A Coruña 01 de marzo de 2014
O primeiro sábado do recen estreado mes de marzo, coincidindo co entroido e as vacacións escolares parecía un bo dia para disputar na cidade herculina o Campionato de Pista Cuberta. Ollando a chuvia que nos viña enriba non se pudo escoller mellor día. Non parou de chover en toda a xornada, e foi longa, de maña e tarde con parada para xantar e volta a pista de Riazor. Este ano houbo unha participación moi importante por parte dos clubes de toda Galicia. O Vila presentouse con 40 nenos/as que lograron acreditar marca para participar nun máximo de dúas probas por atleta. Tendo en conta o nivel de participación o resultado global do Campionato podese considerar de moi positivo, acadaronse 11 medallas. Destas foron 5 ouros, 2 pratas e 4 bronces. Salientar que Denis Fernández logrou batir o record galego de 1000 m.l. da categoría benxamín. Unha longa xornada moi ben aproveitada para congratularse coa pista cuberta, esta ben iso de non mollarse de vez en cando.
RESULTADOS:
Benxamíns:
Guillermo Alonso 5º semif. 50m.l.
Joel Curro 4º lonxi.
Denis Fernández 1º 1000 m.l. e 1º altura
Yago Juncal 15º 1000 m.l.
Eloy Domínguez 8º altura e 9º peso
Carlos Menduiña 6º peso
Agata Rodríguez 14º 500 m.l.
Katia González 4ª peso
ALEVINES:
Gabriel Dacosta 6º 500 m.l. e 3º altura
Aaron Otero 18º 500 m.l. e 5º peso
Lope Quinteiro 1º peso e 10º 1000 m.l.
Adrián Pastoriza 2º altura e 8º lonx.
Pedro Verdeal 5º altura e 11º lonx.
Martiño Núñez 6º peso
Sara Mallo 5º lonx. e 13º 500 m.l.
Ana Piñeiro 6ª lonx e 10ª 1000 m.l.
Colomba Carballal 4ª altura
Alba Pardavila 7ª altura e 4ª lonx.
Sabela López 10 ª lonx.
Eva Maquieira 1ª peso
Ainoa Santos 3ª peso
INFANTILES:
Anton Iglesias 4º semif. 50 m.l. e 12º 500 m.l.
Raul Barreiro 2º peso e 6º semif. 50 m.l.
Luis Pastoriza 7º lonx. e 6º semif. 50 m.l.
Juan Piñeiro 6º 2000 m.l. e 2º semif. 50 m.v.
Aaron Domínguez 7º 2000 m.l. e 7º triple salto
Martín Pardavila 5º triple salto e 9º lonx.
Mauro Maquieira 3º peso
Ariadna Gil 4ª lonx. e 4ª triple salto
Ines Villamor 6ª semif. 50 m.l. e 11ª lonx.
Irene Menéndez 6ª semif. 50 m.l.
Sandra Souto 5ª semif. 50 m.l.
Valeria Fernández 12ª 1000m.l.
Isaura Framil 3ª 2000 m.l.
María Rodríguez 3ª semif. 50 m.v.
Lara Fernández 3ª semif. 50 m.v.
Verónica Núñez 10ª altura
Valeria Rodríguez 1ª peso
Alba Guimerans 5ª peso
Nuria Villa 10ª peso