CAMPIONATO GALEGO XUVENIL-XUNIOR E PROMESA PISTA AIRE LIBRE.

A Coruña, 21 de xuño de 2014

 

Recen estreado o verán, «case» sen agobios de exames, selectividades e demáis obstáculos propios destas edades, parece que fixeron mellorar o rendimento dos nosos atletas. Magnificos resultados no Galego cun total de 27 medallas entre as tres categorías, non esperábamos menos pero recoñecemos o esforzó e dedicación. Na sección masculina en categoría Xuvenil foi Oscar Broullon o único representante acadando o 1º posto en peso e 4º en disco. Na categoría de xunior Alvaro Lorenzo foi 12º en 200 m.l. e Pedro Acuña 5º en 400 m.l. Pablo Castro foi 1º en Peso e 2º en disco, bateu o record galego de peso cun lanzamento de 15,77, nada que engadir a traxectoria de Pablo, únicamente a conta atrás para o vindeiro record.

En Promesa foi Angel Menduiña quen en duas probas aportou dous metáis, ouro en altura e prata en lonxitude. Outro valor seguro.

Mención especial teñen as mulleres, xa que en categoría Xuvenil e Xunior acadaron o resto das medallas, un total de 22 medallas. Vaia xeración, non teño palabras.  A verdade e que nos teñen mal acostumados.

Pola categoría Xuvenil foron Noelia Graña 2ª 100 m.l. e 3ª altura; Estela Crespo 3ª 200 m.l.; Noa Rouco 2ª 400 m.l.; Noemi Crespo 2ª 3000 m.l.; Iria Piedras 1ª 3000 m.obst.; Paula Martínez 2ª 100 m.v.; Sara Villar 4ª 400 m.v.; Alexia Vidal 2ª altura e 2ª lonxitude; Patricia Torres 2ª peso e 2ª disco; Carla Bernárdez 4ª peso e 5ª disco; Laura Meira 1ª xavalina i Esmeralda Corredoira 3ª marcha.

En Xunior Aida Amoedo foi 1ª 100 m.l., 2ª 400 m.l. e 3ª 200m.l.; Mª Jesús Novo 2ª 400 m.v. e 3ª 100 m.v.; Raquel Villa 1ª en peso e 1ª en disco; Talia Garcia 3ª peso e 4ª disco, Mar Chillón foi Campiona Galega de Marcha.

Penso que o entrenador estará contento, non hai dubida. Parabens e disfrutade do verán.

 

Deja una respuesta