de reclamacións é do 6 ao 9 de dito mes.

É requisito imprescindible para presentar a candidatura ser socio e estar ao corrente nas cuotas.

 Na candidatura farase constar o nome completo e o seu respectivo D.N.I. e  enviaranse ao Apdo. de Correos 179 cp. 36940. Publicaranse na páxina web do club, no tablón da Fundación Cangas Deporte e enviarase á prensa.

Campionato Galego Equipos (Benxamín-Alevín-Infantil)

Riveira a 16 de xuño de 2012

Cita co Campionato Galego de Equipos nas categorias Benxamín, Alevín e Infantil, sabado en xornada de mañá a disputar na localidade coruñesa de Riveira. Presentamos seis equipos para a competición dos cales unha vez finalizada a xornada todos subiron ao podio. Realmente satisfeitos quedámonos con tres equipos Campeones Galegos, Dous subcampions e un terceiro lugar. A misión non era doada estaban os mellores equipos de Galicia, por todo iso cabe aínda máis destacar o labor dos nosos atletas que lograron sen discusión o mellor resultado global de todos os clubes e tamén cabe significar que a modalidade de equipos achega eses momentos magníficos de unión dos compañeiros e a recompensa de poder subir tod@s ao podio e ser participes do éxito conseguido. O detalle dos equipos foi así: Benxamín Homes-Mulleres-Alevin Homes (Campions Galegos) Alevín Mulleres e Infantil Homes (Subcampións Galegos) e Infantil Mulleres (Terceiro Posto).  Parabéns a tod@s  ele/as, déixovos unha foto do grupo e os resultados.

Resultados

CAMPIONATO GALEGO XUNIOR- PROMESA Ó AIRE LIBRE

Ourense, 9 de xuño de 2012.

“Ata o 40 de maio non te saques o saio”. Iso é o que reza o noso refraneiro, pero este ano habería que aplicarlle aquilo de: “nin no 40 de maio te quites o saio”.
A data sinalada para este campionato galego debería ser de calor e bo tempo, pero o que os nosos atletas se atoparon cando chegaron a Ourense foi moito frío para estar en xuño. Isto notouse sobre todo nas gradas, que estaban desertas de público.
Con todo, os nosos atletas fixeron todo o posible para subir o podio, e todos eles o conseguiron. A que máis Mónica Cabirta Gutiérrez, que o día seguinte tiña maniotas de tanto subir e baixar do caixón. Para ela foron as medallas de ouro nos 100 m. valados e nos 400 m. valados , de prata no salto de altura e salto de lonxitude e foi 4º en 100m. lisos. Juanma Novo Pardavila trouxo a prata nos 110 m. valados e quedou 6º en xavelina.
Entre as xunior, Alejandra Vidal Gómez levou a medalla de bronce nos 100 m.l.; Nerea Outeiral Vilas a de prata nos 400 m.l.; e Ainara Rodíguez Nogueria a de ouro nos 800 m.l.
Neste campionato, pero fora de concurso, tamén participo Aida Amoedo nos 200 m.l., onde quedou 2ª, e nos 400 m.l. (3ª). María Novo Pardavila encabezou a proba dos 400 m. valados, logrando superar a súa marca persoal .