Vigo 07 de xuño de 2014.
Xornada maratoniana nas pistas de Balaidos, pola maña competían os benxamins e alevins e xa de tarde eran os infantis. As dezaseis mellores marcas de Galicia estaban citadas en Vigo para disputar o Campionato Galego da sua categoría en pista ao aire libre. Non prometía ser una xornada de sol e moscas, pero tampouco chegou a chover todo o que estaba anunciado. Foi un dia desapacible, non moi acorde coa data que marca o calendario, pero como di o refrán «se chove pola Asunción, chove un dia sí e outro non». Pois entre que agardamos polo verán os nosos atletas nos agasallaron cun «feixe» de medallas e para guinda un par de records galegos. Na marcha caeron ambolos rexitros, a culpa para Denis Fernández que fixo novo record galego en 1 km marcha en pista, e tamén Ana Piñeiro acadou outro record na mesma disciplina pero na distancia de 2 km. En total sumaron 20 medallas, das que os protagonistas foron Gabriel Dacosta 1º lonxitude e 2º altura, Teo Iglesias 1º en marcha, Carlos Pérez 1º xabalina e 2º disco, Alba Guimerans 1ª martelo, Lope Quinteiro 2º peso, Colomba Carballal 2ª altura, Ainoa Santos 2ª peso, Raul Barreiro 2º en peso e martelo, Valeria Rodríguez 2ª peso e martelo, Adrián Pastoriza 3º lonxitude, Mauro Maquieira 3º peso, Ariadna Gil 3ª triple salto, Nuria Villa 3ª peso e Valeria Fernández 3ª marcha.
Estaba claro que xa era un logro o poder acudir o Campionato, froito tamen de entrenamento e constancia. O vindeiro sábado 14 de xuño en Santiago están citadas as mesmas categorías por equipos, polo cal creo que me van a facer escribir bastante, ali nos vemos.
RESULTADOS:
BENXAMINS:
Denis Fernández 1º marcha e 9º altura Katia González 5ª marcha e 6ª peso
Daniel Quinteiro 11º 500 m.l.
Anton Núñez 14º lonxitude
Brais Cortegoso 17º lonxitude
Carlos Menduiña 6º peso
ALEVINS:
Eduardo Parcero 9º 60 m.l. e 13º 500 m.l. Colomba Carballal 2ª altura e 10ª altura
Gabriel Dacosta 1º lonxitude e 2º altura Sabela López 11ª 60 m.l.
Adrián Pastoriza 3º lonxitude Sara Mallo 5ª lonxitude e 12ª 1000 m.l.
Lope Quinteiro 2º peso Alba Pardavila 7ª lonxitude e 16ª altura
Martiño Molanes 8º peso Eva Maquieira 5ª peso
Aaron Ferrari 12º peso Ainoa Santos 2ª peso e 13ª marcha
Teo Iglesias 1º marcha
Miguel Gallego 6º marcha
INFANTIS:
Luis Pastoriza 7º 150 m.l. e 10º 80 m.l. Ines Villamor 14ª 80 m.l.
Anton Iglesias 10º 1000 m.obs. e 11º 150 m.l. Isaura Framil 7ª 3000 m.l.
Juan Piñeiro 5º 1000 m.l. e 5º triple s. María Rodríguez 4ª 220 m.v. e 6ª 80 m.v.
Aaron Domínguez 8º 3000 m.l. Laura Campos 12ª 80 m.v.
Martín Pardavila 10º triple s. Verónica Núñez 4ª pertiga
Carlos Pérez 1º xavalina e 2º disco Lara Fernández 4ª pertiga
Mauro Maquieira 3º peso e 4º xavalina Ariadna Gil 3ª triplo s. e 4ª lonxitude
Raúl Barreiro 2º peso e 2º martelo Valeria Rodríguez 2ª peso e 2ª martelo
Jesús Guimerans 7º marcha Nuria Villa 3ª peso e 5ª martelo
—————————————————— Alba Guimerans 1ª martelo e 6ª peso
——————————————————– Alabama Huertes 7ª xavalina
——————————————————— Valeria Fernández 3ª marcha e 14ª xavalina
——————————————————– Irene Menéndez 10ª marcha