O calendario oficial da FGA non entende de festas, o día de San Xoan disputouse en Pontevedra oCAMPIONATO GALEGO JUNIOR E PROMESA AO AIRE LIBRE. Foi moi propicia a xornada para Raquel Villa, quen ademáis de resultar Campioa Galega no lanzamento de peso e disco, acadou a marca mínima para o Campionato de España gracias os 12,73 mts que mandou a bola. A cita será en Torrent (Valencia) a primeira fin de semana de xullo.
Tamén alcanzou o podio por partida dobre Paula Martínez, acadando o 2º posto nas probas de 100 m.l. e 100 m.v., serán as dúas probas que vai disputar no Campionato de España Junior, previsto para a segunda fin de semana de xullo en Granollers.
O noso experto en deportes de inverno Martin Souto, foi quen de progresar a final dos 100 m.l., rematando 7º na mesma con 12.46. Na final dos 200 m.l. rematou en 8º posto. Nos 5000 metros da marcha Esmeralda Corredoira foi descalificada.