Final do Campionato de España Clubes 2ª Division.

Elche 8 de xuño de 2014

 

Segundo ano consecutivo que o equipo femenino logra a disputa da final do Campionato de España de Clubes de 2ª división.  Parece que a experiencia do ano pasado foi  asimilada polas atletas, aportando esta tempada un plus de confianza que se viu reflexado no estadillo final de equipos clasificados. O vila de Cangas partía en segunda posición, dos oito que participarían finalmente. Os deberes estaban feitos pero sempre existe algunha dificultade engadida, neste caso foron  xurdindo en tanto en canto se foron coñecendo as sedes da final.  Elche foi a cidade designada para a organización da final, porque máis lexos non había. Os dous primeiros clubes clasificados eran de Xixón e o Vila, os demaís pertencían o chamado arco mediterraneo, e dicir que Elche tiña seis clubes a favor.

As matemáticas non erran, a balanza decantouse pola cidade alicantina.  O viaxe xa se planificou con saida o sábado, competición o domingo e volta despois de rematar, creo que foron 13 horas de autobús de ida e outras tantas de volta.

Chegado o día da final alí nos atopamos cun equipo xovén, que pouco distaba do presentado o ano anterior,  salvo en confianza. O Obxetivo do ascenso non se consegui por medio punto, finalmente foron terceiras. Que os organizadores da final foran segundos foi froito do esforzo pero non da casualidade, xa se sabe que cando un xoga en casa…pasan cousas do cuarto milenio. Facendo extensiva esta reflexión o noso equipo, creo que non nos vai facer falla organizar a final en Cangas para ascender, sólo botar una ollada os resultados e para estar moi, moi optimistas. O mellor reflexo do que alí aconteceu foi a hora da entrega dos premios, as nosas atletas non subiron o podio, non eran terceiras moralmente eran segundas polo que decidiron facelo así, a súa maneira.

Deixando de lado a «competición indirecta», a xornada do domingo comenzou con resultados que facían que o equipo mantivese a esperanza intacta do ascenso ata a derradeira proba. En resumo fai un ano fomos a probar na final e este ano xa nos convertimos nun rival a ter en conta para o ascenso. Parabens e a terceira vai a vencida.

 

 

RESULTADOS:

Mar Chillón             1ª marcha

Noelia Graña           2ª 100 m.l.

Estela Crespo           5ª 200 m.l.

Aida Amoedo           4ª 400 m.l.

Noa Rouco                5ª 800 m.l

Marina Caballero    2ª 1500 m.l.

Alba Vidal                 8ª 3000 m.l.

Ainara Rodríguez    6ª 3000 obst.

Paula Martínez        5ª 100 m.v.

Sara Villar                6ª 400 m.v.

Alexia Vidal             2ª altura

Martina Paramos    3ª pértega

Monica Cabirta        7ª lonxitude

Saray Amoedo          3ª triplo

Raquel Villa              2ª peso

Talia Garcia              5ª disco

Johana Villar           6ª martelo

Laura Meira             1ª xabalina

RELEVOS 4X 100    3ª

RELEVOS 4X400    8ª

Deja una respuesta