A Coruña, 28 de xaneiro de 2017
Todo disposto para unha longa estadía en A Coruña. A pista cuberta de Riazor acolleu na xornada do sábado o CAMPIONATO GALEGO CADETE DE PISTA CUBERTA. Os duros adestramentos deste inverno íanse plasmar na competición. Falando de acadar fins, puidemos asistir ao logro de 5 medallas e dúas mínimas para o Campionato de España. Xa temos tres atletas clasificados para o Campionato Cadete que se vai celebrar en Antequera-Malaga. Desta vez foron Lope Quinteiro en peso e Ariadna Gil en 50 m.v., quenes conseguiron esas marcas que lle dan oportunidade de acompañar a Valeria Rodríguez.
Na sección másculina participaron cinco cadetes que realizaron as seguintes probas:
- Alex Iglesias, correu os 600 m.l. e rematou 9º cun tempo de 1.41:79, tocoulle a serie rápida na que foi 8º.
- Lope Quinteiro, fixo un dobrete, sendo Campión en Lanzamento de Peso (13,10) e 2º 1000 m.l. (2.51:60)
- Adrián Pastoriza, rematou 5º na final de altura (1,48) e participou na semifinal de 50 m.v. (9.13) rematando 3º sen pasar a final.
- Gabriel Dacosta, 4º en lonxitude (4,55) e 6º en triple salto (10,44)
- Daniel Iglesias, concursou en triple salto, acadando o posto 12º (9,20)
No tocante as mulleres, participaron nove atletas:
- Ines Villamor, correu a semifinal de 50 m.l. (7.45), rematando 4ª na serie, sen pasar a final.
- Sandra Souto, participou nos 3000 m.l., sendo descalificada polos xuices por pisar fora da pista.
- Ariadna Gil, foi Subcampiona Galega de 50 m.v. (8.40), (8.23) na semifinal e 10ª en lonxitude.
- Sabela López, concursou na pértega, acadando o 7º posto (1,82)
- Irene Menéndez, no salto de lonxitude foi 7ª (4,63)
- Maria Rial, conseguiu a medalla de bronce en triple salto (9,88)
- Valeria Rodríguez, proclamouse Campiona Galega de Peso (11,28)
- Ainoa Santos, rematou 4ª no lanzamento de peso (10,22)
- Colomba Carballal, foi 4ª na sua semifinal de 50 m.v. (9.94), sen pasar a final